menú

Actualizamos o deco HD

17/10/2017
Blog R

Ola. Vimos de actualizar o software do deco HD, así que queremos contarche que novidades vas desfrutar.

O principal cambio que vas notar é a portada de rebobina (botón VIDEO, VOD ou GUIA do teu mando R).

Que ver? Agora será máis sinxelo

Con tantos contidos, moitas veces non sabemos que ver. Así que a idea é que, nada máis entrar, teñas un listado dos programas máis interesantes por categorías. Todo nunha mesma pantalla e cun resumo de cada contido.

Ti só tes que moverte coas frechas do teu mando R. A partir de aí podes consultar as novidades máis importantes, as pelis destacadas, ou ben as comedias, filmes de acción, clásicos… En cada categoría tes unha imaxe do contido e, se tes pos enriba, xa podes ler un resumo directamente do programa.

Que che interesa o contido? Dáslle a OK e xa o ves se está incluído no teu contrato. Que non che interesa? Pois segues navegando coas frechas de arriba-abaixo e de dereita-esquerda ata que atopes algo que che guste.

widget

Series, acción, deportes…

Como che dicimos, todos estes contidos están agrupados. Cada fila é unha categoría e tes distintos tipos de películas, pero tamén series (acción, comedia, drama…), programas de cociña, deportes, reportaxes, o tempo, documentais…

Ademais, contas cunha sección na que aparecen os contidos que xa empezaches a ver. Así, se tes pendente un capítulo ou programa, vas directamente a el, dáslle a OK e retómalo no punto no que o deixaches.

O dito, queremos que nada máis entrar en rebobina vexas o máis destacado e que poidas acceder e reproducir os contidos dun xeito moi rápido e sinxelo.

Agardamos que che guste esta mellora. Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

57 comentarios

  1. Alfredo di:

    Al entrar en la opción de rebobina de siempre, la pestaña siguiente a la portada aparecen muy pocos canales, no aparecen todos como antes. ¿Por qué es ésto?

  2. Jose Manuel di:

    Me parece muy bien, pero las imagenes o sea las portadas son demasiado grandes para recorrer todo se pierde mucho tiempo la verdad que resulta tedioso para ir de la a a la z..

    Y vuelvo a pedir reveean la opcion que desaparecio de poder programar un evento, lo de que se grabe muy bien pero yo lo quiero ver cuando empieza no despues, luego se nos olvida y se nos pasa y muchos canales no tienen para grabar, un paso atras hemos vuelto a poner boli y papel al lado del deco para recordar a que hora empezaba esa peli o programa que queriamos ver ??? … mucha tecnologia pero mal programada…

    que vuelva la vieja opcion de programar un evento y el deco vaya automaticamente cuando empieza !!!!

    • Hola, Jose Manuel.

      La actualización de la que hablamos en este post es la del deco HD (el negro rectangular).

      Por lo que comentas, tus comentarios hacen referencia el nuevo deco 4K (redondo). Como sabes, hace pocas semanas que lo hemos quitado y tiene muchas funcionalidades nuevas. Ahora bien, faltan algunas que había en el deco HD y que las tendremos. Pero para no esperar más al lanzamiento, empezamos así e iremos progresivamente mejorando con opciones como la que comentas o la de pulsar un botón para ver el siguiente capítulo de una serie.

      Un saludo y gracias por escribir.

  3. victor di:

    ola. Uso moito o rebobina para ver varias series á vez e nunca me acordo en que capítulo vou. Non hai forma de ir directamente ás series que estou vendo e saber en cal vou. Parecería una función moi útil.

  4. Luis di:

    Seria mejor que instalarais los decos nuevos en vez de actualizar este deco obsoleto, y así no obligarnos a contratar unos canales que no necesitamos para poder ver la TV decentemente. Cada vez más descontento del servicio de R

  5. Suso Precedo di:

    Está ben calquera mellora namentras non estraguedes outras que tiñamos, agora non hai xeito de ter unha listaxe cos teus canles favoritos, ou se hai, estache ben agochada

  6. David V di:

    Gustaríame preguntar se serve de algo a función “informar dun erro” en rebobina, pois está claro que o contido mal gravado non se vai solucionar, mais tampouco vai evitar que nas seguintes ocasións se dea o problema.

