menú
Las redes sociales se reinventan

As redes sociais reinvéntanse

25/03/2021
Blog R

Facebook, Twitter e Instagram xa non cortan o bacallau nas redes sociais. A conversación foise a Tik Tok, Twitch e Clubhouse. E outro titular máis: vaste relacionar, e moito, a través do audio. Moita información? Imos por partes.

Clubhouse, a rede social do momento

Unha aplicación para o móbil que che permite crear salas de audio en directo para falar e escoitar. Así en frío e sen contexto, non parece nada do outro mundo. De feito, como en todo club, téñente que convidar para entrar. E ademais, só está dispoñible para iOS por agora.

Entón, por que se está a converter Clubhouse no fenómeno social do momento? Pois porque, precisamente, era o seu momento:

  • cambia a forma de comunicarnos: o ano pasado cambiounos a vida e a forma de relacionarnos cos demais, especialmente no ámbito laboral. Acostumámonos a falar moito por videochamada, pero a gran maioría non acende a cámara. O resultado é unha sala de audio.
  • os podcast viven o seu momento álxido: estamos máis enganchados que nunca aos podcast, a escoitar… Aquí tamén entran en xogo os directos de Instagram ou Facebook, que son seguidos por multitudes.
  • o novo atráenos: sae algo novo e querémolo probar, somos así 😉. E se ademáis o avalan membros VIP como Oprah Winfrey, Elon Musk e ata o creador de Facebook, Mark Zuckerberg, nin che conto.

E todo isto axitado dá como resultado o éxito imparable de Clubhouse.
Clubhouse

Facebook, Twitter e Instagram á zaga

Perante este panorama, as tres grandes redes sociais por excelencia, ata a data, puxéronse as pilas para non quedar atrás e sumarse á febre do audio.

  • Twitter Spaces: Twitter está a perder usuarios, así que é quen máis acelerou para recuperar posicións. Os seus Spaces xa están a funcionar para iOS nun grupo reducido de persoas.
  • Facebook: Mark Zuckerberg entrou en Clubhouse seguramente para rexoubar e ver como facer algo parecido en Facebook, porque os medios especializados xa apuntan movementos nesa dirección.
  • Instagram Live Rooms: a rede preferida polos millennials vén de lanzar “Salas en vivo”, que permite transmitir en directo con ata tres persoas.

Twitch

Twitch e Tik Tok, os amos do vídeo

Mentres o audio se consolida ao longo deste ano, o vídeo segue levando a voz cantante nas redes sociais. E o mellor exemplo son Twitch e Tik Tok.

En 2020 pasamos moito tempo na casa e atopamos novas formas de entreternos. A plataforma Twitch ata entón era o lugar de encontro de gamers, que retransmitían as súas partidas e programas en directo. Pero foi sumando seguidores e hoxe todos queren ser streamers.

Tik Tok foi a app máis descargada o ano pasado. Grazas aos seus retos, bailes e cancións, o illamento en casa fíxose máis levadío. Instagram sumouse á festa e lanzou os Reels, con esa mesma filosofía de vídeos curtos para dar renda solta á túa creatividade.

Estas son as opcións, agora tócache decidir a ti onde queres estar e que app vas descargar no teu móbilR. Cóntanos, xa probaches Clubhouse?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.