menú
breogan

Entradas para o Breo – Real Madrid

06/12/2018
Blog R

En R estamos comprometidos co baloncesto galego, e agora precisámoste a ti para animar o Breogán dende a bancada. O próximo partido será o domingo 16 de decembro contra o Real Madrid.

Non quedes sen entradas!

Temos entradas para o partido do domingo 16 de decembro ás 17:00 horas contra o Real Madrid. Son  sete entradas dobres, unha tripla e catro con corredor de benvida aos xogadores. Todas elas VIP!

Promete ser un partido dos que non te deixan indiferente. Non te podes perder esta ocasión, verdade? Participa apuntándote neste formulario.

Para os nenos

Os nenos que opten á opción con corredor de benvida a xogadores poderán recibir o equipo no saúdo aos xogadores previo ao partido.

Pode participar calquera neno entre os 5 e os 14 anos. Ademais recibirán unha camiseta para recordar un día tan especial.

Como participar

Para participar só tes que responder a pregunta que facemos neste formulario. Non esquezas botarlle un ollo ás bases legais. E recorda que tes ata o martes 11 de decembro para participar.

Os gañadores serán publicados no blog cando queden resoltas todas as prazas. Se resultas gañador recibirás un correo electrónico con toda a información.

Moita sorte!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.