
App móbil para Android da web de clientes
Ola a todos.
Hoxe queremos comentarvos novidades na nosa app de clientes para Android. O caso é que a renovamos totalmente. E agora permite acceder á web de clientes de xeito cómodo e sinxelo.
Se non a tedes decargada, facédeo xa
Comentar que xa estamos a traballar na versión para iOS. Esperamos que non tarde en estar lista, así que os que tedes un iPhone, estade tranquilos que a cousa está quentándose no forno.
A app permítevos a acceder de xeito directo e coa mesma ruta que na web a seccións como a da televisión, para vela no voso smartphone.
Só tedes que ir ao botón de “ver a tele”.
Unha das cousas que nos pedistes era poder ver o consumo das vosas liñas. Así que agora podedes mirar dentro de móbil o gasto que levades feito.
Na próxima mellora teredes a consulta de consumo de todos os móbiles R da vosa conta na propia aplicación. Pero agora xa vedes que a cousa está bastante ben e incluso tedes un gráfico moi visual.
E tamén podedes mirar o que levades gastado en todos os servizos, non só no móbil.
Outra cousa moi interesante é que podedes ir a parte de soporte. E se hai algún problema na vosa conexión ou algunha incidencia na zona, aí podedes ter información ou ben seguir os pasos para tratar de solucionalo (no caso de que sexa do cableado, configuración…).
Os dejamos algunas capturas de algunas opciones.
Para ver a televisión:
Para ver o detalle dos consumos:
Ou para realizar un diagnóstico da vosa conexión:
O dito, agardamos que vos guste e que lle quitedes partido 😉
Un saúdo!
8 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
semella moi útil
Widget muy útil. Se echa de menos que se pueda visualizar en el mismo a la vez tanto el consumo de datos, así como los minutos de llamadas. Sin tener que seleccionar uno u otro a través de la pestaña.
Na ultima actualización, o pinchar no velocímetro enlaza a app de ookla.
Deberíades publicar un servidor na plataforma de Ookla e non usar servidores da competencia (vodafone, Movistar…).
Non é serio.
Ola, David.
Polo tipo de código que usa, temos un velocímetro de Ookla para PC e portátil. Para móbil non servía, así que enlazamos directamente á app de Ookla. Está claro que nese caso sae da nosa rede e a medición non é real, xa que perde velocidade, pero vía móbil preferimos enlazar a unha ferramenta que sabemos que funciona e é fiable.
Un saúdo.
Precisamente a iso me refiro. A crear un servidor na aplicación Ookla, como ten Movistar, Orange, Vodafone…
Non é unha boa imaxe que un operador recomende o uso de servidores da competencia para testear a sua velocidade.
Para testear a wifi, con velocidades de mais 30 MB as diferencias entre servidores é enorme. Particularmente recomendo o de Donostia.
Un saúdo
En principio xa digo que non está previsto. Temos o velocímetro para PC, pero imos darlle unha volta ao tema, por se puidera ser sinxelo de implementar. Un saúdo.
Ola boas, por mais que o busco non atopo o post que publicastes sobre como aforrar datos.
Ola, veronica.
Déixoche a ligazón: http://blog.mundo-r.com/gl/mobil/como-gastar-menos-datos-no-teu-mobil
Un saúdo.