    Grazas

    • Ola, David V.

      Por suposto que serve porque temos aviso de que algo está mal. Así que se o contido se volve emitir outro día, trataremos de recuperalo.

      Agora ben, en rebobina hai que ter en conta dúas cousas:

      1. As canles non nos envían os contidos. Hai que gravalos. Polo que se algo está mal, se non se volve emitir, non temos xeito de solucionalo 🙁

      2. En ocasións os contidos están mal porque a canle nos mandou a grella de programación indicando que comeza (por poñer un caso), ás 22.00 e finalizaba ás 23.00. Agora ben, se o contido comeza ás 22.13h e finaliza ás 23.15h, faltará o final. Ou mellor dito, o final está no comezo do evento que empezaba ás 23.00h.

      Para que todo estea perfecto é fundamental que se cumpra a grella de programación. Dende logo tamén temos erros, iso por descontado. E por iso eses informes axúdannos moito.

      Un saúdo!

  7. Juan Manuel Gómez del Río di:

    Respecto a los canales dentro de la opción Rebobina, me resulta curioso que no pueda realizar esta operación en la 2 de TVE.

    Un saludo,

    Juan

  8. Marisa di:

    Eu teño o novo deco 4k, e o que voto moito en falta é non poder escoitar a radio, en concreto rne3 sin ser por r, xa que podía escoitar calquer programa xa emitido, por ter rne3 esa opción, me gustaría que o solucionarades, gracias

  9. Abel di:

    Sigue sendo necesario colocar o desco conectado ao cabo ou xa funciona por wifi? Na miña casa hai unha dificultade técnica qur non me deixa ter a tele de R

  10. Carmen Silvosa Fernandez di:

    Es un avance muy bueno,esperamos que sigan en ésta línea.Atentamente.

  11. Victor Tello Calvo di:

    Mucho 4k y mucha historia pero la mayoría de los veces tengo problemas con “rebobina”

  12. Javier Iglesias Díaz di:

    Personalmente opino que lo que deberían hacer es cambiar radicalmente la estructuración de la programación, erradicar de una vez por todas la lentitud de respuesta del aparato en cuestión y, sobre todo, que sea más intuitivo y fácil de uso.
    Es tremendamente complicado averiguar qué programación va haber en los diferentes canales.
    Y hablando de canales, ¿qué es eso de que el canal 1 de TVE tenga que ser el 111 y no se pueda configurar de ninguna otra manera.
    Así que déjense de anunciar tantos avances tecnológicos cuando lo primero que deberían hacer es arreglar el mal funcionamiento endémico del desco, así como simplificar y facilitar el uso del TV.

    Javier I.D.

    • Hola, Javier.

      Los canales que nosotros emitimos no se pueden cambiar de orden para asegurar el buen funcionamiento del servicio. Como sabes, con el apagón analógico y ahora con el cambio de frecuencias por el 4G y más adelante por el 5G, muchos canales han cambiado de frecuencias, hasta el punto de que mucha gente ha tenido que comprar aparatos nuevos para la antena.

      En nuestro caso este es un proceso automático. Desde la central cogemos la señal y la metemos en la red. Si cada cliente tuviera como en la TDT la opción de mover los canales, no se podrían actualizar las frecuencias.

      Recuerda que en nuestro nuevo deco 4K (disponible con los paquetes ocio, festa y festa rachada), la guía de programación ya es diferente, en formato parrilla. Lo digo por si prefieres este equipo que sí tiene la funcionalidad que comentas.

      Un saludo.

  13. Víctor di:

    Este desco xa leva algúns anos nas nosas casas. Eu fun dos primeiros -literalmente- en poder desfrutalo. Gústame moito R, gústame a TV de pago, e gústame mellorar o que teño.

    O que máis me inquietou, ou decepcionou, en todo este tempo, é a lentitude no desenrolo do produto. É normal -e ata aconsellable- lanzar algo e melloralo progresivamente sobre o uso que fai o cliente, contando ademais así cunha interesante marxe por diante. Pero non pode ser que logo de varios anos non se teñan acadado algunhas cousas, chegado máis lonxe.

