menú
regalos-tecnologicos

10 produtos tecnolóxicos para regalar no Nadal

25/11/2022
Blog R

Regalar tecnoloxía sempre é boa idea. Porque no mercado hai tantas opcións que seguro vas atopar algo útil co que sorprender a nenos/as e adultos/as. Para axudarche coas tarefas da casa, para gozar do teu tempo libre ou afeccións… aquí che deixamos varias suxestións de agasallos tecnolóxicos cos que triunfarás este Nadal.

Patinete eléctrico

O patinete eléctrico converteuse nunha fantástica opción para desprazarnos polos nosas vilas e cidades. Unha forma rápida e eficiente de chegar ao traballo ou facer recados.

Os máis habituais, de uso individual, poden chegar a alcanzar unha velocidade de 30 quilómetros/hora, teñen unha autonomía aproximada de 20 quilómetros e adoitan ser encartables. Hainos con rodas con cámara de aire, similares ás das bicis, ou fixas, que evitan picadas.

Marcas líderes no mundo dos patinetes son Cecotec, especialmente o seu modelo Bongo Serie A; Hiboy, que vende patinetes moi lixeiros e compactos; e Xiaomi, con modelos como Mi Electric Scooter 3.

E sempre podes completar o teu agasallo engadindo complementos útiles, como unha luz de seguridade, cadeado antirroubo con alarma ou cinta para transportalo.

Rastrexador de obxectos

Sen dúbida, o mellor agasallo para descoidados/as é un rastrexador de Tile.

Trátase dun rastrexador que se conecta a través de bluetooth e permite localizar os teus obxectos perdidos, como chaves do coche ou o mando da tele, a través da app instalada no móbil.

Funcionan con dispositivos Android e Apple e hai diferentes versións: Tile Pro, Tile Mate, Tile Slim, Tile Sticker… En todos elas, este rastrexador de pequeno tamaño emite un son ao localizar o que procuras ou, se está fóra do seu radio de acción, ofréceche un histórico das súas últimas localizacións.

Ademais, Tile creou toda unha comunidade de usuarios. De xeito que se outro usuario “Tile” detecta o teu obxecto, tamén recibirás o aviso.

Dron

Hai drons para todos os gustos, usos, idades e, por suposto, prezos.

As diferenzas adoitan estar na calidade da cámara, a autonomía e a altura alcanzada. Dende modelos básicos, con GPS e que non superan os 50 metros de altura, a drons portátiles con cámaras 4K, capaces de realizar acrobacias 3D ou compatibles con lentes de realidade virtual. Syma e DJI son algúns dos máis populares.

Para nenos/as, teñen gran éxito o Dron Potensic P7, capaz de chegar a unha distancia de 50 metros e de elevarse a unha altura de voo de 20 metros, e o ATOYX AT-66D, que ten unha versión mini, moi fácil de usar para os máis peques. Ningún deles require solicitar licenzas nin permisos de uso.

Frixideira de aire

O último gran éxito tecnolóxico-culinario son as frixideiras de aire, que non necesitan aceite. O seu funcionamento é parecido ao dos fornos de toda a vida; é dicir, utilizan aire quente para cociñar os alimentos de forma máis rápida, práctica e saudable, ao reducir a cantidade de graxa do cociñado.

Hainas de diferentes tamaños, potencia e capacidade, que van dende 1 a 6 litros, e serven para fritir, cocer e algúns modelos mesmo poden enfornar ou tostar.

Pola nosa banda, propoñémosvos unha opción de gama media eficiente e de fácil limpeza: Mi Smart Air Fryer 3.5L, coa que tamén poderás preparar iogur, deshidratar froita ou desconxelar e con opción de programación intelixente para que teñas o teu prato listo cando chegues á casa.

Robot de limpeza

Seguimos no ámbito doméstico. A quen non lle gustaría un aparello intelixente que el soliño deixe a casa como os chorros do ouro? Pois xa tes a solución: un robot de limpeza.

