menú
area_cliente_R

Accede e cambia o teu contrasinal da área de cliente de R

20/06/2022
Blog R

A área de cliente de R é o teu espazo privado para xestionar dende o ordenador ou o móbil todos os servizos que tes contratados connosco.

Se é a primeira vez que a usas, explicámosche como entrar dende a web ou a app de R e tamén che contamos paso a paso como cambiar ou recuperar o teu contrasinal como cliente de R.

Son algunhas das dúbidas que máis se repiten e queremos axudarche a resolvelas de forma moi sinxela.

Como podes acceder á área de cliente de R?

Podes entrar á área de cliente dende o ordenador a través desta ligazón: https://clientes.mundo-r.com ou a través do teu teléfono móbil ou tableta, descargando a app.

Lembra que a aplicación de R está dispoñible tanto para Android como para iOS. Deste xeito sempre a terás accesible dende o teu móbil.

Como rexistrarte na área de cliente de R

Cando accedes dende o ordenador, o primeiro que ves nada máis entrar é esta pantalla onde aparecen todos os servizos que podes xestionar.

Accede y cambia tu contraseña del área de cliente de R

Nun botón lateral verás “entra co teu usuario e contrasinal ou certificado dixital”. Serve para acceder facilmente co teu NIF e contrasinal se xa es usuario e tamén para rexistrarte.

Se aínda non tes usuario ou é a primeira vez que accedes, debes ir á ligazón que pon “é a túa primeira vez por aquí ou esqueciches o teu contrasinal?”.

O primeiro que tes que facer é rexistrarte para poder entrar a xestionar os teus servizos.

Unha vez o fixeches, cando te conectes por primeira vez ímoste redirixir á pantalla de “recuperar o meu contrasinal” para que nos demostres ser unha persoa e non un robot automático.

Envío do contrasinal de R por correo electrónico ou SMS

É unha nova medida que tomamos para aumentar a túa seguridade. Queremos que sexa un proceso sinxelo así que, ao poñer o teu NIF, tes que elixir como queres que che enviemos un contrasinal temporal de acceso. Pode ser vía correo electrónico ou recibir por SMS o propio contrasinal temporal ou un código que che permita acceder á área de cliente por primeira vez.

Ao entrar esta primeira vez, xa che pide que elixas un contrasinal seguro que se converterá na túa clave de acceso a partir dese momento.

O proceso é similar se estás a acceder por primeira vez dende a app móbil. En primeiro lugar, aparecerache esta pantalla:

Pulsa o botón “aínda non teño usuario” e preguntarache se es o titular do contrato de R.

Accede y cambia tu contraseña del área de cliente de R

Redirixirache á web https://clientes.mundo-r.com e aí debes seguir os pasos que xa che comentamos.

Como recuperar ou cambiar o teu contrasinal da área de cliente de R

Se xa estás rexistrado/a na área de cliente de R pero non lembras o teu contrasinal, non te preocupes.

Accede á web https://clientes.mundo-r.com/ e vai á ligazón “é a túa primeira vez por aquí ou esqueciches o teu contrasinal?”.

Indica no captcha que non es un robot e dálle a continuar. Indica o teu NIF. Importante: non esquezas que debe ser o do titular do contrato con R.

Accede y cambia tu contraseña del área de cliente de R

Preguntarache entón como queres que che enviemos a información necesaria para recuperar o teu contrasinal: enviándoche unha clave por correo electrónico ou SMS ou un código por SMS que che permita poñer un novo contrasinal.

Accede y cambia tu contraseña del área de cliente de R

Unha vez a recibas, xa podes acceder con ela á área de clientes. Lembra que é un contrasinal temporal e debes modificalo na propia área de cliente polo que queiras como o teu contrasinal habitual.

Se accedes a través da app, na pantalla de inicio tes que seleccionar “esqueciches o teu contrasinal” e seguir o proceso detallado.

Xa ves que xestionar os teus servizos de R a través da área de cliente é moi sinxelo. É a maneira máis rápida de consultar as túas facturas, configurar os teus servizos ou ver o consumo dos teus móbiles de R.

Esperamos que esta información che resulte útil. Se tes máis dúbidas, contacta connosco e axudarémoste.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.