    Coido que agora xa non o ides facer, o máis práctico e ir pasando aos clientes ao desco 4K, e facer os desenrolos máis importantes alí; pero, máis que un problema de desco, é un problema de perspectiva.

    Ofrecedes unha usabilidade obsoleta, deseñada segundo os parámetros de fai dez ou quince anos, nos que plantexades un menú cunha extensa variedade de produto, e algunhas opcións limitadas de agrupamento e visualización. Un menú estático, coma unha carta quizais reversible, pero unha sinxela carta ao fin e ao cabo. Non lle aportades un valor á usabilidade intrínseca que obtén o usuario. Non hai nada que lle aporte unha utilidade a maiores desa concepción estática do produto, e que non só contribúa a súa comodidade de uso, senón que o incentive, que resposte ao que necesita.

    É unha distancia real entre o produto e o consumidor.

    Vou por un exemplo, xa comentado por aquí. O voso cliente ideal, o que teña tódalas canles, chega esta noite a casa e quere ver unha película. ¿Cales engadiu hoxe R ao Rebobina? Non hai xeito de sabelo, tería que navegar máis dunha hora por tódalas canles, e ir comprobándoo unha a unha.

    Iso no ano 2017 é unha tropelía. Totalmente indefendible.

    É curioso, porque os primeiros anos sí se podía filtrar, por exemplo o cine, por data de emisión. Estaba feito. Tiñádelo. Pero o quitáchedes.

    O problema aquí non é por que se quitou, é unha simple anécdota; senón que se están a tomar as decisións encol do produto sen entender o uso que quere darlle ao desco o cliente. A que necesidades debe respostar.

    É coma o de que fiquen subliñados os episodios que xa se viron nunha serie. Ténvolo pedido unhas cantas veces. Tecnicamente non é complicado, non o é. Pero non o facedes. E mentres tanto, movedes os menús dun sitio a outro, ou andades a tentar cambiar a páxina inicial.

    Iso. Distancia. O que lle pode aportar valor ao usuario por un sitio, e o desenrolo por outro.

    Sen asumir a usabilidade coma un factor crítico á hora de vertebrar un produto coma este.

    Unha máis. ¿Por que aquilo que viu o cliente no Rebobina queda subliñado só 24 horas, se quere continuar no punto onde o deixou? ¿Por que non 48? ¿E unha semana? ¿Que debe fundamentar esa decisión, mailos recursos que implica?

    Distancia. E hoxe o Rebobina xa non é un complemento. É o produto.

    E a calidade. ¿Como pode ser que nunha serie con capítulos de case unha hora haxa algún cunha gravación de só 4 minutos e non vos “pite” a incidencia? A medida que aumentedes os contidos dispoñibles, e teredes que aumentalos…, pola cantidade, mailo seu peso, ou tedes controis automáticos ou ides morrer afogados.

    ¿Como pode ser que onte puideran ter programado nunha canle -que o consumidor paga- algo que a ese cliente lle interesa moito.. e non o soubera? ¿Cal é a proposta de R? ¿Que navegue máis dunha hora entre programación e Rebobina? ¿Recorrer toda a parrilla de tódalas canles facendo comprobacións sobre unha morea de horas de programación no desco 4K?

    Non. Hoxe o cliente quere que llo digan, non ter que facer arqueoloxía.

    E se non o sabe, cambia rápido. Hai contidos e medios abondo para facelo e de xeito moi sinxelo.

    ¿É difícil? Hai cousas que sí. Non todo o mundo pode facer os desenrolos que fan outros. É evidente. E algúns sonche certamente moi meritorios. Pero hai cousas sinxelas que se puideron ter feito, que se poderían facer, e non se fixeron. Nin se plantexan. Que non exista nin un sinxelo e arcaico sistema de alertas vencellado á base de datos de contidos dispoñibles xa é suficientemente significativo.

    ¿Por que lentitude? Porque aínda non conseguíchedes desenrolar o produto ata onde se debería, e xa está obsoleto. Xa só queda amortizalo.

    E se a isto lle sumamos esa ausencia dos debidos procedementos de xestión que contribúan a fornecer o produto, non é difícil entender certas inquedanzas, e algúns descontentos ou faltas de atractivo.

