menú

R achega 10M€ de investimento adicional para o despregamento de redes de nova xeración en 512 núcleos de Galicia

14/02/2019
Blog R

Arredor de 32.000 novos fogares e empresas de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen estas actuacións, adxudicadas recentemente ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. Trátase de tres novos proxectos do Plan PEBA-Avanza que perseguen estender, durante este ano e o vindeiro, a tecnoloxía FTTH (“fibra ata o fogar”) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Subvención e axuda a fondo perdido da Unión Europea

No desenvolvemento desta adxudicación investiranse un total de 10M€, dos cales, preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea; e, desa cantidade da axuda, 6M€ como anticipo a fondo perdido.

Un dos proxectos está destinado ao despregamento de redes de nova xeración en 196 núcleos do suroeste da provincia de Pontevedra. O investimento total neste caso é de 3,7M€, 3 deles subvencionados e, desa axuda, arredor de 2,3M€ a fondo perdido como anticipo dos fondos FEDER da Unión Europea. Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH desta volta en 162 núcleos de municipios do norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo. Para estas actuacións, cun investimento total de 3,5M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,8M€, dos cales preto de 2,2 son a fondo perdido. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 154 núcleos doutros municipios da Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo. Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 2,6M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 2M€ e, destes, preto de 1,6M€ a fondo perdido.

Estas actuacións daranlle volume aos despregamentos -xa en fase de comercialización- dunha adxudicación anterior de tres proxectos do Plan PEBA-Avanza a R para, así mesmo, dotar de FTTH a outros 33.000 fogares e empresas situados en “zonas brancas”.

De feito, a día de hoxe R xa ten levado as súas redes avanzadas con este Plan, a núcleos das localidades de Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia e Meaño; e tamén a outras zonas de municipios aos que xa chegara previamente coa súa rede de fibra coma Santiago de Compostela, Ordes, Miño, Sanxenxo, Cangas, Nigrán, Vigo ou Tui. Proximamente o operador galego proseguerá as súas actuacións en núcleos de Poio, Tomiño, O Rosal, Redondela, Ortigueira, Cedeira, Porto do Son, Camariñas, Mugardos, Boqueixón, Póboa de Trives, San Cibrao e Curtis.

116 municipios galegos e 140 polígonos industriais con R

A rede de R vai medrar preto dun 8% cando rematen todos os traballos das novas adxudicacións do Ministerio xunto cos dos anteriores despregamentos do Plan PEBA-Avanza tamén adxudicados a R. Así, preto de 70.000 fogares e empresas uniranse ao millón longo de fogares e negocios nun total de 116 municipios galegos, que están hoxe en disposición de recibir os servizos de R na comunidade. Parellamente, a carón deste esforzo investidor na comunidade, o operador galego levará os seus servizos fóra de Galicia alugando rede doutros provedores.

Entre estes servizos avanzados, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida están o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. A isto súmaselle, no eido empresarial, a presenza da rede do operador galego en máis de 140 polígonos e parques empresariais da comunidade, que xa poden desfrutar de accesos a internet de ata 350 megas e da tecnoloxía necesaria para acometer a súa transformación dixital.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

18 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Manuel di:

    Entón ¿como queda a cousa? A maior parte de clientes temos coaxial asimétrico (HFC) e outros van ter fibra FTTH simétrica pagando o mesmo?
    Estache ben o conto.

    • Ola, Manuel.

      A rede HFC estamos a migrala a Docsis 3.1 o que nos permitirá dar maior velocidade, xa que a fibra chega ao portal e o coaxial ten unha gran capacidade.

      Dende hai dous anos despregamos FTTH alí onde estamos chegando, non é algo novo. O custo hoxe en día é o mesmo que no seu día tiña o FTTB, polo que ten toda a lóxica do mundo facelo así. Por outra banda, non deixamos de mellorar as velocidades e o servizo, sexa no tipo de rede que sexa.

      Un saúdo.

  2. Avatar pablo di:

    BOAS, teño unha dúbida, nombrades os concellos os que ides ampliar a rede de fibra , os que xa están incluidos e os que estarán próximamente, o malo e que non falades de datas, non sirve de moito saber que indes chegar, por exemplo O Rosal, pero sin saber se será en tres meses ou en 3 anos. Algunha información máis precisa o respecto? grazas

    • Ola, Pablo.

      Non nos gusta das prazos, porque despois a realidade sempre cambia as previsións. Por iso, como podes ver aquí noutras publicacións, anunciamos a activación da rede cando xa está lista.

      Pensa que para levar a fibra a un concello temos que pedir permisos non só municipais, senón tamén á Xunta, á Deputación ou ao Ministerio, porque segundo o tipo de vía hai un responsable diferente. Se pasamos por preto dun río temos que pedir tamén permiso á Confederación Hidrográfica e segundo tarden máis ou menos, os prazos varían. Oxalá puidesemos dar un prazo exacto.

      Nós temos as nosas previsións, como é obvio, pero non as facemos públicas porque se despois non cumprimos non queremos que dea a impresión de que tratamos de enganar.

      Un saúdo

  3. Avatar MARIA ELENA VAZQUEZ di:

    Eu vou con moita frecuencia a provincia de Lugo, concretamente a unha aldea a 15 km. de Sarria que se chama Val do Mao, que pertence o Concello de O Incio, e non ten cobertura R. Poderían decirme para cando está previsto que funcione¿?.

  4. Avatar Antón Xose Gonzalez di:

    Ola : son cliente de R con varios teléfonos, fibra e o paquete de tv festa rachada En un par de meses vou cambiar de casa e preguntome si R vai ampliar a rede de fibra en breve? Grazas

  5. Avatar Marco di:

    Hola neste artículo nomeades algúns dos municipios de terra artabra, coma Mugardos, Ortigueira, Cedeira, e algunhas outras mais, para adxudicarlles a conexión FTTH. ¿Para cando, ou mellor aínda estará Narón incluído nese grupo de poboacións?

  6. Avatar Manuel di:

    “Proximamente o operador galego proseguerá as súas actuacións en núcleos de Camariñas…”
    Xa me parecía que pasaba algo.
    ¿Unha data aproximada de cando comezaran e remataran ditas actuacións?

    Un saudo.

  7. Avatar Otto Emilio Mier y Teran Castro di:

    Hola! buenas, Vivo en santa marta de ortigueira, en un chalet, eh visto técnicos si no me equivoco eran de R, dijeron que estaban instalando fibra, ¿Es verdad? y si es eso, mas o menos para cuando podría contratarla?. llevo tiempo esperándola

  8. Avatar Anxo di:

    Vin que ides a extender a fibra ata Boqueixón, un concello que está ao lado do meu (Touro), pero de Touro non dicides nada. Non tedes previsto neste proxectos a curto prazo chegar coa fibra a Touro? E, non se podería reaproveitar a canalización de fibra óptica que usaban para conectar o antigo escenario do Luar (a discoteca Dona Dana)?
    Un saúdo.