Aspira, varre e mesmo frega. Válese para iso de cepillos xiratorios, escobillas, sistemas anticaída e anticolisión, sensores multidireccionais e funcións avanzadas como a navegación por mapeo ou restrición de áreas de limpado. Mesmo podes manexalos dende unha sinxela app e conectalos con asistentes de voz.

Unha opción é este Robot Xiaomi Robot Vacuum-Mop 2S. Un robot coa última tecnoloxía, eficiente e multifunción, para que quede impecable ata o último recuncho do teu domicilio.

Altofalante de son bluetooth sen fíos

Non necesitan cables e pódelos levar a calquera lado; por iso, non é de estrañar que os máis procurados sexan os máis pequenos e lixeiros.

Os altofalantes de son bluetoooth son a mellor forma de escoitar música dende calquera dispositivo móbil, tableta ou mesmo dende o computador. Son fáciles de configurar, poden ser controlados de forma remota e dispoñen dunha batería de carga grazas á que soan durante horas con total autonomía.

A marca JBL é unha das máis populares e conta cunha ampla variedade de altofalantes que ofrecen gran calidade de son e, ademais, son resistentes á auga.

Auriculares sen fíos

Moi cómodos e versátiles son tamén os auriculares sen fíos, que contan entre as súas grandes bazas coa calidade de son, a comodidade e a autonomía. Ademais, moitos móbiles xa están a eliminar o seu tradicional conector físico para auriculares, así que están chamados a asentarse definitivamente.

Hainos que se asentan ao redor da orella, que son os máis habituais; os que se colocan sobre ela; ou os intrauditivos, os máis pequenos e lixeiros, pero con menor autonomía.

Os AirPods de Apple son inconfundibles e contan cunha infinidade de opcións avanzadas, pero a día de hoxe moitas empresas de móbiles xa lanzaron os seus propios modelos de auriculares e atopas opcións para todos os petos.

Cámara dixital de vídeo GoPro

A cámara máis versátil do momento é esta cámara de acción ideal para cando esteas en plena actividade ou facendo deporte.

As cámaras GoPro destacan pola súa altísima potencia e tamaño reducido capaces de realizar vídeos de momentos destacados en calidade 4K usando só un botón.

Xa verás como locen as túas redes sociais cos vídeos que farás, mesmo baixa a auga.

Estación de carga USB

Un gadget tecnolóxico útil e práctico que che axuda a poñer un pouco de orde entre tanto dispositivo.

Falamos dunha estación de carga multidispositivo que permite cargar nun mesmo sitio todos os teus dispositivos (móbiles, tablets, ebooks…).

A maioría teñen entre 8 e 10 portos USB, que adoitan incluír microUSB, USB tipo C, e conectores apropiados tanto para dispositivos de Apple como para Android.

Algunhas inclúen pantallas dixitais a través das que podes comprobar en tempo real como vai a carga de cada dispositivo.

Smartwatch ou Reloxo Intelixente

Un agasallo que non che fallará é un Smartwatch.

Contan con deseños atractivos e dispoñen de cámara, termómetro, axenda, compás, mapas, chamadas… Que, por unha banda, evítanche buscar o teu teléfono móbil cada vez que, por exemplo, recibas un whatsapp, e, por outro, incorporan un bo lote de funcións adicionais coas que saberás máis sobre a túa saúde ou a ruta que debes seguir para chegar ao teu destino.

Apple Watch xa vai pola súa serie 8 con modelos que incorporan sensores de temperatura ou detección de caídas ou accidentes. Pero marcas como ZTE ou Xiaomi non queren quedar atrás e ofrecen dispositivos capaces de monitorizar o soño ou medir a saturación de osíxeno en sangue.

Que che parece a nosa pequena selección de agasallos tecnolóxicos para este Nadal?

Esperamos darche ideas útiles para sorprender aos teus co mellor smartwatch, patinete eléctrico ou auricular sen fíos. Aínda que xa sabes: cada persoa é única. Por esa razón, antes de comprar, recomendámosche que lle preguntes polos seus gustos á persoa á que lle queres regalar o último en tecnoloxía. Deste xeito, acertarás seguro 😉

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required