    Iso non significa que non teña sido rentable. Significa que iso xa pasou, e hai que ser rentable mañá.

    É como cando un contido está mal gravado, e pásansevos varias emisións do mesmo sen que se repoña a gravación, ata que se fai á terceira, á cuarta, ou cando cadra. Cando as marxes ao comezo e final da gravación son grotescamente insuficientes. Cando desaparece algo do rebobina antes da data e ninguén se da conta. Ou cando nunha tempada dunha serie falta a gravación dun capítulo… mentres que outro está gravado varias veces.

    Eses non son fallos operativos, non é algo a facer a man. Non é artesanía. Son fallos de plantexamento. De plantexamento sen procedementos axeitados.

    Podo asumir que neste desco as canles non cambien tan rápido. Podo asumir que navegar por unha gravación non sexa todo o fino que debería. Pero outras cousas, esa diferencia de concepto, de estratexia, e, sobre todo, esa distancia, hoxe non é disculpable.

    E algún día eses clientes se enterarán de que para ver Youtube na tele tamén se pode facer doutros xeitos moi sinxelos que xa tiñan na casa.

    • Ola, Victor.

      Precisamente para o que comentas, en rebobina, creamos botóns diferencias por contidos. Hai un botón de cine e podes filtrar polas películas máis recentes, polo que hai un acceso directo a eses contidos.

      Por outra banda, tecnicamente é moi complicado saber que contidos viches. De feito a plataforma só permite gardar 24 horas o que viches para retomalo no punto anterior. É un tema que estivemos revisando e detrás ten moita chicha. Oxalá forma máis sinxelo, pero non.

      Precisamente para que o cliente non teña que facer arqueoloxía nesta actualización fixemos un cambio na portada de rebobina, poñendo o máis destacado por series, películas cómicas, documentais… Para que teña moitas cousas dun xeito accesible e directo.

      A alerta de avisos está no deco HD pero non no 4K. É un dos puntos pendentes para as seguintes versións.

      En canto a rebobina, hai que marcar á man cando algo falla, buscar cando se volve emitir e deixalo programado. Hai miles de horas de contidos e é complicado ter un control de todo, precisamente porque o día a día marcando que contidos se poden gravar en rebobina nos leva tempo. Pero en canto temos aviso, sempre nos deixamos a tarefa. Pero en ningún caso é automático. O que é automático é a gravación unha vez marcado o evento. E dáse un marxe por arriba e por abaixo duns minutos. Non podemos dar media hora de marxe porque antes e detrás hai outras series.

      Dende logo sabemos que hai moitas cousas que mellorar, cremos que esta nova versión soluciona moitas cousas e axuda na busca de contidos en rebobina. Hai outros temas que son técnicos e moito máis complicados do que parece. Non é que non pensaramos neles, é que non é tan doado 🙁

      Graciñas de novo por comentar!

      • Víctor di:

        Comprendo a vosa posición, pero non a comparto. E moito menos baixo unha vista a longo prazo. Evidentemente, dende que os cambios que introducides non respostan ao que o cliente precisa, o procedemento que os determina non é o axeitado.

        E ese procedemento ten moito que ver con esa perspectiva de usabilidade, do que agarda atopar no desco ou do uso que lle quere dar hoxe un abonado; de acompañar ao cliente máis aló de dispor unha carta vistosa. Usabilidade é un concepto cinguido a certa flexibilidade , interactividade, ou base proactiva, que contrasta con esta concepción de menús intrinsecamente estáticos, con máis ou menos opcións engadidas, que lembran á filosofía que subxacía nas interfaces desenroladas nos tempos de Canal Satélite Digital. Unha perspectiva, para min, certamente obsoleta, que marca unha oferta na TV pero non se define en termos de usabilidade, e cuxas novas aportacións teñen moito de retrofuturistas.

        Falo de concepto, non da tecnoloxía ca que logo se desenvolve, ca que non teño ningún tipo de discrepancia substancial.

        O que non é de recibo é que cada desenrolo preciso -incluso parcial- para romper con esa perspectiva sexa algo cuxo ciclo de desenrolo sexa tan longo, ou cecáis, case imposible. Algo falla. E non vou a entrar en especulacións que dende logo non serían de recibo. Ese tema é cousa vosa.

