menú

R firma un acordo de colaboración co Abanca Ademar León

15/05/2019
Blog R

R e o Club Abanca Ademar León firmaron un convenio de colaboración polo cal a marca R patrocina dende o pasado mes de marzo, coincidindo coa chegada do operador á provincia de León, e ata finais da presente tempada 2018-2019, ao club de balonmán de referencia na rexión. R acompaña ao club en todos os partidos que o equipo dispute na Liga e na Copa e é visible na equipación, nos espazos de comunicación a pé de pista do Palacio dos Deportes de León e na sala de prensa.

Así o rubricaron de forma oficial esta mañá o vicepresidente do Club Abanca Ademar León, René Mira Rubio, e o director xeral de Telecable e Expansión de R, José Antonio Vázquez, como mostra da vocación de R por establecer con este acordo vínculos de cercanía e ilusións compartidas.

“Coincidindo coa chegada a León, R acompaña ao club en todos os partidos que o equipo dispute na Liga e na Copa ata final desta tempada. É visible na equipación, nos espazos de comunicación a pé de pista do Palacio de Deportes e na sala de prensa”

Firma do patrocinio

No acto da firma, José Antonio Vázquez destacou o compromiso de R con León: “Consideramos fundamental colaborar cos clubs locais tan relevantes como o Club Abanca Ademar León, entidade cunha importante traxectoria e a que dende R queremos apoiar e desexar o mellor de todos os éxitos. Chegou un novo operador de telecomunicacións a León e cremos que vai marcar un punto e aparte na rexión. Imos xerar emprego en León e cremos na terra. Buscamos facer cousas de forma diferente, poñendo o noso foco totalmente no que queren os clientes, ofrecéndolles o mellor da fibra, da televisión e do móbil”. 

Pola súa parte, o vicepresidente do Club, René Mira Rubio, sinalou que “estamos orgullosos de que unha empresa da importancia de R aposte polo noso Club na súa chegada a León, onde nos consta que realizou unha importante aposta por ofrecer aos leoneses unha potente oferta tecnolóxica e aquilatada en prezo para o usuario”. Así mesmo, “desexo que esta colaboración de R co Club Abanca Ademar León se amplíe a próximas tempadas e que a mesma sexa larga e fructífera para ambas as dúas partes”. 

Expansión de R a León

Para a súa expansión no mercado leonés, o operador R está a levar a cabo un investimento inicial de catro millóns de euros na provincia, onde empregará arredor de 80 profesionais de forma directa e indirecta. Ofrece un servizo diferencial de calidade a 158.000 fogares, uso da tecnoloxía 4K Android TV e a integración de Netflix e Amazón Prime Video nos seus decodificadores, e tarifas de móbil con 20 xigas, o que posicionou a R como o operador de telecomunicacións de referencia na oferta de solución familiares.

R ten en funcionamento unha tenda no centro da capital, na Avenida Ordoño II 17, (Pasaje Cine Mary) e un stand no centro comercial Espacio León. Ao longo de 2019 o operador ten previsto abrir novas tendas en León e en Ponferrada. Ademais, ofrece os seus servizos noutras localidades da provincia de León como Astorga ou La Bañeza.

“O operador de telecomunicacións R, que leva máis de 20 anos a traballar en Galicia e forma parte do Grupo Euskaltel, encóntrase en fase de implantación e de expansión na provincia de León”.

Para informar dos seus servizos de telecomunicacións en León, R creou a páxina web https://www.rfibra.com/

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.