menú

Camariñas xa ten fibra óptica de R

15/04/2019
Blog R

O municipio coruñés de Camariñas xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

Dende R vimos de rematar alí parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que están a aproveitar ao máximo as infraestruturas municipais desta localidade. Arredor de 560 empresas e fogares do concello coruñés de Camariñas están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas e televisión dixital multicanle de R e serán arredor de 1.600 residencias particulares e negocios os que queden conectados á rede do operador galego cando se completen todos os traballos en Camariñas.

8 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que fomos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co da provincia da Coruña, en R conseguimos tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo e Ourense e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia da Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.

30.000 novos fogares e empresas

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto e moito máis cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Juan Freire

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

13 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Manuel di:

    Hola.
    Contrato feito e cita de instalación fixada para a semana que ven.
    Noraboa polo voso traballo.

  2. Avatar Juan Diaz di:

    Para cuando FTTH en A Coruña? En concreto calle San Diego? Este año 2019?
    Gracias.

  3. Avatar Xosé Lorenzo di:

    Eu levo dende o día 1 de abril esperando a que me comuniquen a cita de instalación para os servizos que contratei. Estamos a día 24 e todavía non sei NADA do tema. Unha auténtica vergonza.

  4. Avatar fibra óptica en Elche (Alicante) di:

    Es una gran noticia! Esperemos que llegue a mas pueblos de España!

  5. Avatar Sergio di:

    Estupendo! Ahora solo falta que llegue a mas sitios!

  6. Avatar Sergio di:

    Levamos meses agardando a fibra pola zona do Cotro e gustaríame saber se está previsto o despliegue para as próximas semanas grazas.