        Dada a cantidade e heteroxeneidade de contidos que dispón -e ha de dispor- o Rebobina, a tentativa de ofrecer coma avance un resumo xeral e único coma xeito de axilizar o uso que fai o cliente ten que ser necesariamente infructuoso, e únicamente simbólico.

        E un sistema de alertas, logo de non ter un motor de recomendacións potente pero -aquí si- moi laborioso de acadar, vencellado a unha base de datos coma a que tedes, ten que posibilitar que se mañá programan unha película de John Ford nunha canle, o sistema me avise no desco ao encendelo, ou no móbil, sen necesidade de que eu o busque, nin o agarde. Simplemente, porque eu o deixei previsto así. Porque esas son as miñas preferencias. Porque pago para iso, para ver o que me gusta.

        Facer arqueoloxía non é divertido. Á metade da primeira vez xa cansa ao cliente.

        A xestión dos fallos no Rebobina é artesanal. Pero, precisamente, porque iso ha de crecer, e coma ti dis, é imposible ter control de todo, deberíades establecer unha xestión automatizada que vos libre do 90% das incidencias. Porque se a gravación dun capítulo dunha serie non chega nin ao 10% da duración media dos capítulos anteriores, ahí hai un erro, e hoxe non fai falla que iso se teña que facer a mano. De feito, resulta grotesto pensar en xestionar tantos contidos así, ante fallos tratables de xeito cuantitativo, e totalmente mecanizables. A non ser que, sutilmente, se opte por deixalo nas costas dos abonados. E exemplos hai abondo: capítulos repetidos, capítulos que faltan; ou contidos cuxa gravación é inferior á súa duración oficial, entre outros.

        Do mesmo xeito, cando se detecta unha incidencia, non pode ser que pasen varias reemisións ata que se grava de novo para corrixilo. Vós sodes responsables de xestionar iso dun xeito óptimo, e de ter as ferramentas para que isto sexa posible. E se hoxe non tedes outro xeito que programar esa re-gravación a man, o cal xa é chamativo, polo menos se debería partir dunha lista ordeada das gravacións pendentes atendendo aos pases previstos e actualizados en tempo real. E iso non precisa ningún desenrolo con “moita chicha”.

        Non me cabe dúbida que, probablemente, algunhas -se non moitas- destas cousas están na vosa idea do que debería ser este servizo. E que a xente fai un bo traballo sobre os obxectivos que ten. Pero, porque me gusta R, e me gusta ver mellorar ás empresas da terra, emprázovos a rachar con esa concepción estática anterior, e dar un paso adiante cara un plantexamento conceptual axeitado para as necesidades que hoxe amosan os vosos clientes.

        E non falo nin de persoas nin de tecnoloxía. Non me toca nin procede.

        Falo de conceptos.

        E ese salto hai que dalo. Non é unha opción.

        Comprendo a vosa posición, pero non a comparto. E moito menos baixo unha vista a longo prazo. Evidentemente, dende que os cambios que introducides non respostan ao que o cliente precisa, o procedemento que os determina non é o axeitado.

        E ese procedemento ten moito que ver con esa perspectiva de usabilidade, do que agarda atopar no desco ou do uso que lle quere dar hoxe un abonado; de acompañar ao cliente máis aló de dispor unha carta vistosa. Usabilidade é un concepto cinguido a certa flexibilidade , interactividade, ou base proactiva, que contrasta con esta concepción de menús intrinsecamente estáticos, con máis ou menos opcións engadidas, que lembran á filosofía que subxacía nas interfaces desenroladas nos tempos de Canal Satélite Digital. Unha perspectiva, para min, certamente obsoleta, que marca unha oferta na TV pero non se define en termos de usabilidade, e cuxas novas aportacións teñen moito de retrofuturistas.

        Falo de concepto, non da tecnoloxía ca que logo se desenvolve, ca que non teño ningún tipo de discrepancia substancial.

        O que non é de recibo é que cada desenrolo preciso -incluso parcial- para romper con esa perspectiva sexa algo cuxo ciclo de desenrolo sexa tan longo, ou cecáis, case imposible. Algo falla. E non vou a entrar en especulacións que dende logo non serían de recibo. Ese tema é cousa vosa.

