menú

Aberto o prazo para responder aos retos de startups R DICo challenge

13/12/2018
Blog R

Hai un par de semanas, como sabes e che contamos neste mesmo blog, presentamos startups R DICo Challenge, a aceleradora de contidos dixitais de R. Entre outras cousas, porque queremos seguir contribuíndo a xerar emprego en Galicia e a fomentar a innovación e o emprendemento tecnolóxico na terriña, coma sempre o intentamos, dende o principio da nosa andaina. E desta volta contamos co apoio e a colaboración da AMTEGA e a CRTVG; case nada.

Pois ben, esta semana demos un paso máis no programa e vimos de lanzar os cinco retos tecnolóxicos a emprendedores e empresas para que presenten as súas ideas nesta primeira edición.

Cinco retos para 20 candidatos

 O prazo para responder a eses cinco retos tecnolóxicos que propuxemos xa está aberto. Os interesados poden apuntarse ata o 8 de febreiro de 2019 e de entre todos eles escolleremos as 20 mellores propostas para os seguintes retos:

  1. Enriquecemento de contidos deportivos . Para mellorar a experiencia en tempo real cando estás a ver un evento deportivo. Saber cousas como o pulso cardíaco dos xogadores, a velocidade dunha bici, ver publicidade ou escoller que cámara ver.
  2. Aplicacións para Android TV. Buscamos crear experiencias na galaxia do Android TV. Por exemplo, compartir vídeos ou experiencias
  3. Contidos formativos e divulgativos innovadores. Para facer que a xente aprenda cun asesor virtual co que pode interactuar, a través da simulación tridimensional ou da realidade aumentada, por exemplo.
  4. Big Data para o consumo televisivo. Queremos saber que final prefire a audiencia para a serie de moda, que programación é a máis axeitada ou que formato lle dar a un programa. Procesar a información de audiencias para facer unha televisión mellor. Este é o reto da CRTVG.
  5. Reto aberto. Cóntanos algo que non escoitáramos antes!

O programa mentor

 Os afortunados, 5 elixidos de entre eses 20, entrarán no noso programa de mentorización. Unha vez alí contarán co apoio dos titores (profesionais de R e da CRTVG) e axuda económica da AMTEGA para asumir os gastos cotiás dos seus proxectos. Ah, e terán as instalacións da Cidade da Cultura á súa total disposición.

Xa podes apuntarte na páxina de startups R DICo Challenge. Lembra que o prazo remata o 8 de febreiro de 2019. Se queres máis información, estas son as bases de participación.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.