menú
A Pobra de Trives cuenta con acceso a la red de fibra óptica de R

A Pobra de Trives conta con acceso á rede de fibra óptica de R

18/12/2019
Blog R

O municipio de A Pobra de Trives, na provincia de Ourense, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas

Dende R vimos de rematar na Pobra parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que están a aproveitar ao máximo as infraestruturas municipais da localidade ourensana. Así, arredor de 400 residencias particulares e empresas do concello quedan preparados para recibir dende agora os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R cando se completen todos os traballos na Pobra de Trives.

8 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos xa realizados na provincia de Ourense (Petín) e máis en Lugo (Monterroso, Lourenzá, Palas de Rei ou Barreiros) forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R foi adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (“fibra ata o fogar”) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co das provincias de Lugo e Ourense, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para a provincia de Pontevedra, onde chegou a localidades coma Cuntis, Combarro, Meaño, Pontecaldelas, Ribadumia e Tomiño e outro para A Coruña, provincia na que despregou rede en Abegondo, Cerceda, Muros, Camariñas, Curtis, Ortigueira ou Porto do Son.

En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Nas provincias de Lugo e Ourense o investimento total supera os 785.000 euros, dos cales máis de 430.000 proceden dos fondos europeos.

Servizos avanzados para máis de 65.000 novos fogares e empresas

En virtude destes proxectos adxudicados en 2016, cando se completen os despregamentos nas catro provincias galegas, uns 33.000 fogares e negocios das “zonas brancas” uniranse ao millón longo dos que hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. A maiores, outras 32.000 residencias particulares e empresas tamén quedarán conectadas ás redes de nova xeración de R ao remataren as actuacións dun segundo plan PEBA-Avanza adxudicado ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa o ano pasado para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diversas zonas da xeografía galega que nunca dispuxeran de accesos ultrarrápidos. Estes despregamentos, cun investimento adicional de 10 M€, están subvencionados ao 80% polos Fondos FEDER da Unión Europea.

Desta maneira, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 novos fogares e negocios quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

Ademais deses accesos a internet con megavelocidades garantidas, as zonas activadas poderán desfrutar tamén do desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R serán quen de aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto, cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Miguel Branco

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

10 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Luis Arenteiro di:

    Bos días, hai acceso a fibra ahora na calle Diputacion de A Pobra de Trives ou non hai previsión de ampliar a todas as ruas. Gracias

  2. Avatar Fernando Dieguez di:

    Bos días,

    ¿poderían indicarme si nunha vivenda situada na praza do reloxo podería solicitar instalación de fibra?

    Moitas grazas

  3. Avatar maria di:

    Me gustaría saber para cuando habría concesión a fibra en la calle alfredo casanova 15 de trives