        Dada a cantidade e heteroxeneidade de contidos que dispón -e ha de dispor- o Rebobina, a tentativa de ofrecer coma avance un resumo xeral e único coma xeito de axilizar o uso que fai o cliente ten que ser necesariamente infructuoso, e únicamente simbólico.

        E un sistema de alertas, logo de non ter un motor de recomendacións potente pero -aquí si- moi laborioso de acadar, vencellado a unha base de datos coma a que tedes, ten que posibilitar que se mañá programan unha película de John Ford nunha canle, o sistema me avise no desco ao encendelo, ou no móbil, sen necesidade de que eu o busque, nin o agarde. Simplemente, porque eu o deixei previsto así. Porque esas son as miñas preferencias. Porque pago para iso, para ver o que me gusta.

        Facer arqueoloxía non é divertido. Á metade da primeira vez xa cansa ao cliente.

        A xestión dos fallos no Rebobina é artesanal. Pero, precisamente, porque iso ha de crecer, e coma ti dis, é imposible ter control de todo, deberíades establecer unha xestión automatizada que vos libre do 90% das incidencias. Porque se a gravación dun capítulo dunha serie non chega nin ao 10% da duración media dos capítulos anteriores, ahí hai un erro, e hoxe non fai falla que iso se teña que facer a mano. De feito, resulta grotesto pensar en xestionar tantos contidos así, ante fallos tratables de xeito cuantitativo, e totalmente mecanizables. A non ser que, sutilmente, se opte por deixalo nas costas dos abonados. E exemplos hai abondo: capítulos repetidos, capítulos que faltan; ou contidos cuxa gravación é inferior á súa duración oficial, entre outros.

        Do mesmo xeito, cando se detecta unha incidencia, non pode ser que pasen varias reemisións ata que se grava de novo para corrixilo. Vós sodes responsables de xestionar iso dun xeito óptimo, e de ter as ferramentas para que isto sexa posible. E se hoxe non tedes outro xeito que programar esa re-gravación a man, o cal xa é chamativo, polo menos se debería partir dunha lista ordeada das gravacións pendentes atendendo aos pases previstos e actualizados en tempo real. E iso non precisa ningún desenrolo con “moita chicha”.

        Non me cabe dúbida que, probablemente, algunhas -se non moitas- destas cousas están na vosa idea do que debería ser este servizo. E que a xente fai un bo traballo sobre os obxectivos que ten. Pero, porque me gusta R, e me gusta ver mellorar ás empresas da terra, emprázovos a rachar con esa concepción estática anterior, e dar un paso adiante cara un plantexamento conceptual axeitado para as necesidades que hoxe amosan os vosos clientes.

        E non falo nin de persoas nin de tecnoloxía. Non me toca nin procede.

        Falo de conceptos.

        E ese salto hai que dalo. Non é unha opción.

        • Víctor di:

          Bos días.

          En primeiro lugar quería pedir perdón por poñer por duplicado o “tocho” da mensaxe anterior. Escribinna do tirón, sen tempo a releer o que puxera, e ao pasala polo corrector con presa para detectar se había algunha palabra mal tecleada, parece que rematei por pegala dúas veces no caxetín. Se queredes, borrade unha para que o fío sexa máis manexable. Síntoo.

          En segundo lugar, aínda que probablemente xa o sabedes, avísovos de que a canle La 1 HD non ten son dende os días nos que se cambiou La 2 e Clan polas súas correspondentes versións en alta definición. Xa ocorrera fai un par de anos por un problema co formato de son que utilizan. A min alegrarame que tardedes en arranxalo…, pero na casa hai quen quere vela. E que por suposto nunca entra neste blog a mirar.

          En canto á actualización do desco HD, a nivel técnico só unha pega: cando un está a ver algo no Rebobina, e quere volver a escoitar unha intervención, lóxicamente dalle a voltar atrás, pausao, e dalle de novo ao “play”; pero ese re-comezo nunca o fai dende o punto exacto onde paraches de ir cara atrás; ao darlle ao “play” sempre hai unha diferencia e comezas a velo entre 6 e 9 segundos aproximadamente máis adiante. Non sei se ides actualizar este desco moito máis, pero por se serve a suxerencia, e algún día é posible, estaría ben botar man diso.

