menú

No verán, o campamento do Básquet Coruña: gañadores

28/05/2019
Blog R

Xa chegou o verán, e cheira a Campus Millenium do Básquet Coruña! Coma sempre, temos 15 prazas para os nosos clientes máis novos. Se o teu fillo é afeccionado ao baloncesto seguro que este é o campamento de dúas semanas de duración é ideal para el.

Datas

O Campus terá lugar do 25 de xuño ao 5 de xullo, todos os días de 9:00 a 18:00, exceptuando a fin de semana. Trátase de dúas semanas nas que aprenderán os valores do deporte en equipo e mellorarán a súa técnica. Todo isto pasándollo en grande.

Ademais, o Básquet Coruña ofrece aos nosos clientes a posibilidade de ampliar unha semana máis esta experiencia, do 8 ao 12 de xullo.

Lugar

A localización habitual do campamento serán os polideportivos Agra 2, Instituto Masculino e A Normal, na Coruña. Pero tamén haberá numerosas saídas para gozar doutros deportes e actividades ao aire libre.

Gañadores

Estes son os afortunados clientes que teñen praza para o Campus (consulta aquí as bases legais):

  • Carlos Tojeiro
  • José Luis Guerra
  • Paloma Fernández
  • Amalia Tajes
  • Enrique Serra
  • Xosé Manuel Feijoo
  • Juan Carlos López
  • Leonardo Vilaboy
  • Karol Victoria Barbosa
  • Susana Fabeiro
  • María Isabel Quintela
  • Marta Isabel Pena
  • Diego Lago
  • Natalia Carballido
  • Arturo Casal

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Renata di:

    A min no me Vai tocar. Pero por probar que non quede. A nena non viu nin xogou nunca a basket, así que gustaríame que lle tocase e probase. Igual ata lle mola. Gracias.