          Unha dúbida: Se tes un combo vello onde tiñas unha “opción adicional” contratada, ¿é posible abandonala sen ter que pasar aos combos novos?

          Moitas grazas polo voso tempo.

          • Ola, Víctor.

            Estamos a mirar o do son na canle La1 HD porque non nos constaba.

            Por opción adicional refíreste a deco adicional de televisión? É dicir, a quitar o deco adicional e quedar cun só equipo?

            Un saúdo.

          • Ola de novo, Víctor.

            O do son en La1 HD non nos consta. Probablemente coa actualización quedache sen son orixinal, e non funciona o Dolby na túa tele.

            Proba a ir a axustes no son e seleccionar ESTEREO PCM. Así debería de ir, pero xa me dis.

            Por outra banda, dinme dende enxeñaría que imso revisar o que comentas de que non se inicia no punto exacto onde pararas. Non temos en previsión actualizar o deco HD en breve, pero por suposto que o imos ter en conta.

            Graciñas de novo!

          • Víctor di:

            Boas tardes.

            Resposto aquí ás vosas dúas últimas mensaxes porque non me sae a opción de “respostar” baixo elas.

            O do son en La1 HD arreglouse. Probei un par de días despois de dicírvolo, e xa funcionaba. De feito, pensei que o arreglárades vós. (¡Grazas!). Non cheguei a tocar nada no meu equipo, pero cando non funcionaba non o facía nin a través da tele, nin sacando o son directamente polo amplificador do Home Cinema.

            O da opción adicional referíame ás antigas opcións tipo “Movistar Estrenos”. Se non cambias aos combos novos, ¿non as podes variar e abandoar algunha?

            Por certo, felicidades polo de ir a ofrecer Netflix. Pode ser útil para fornecer a oferta de TV. Por certo, estes días ando a trastear ben na plataforma de Netflix e as afamadas suxerencias… hai algunhas que están para contalas no xantar. ¿Gustouche “Eraserhead” de David Lynch? Pois entón mira os debuxos animados de “Érase una vez la vida”. Só espero que esta suxerencia non se faga tamén á inversa. Algún rapaz pode quedar ojiplato.
            Dígovolo coma constatación de que, aínda asumindo que hai cousas que mellorar en R, en tódolos sitios cocen fabas.

            Moitas grazas polo voso tempo.
            Un saúdo.

          • Curiosa recomendación, si 😀

            Por outra banda, entendo que se tes contratado Movistar Estrenos o podes dar de baixa sen ningún problema. O que non podes é contratala despois ou contratala solta coa coas novas opcións.

            Un saúdo.

  14. Maria teresa fernandez de tejada esperante di:

    Que tengo que haces para instalar y actualizar el deco HD ?

  15. José Ramon di:

    Hola, pues hace unos días al encender el deco, hay micro cortes. Tengo que apargalo una o dos veces para que funcione correctamente. Necesita algún ajuste?

  16. José Andres di:

    No, no es un problema de cables. A mi me pasa también, hace unos días y durante horas en la “sexta” hemos tenido micro cortes, por lo que llame al servicio técnico. Como no veían nada, me enviaron un técnico a casa, reinicio el desco y me dijo que estaba todo correcto. Al día siguiente comenzaron de nuevo los micro-cortes mientras veíamos otra cadena. Ya no llamé, para que. Mi cuñado que también tiene R, me dijo que le pasaba lo mismo. Ayer en la “1” toda la tarde noche, sin voz, solo imagen.

    En lo que va de año es el tercer desco que me cambian y ya no cuento las veces que para que todo funcione bien, tenemos que desenchufar y enchufar nuevamente. Yo lo que me pregunto es como hará la gente mayor, o la gente que simplemente no entiende de estas cosas, sin más comentarios. Y ya no voy a entrar en todo lo que al principio se prometía con este desco. y al final han quedado muchas promesas incumplidas.

    Lo que si es cierto, es que en Diciembre de 2016 tenia Combo 350 Total, con tres líneas de móvil y mantenimiento bronce, pagaba 111,50.

    En Junio de 2017, cambiaron las tarifas y productos de móviles, esto se justifico en base a que los clientes “demandábamos más datos” y por el incremento de consumo por tener el 4G, en consecuencia paso a pagar 119,00, eso si con un montón de datos en mis tres líneas de móvil.

    Ahora ante el funcionamiento del actual desco, estoy sopesando solicitar el nuevo, pero como tengo un combo antiguo TOTAL 350, tendría que migrar a uno de los nuevos y los precios con los que quedaría con mis tres líneas de móvil y el mantenimiento bronce serian:

    FESTA RACHADA 4K. Equivalente al 350 TOTAL, pero incluiría los 3 canales de Movistar. A dia de hoy serían 126,00

    FESTA 4K. Para igualar al 350 TOTAL, tendría que sumar las opciones CINE , perdiendo NENOS y algún que otro canal, A día de hoy serían 121,00

    Y digo lo de “A día de hoy”, porque creo recordar que el viernes de la semana pasada lo consulte en “Configura tu producto” y estos combos me costaban 5 euros menos cada uno, sinceramente, yo ya no entiendo nada.

    En cuanto a las líneas de móvil, mi hijo esta en Barcelona con una de las líneas del contrato, pese a tener ambos toda la cobertura, es imposible que hablemos ningún día, ya que la voz va y viene, es totalmente desesperante y si ambos teléfonos son de última generación. Al final hemos optado por utilizar el servicio de voz de Telegram, es de traca el tema.

    En resumen, no estoy nada contento con el servicio que se está dando y ya no voy a hablar de la cantidad de problemas que he tenido con el servicio “3Ollos” que al final y después dos meses y de muchas gestiones e incidencias con el servicio técnico se han solucionado. En Noviembre termino una promoción que me están aplicando y ya estoy valorando opciones para tomar una decisión al respecto, lo que si está claro es que algo no esta funcionando bien en R

    • Hola, José Andrés.

      Los microcortes generalmente suelen tener que ver con el cableado. Si fuera otro tema, todo el mundo tendría al mismo tiempo el problema en el canal o canales que comentas.

      En todo caso, lo que indicas es que el servicio no funciona bien. Es lógico estar molesto. Si me pasas los datos a quecheparece@mundo-r.net lo reviso internamente.

      El precio del combo 350 festa rachada está indicado en tarifas.mundo-r.com con lo que no es que varíe de una semana a otra. Al tener Movistar Estrenos es más caro que el total, como bien indicas.

      Por favor, pásame los datos para revisar lo que comentas.

      Muchas gracias.

  17. ALBERTO di:

    El nuevo mando es mucho peor que el anterior. Los botones de cambio de canal y de volumen son iguales al tacto que los de grabar y volver a inicio. El nuestro funciona solamente si se apunta perfectamente a desco 4k. No tiene un botón “ver más tarde” que desapareció como opción. Muchísimo que mejorar hasta llegar al nivel que tuvimos.

    • Hola, Alberto.

      El nuevo deco 4K lo sacamos hace unas semanas y viene con más cosas que el deco HD: nueva parrilla de programación, grabador en la nube, pausa del directo, más horas en rebobina, instalación de apps…

      Hay funcionalidades que no hemos podido tener en esta primera versión, pero las tendremos. Tampoco en el lanzamiento del deco HD tuvimos lo de ver más tarde, pero lo desarrollamos. Y aquí igual 🙂

      Un saludo.

  18. Andrés di:

    Buenas.

    Yo tammbién padezco los microcortes desde hace aprox. un mes. Se hace muy pesado ver así los contenidos.

  19. Miguel di:

    Fai uns días que teño o desco 4K e, sinxelamente fantástico. Mellora con moito os servizos do anterior desco.

  20. Ismael di:

    Al hacer la actualización se a imposibilitado la posibilidad de acceso a la app beIN conet.

  21. Ignacio Viqueira di:

    Ya que no ofreceis la opcion de fútbol…por que no meteis una actualizacion que solucione el problema de conpatibilidad con la app de Bein Connect? Ahora se puede lanzar con google cast…pero la imagen da tirones, iría nas fluida reproduciendolo desde la app en el propio deco.