menú

3ollos R móbil: fica tranquilo ao saber onde están os teus (gratis)

25/10/2018
Blog R

Ola. En R acabamos de sacar unha aplicación móbil moi interesante, dispoñible tanto para Android como para iOS, e que poñemos á túa disposición gratis por seres cliente de R. A app é 3ollos R móbil.

En que consiste? Simplemente en converter o teu smartphone nun sensor e ter a tranquilidade de saber onde están en todo momento os teus. Recibindo alertas cada vez que os teus nenos cheguen ao cole ou volvan á casa, por exemplo. Ou permitindo que contacten de forma rápida contigo, se o necesitan.

Que necesitas?

En primeiro lugar, ser cliente de R. É algo gratuíto para os nosos clientes, teñas o que teñas contratado, pero hai que ser cliente 😉

En segundo lugar, debes descargar a app no teu móbil e nos terminais dos que queres recibir notificacións.

Por último, en cada terminal debes ter activada a localización.

Para que móbiles?

Como dicimos arriba, é para Android e iOS.

Se tes un iphone, debe ter unha versión iOS 9.3 ou superior e, no caso de Android, necesitas Lollipop (5.0) ou superior e 2GB de RAM

Como funciona?

Cando descargues a app, debes identificarte como cliente. E debes pasarlle un enlace aos que máis che importan para que descarguen tamén a app.

Os teus fillos, pais ou familiares poden acceder de dous xeitos:

  • Como usuario delegado: con permiso de administrador, para saberes todos onde estades en cada momento.
  • Como invitado: neste caso, o que descarga a app non ten permiso de administrador nin sabe onde están os demais.

app 3ollos R móbil

Que ofrece 3ollos R móbil?

En primeiro lugar, tranquilidade. Moitas veces andas preocupado polos teus pais, que son maiores, e non sabes se baixaron mercar o pan. Ou, por culpa do traballo, non podes ir recoller os nenos e non sabes se colleron ben o autobús e están na casa. 3ollos R móbil permíteche que te despreocupes por isto.

Ti marcas os lugares frecuentes de cada móbil ou as zonas seguras, e creas regras. Dese xeito, cada vez que entren ou saian do cole, recibes un aviso.

Do mesmo xeito, se che gusta practicar bici de montaña ou sendeirismo, a túa familia pode saber por onde andas e saber que todo vai ben. No caso de que pase algo, podes recibir ou enviar alertas de forma inmediata.

Descarga 3ollos R móbil

Animámoste a que descargues 3ollos R móbil xa e lle quites partido:

Máis tranquilidade na túa casa ou negocio

Xa nos dis se che parece interesante e práctico 3ollos R móbil. O que si, lembra que podes completar o servizo con 3ollos R para o teu fogar ou negocio. Por exemplo, podes poñer unha cámara na túa casa ou tenda, e recibir un vídeo cando alguén entra ou sae.

Ou poner un termóstato  intelixente (para regular a temperatura) ou un enchufe intelixente (para apagar o ferro de pasar de forma remoto se o deixaches acendido ou ben prender as luces a unha hora hora determinada). E quen di iso, di instalar un sensor de fume, un detector de auga o un medidor de enerxía, para saber se consomes moito ou pouco. Xa ves que hai múltiples opcións 

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

33 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. ana di:

    no carga el programa. da error de conexión y es imposible activar el servicio

  2. Xoàn Francisco di:

    O que realmente me fai falta é un costo menor nos servizos que teño.Hai operadoras máis axeitadas e somos dos primeiros clientes de R, e o cliente sempre é o primeiro,É?
    Saúde e Saúdos

    • Ola, Xoán Francisco.

      Efectivamente os clientes sodes a base da empresa. Sen vós non estaríamos aquí, eu non tería o meu traballo e non levaríamos por aquí dende hai 20 anos. Así que por riba de todo, grazas por estares aí e pola vosa confianza.

      En canto ao custo dos servizos, é complicado baixalos cando ao final o custo da vida tamén sobe, cando os provedores de contidos nos aumentan o prezo, cando as canles en HD son máis caras que as SD, cando se gastan cada vez máis datos no móbil ou hai que investir nas redes porque o tráfico tamén aumenta. Se o custo se mantivese e non houbese que manter a rede, sería fácil manter prezos ou incluso baixalos. Pero cando a demanda dos servizos de telecomunicación aumenta, dar máis servizos e poñelos máis baratos non é sinxelo.

      En todo caso, en R tenemos diferentes servizos e opcións, polo que se me pasas os datos a quecheparece@mundo-r.net podemos ver se temos algo máis axustado ás túas necesidades.

      Un saúdo.

  3. LOBEL di:

    HE INSTALADO LA APLICACION MODO PRUEBA EN MI DISPOSITIVO(EL PRINCIPAL), TODO OK, ENVIO LA SOLICITUD AL OTRO TERMINAL/NUMERO Y LA RECIBE . AL ABRIR LA APLICACION QUE TAMBIEN TIENE INSTALADA (3 OLLOS , NO ESPECIFICA QUE SEA DE MOVIL COMO LA MIA), NO HAY OPCION NINGUNA PARA METER ESE CODIGO DE VINCULACION¿?¿?¿?¿?

  4. ZELTIA di:

    No meu caso en particular…
    Eu sendo tt de R podo descargar a aplicacion en un tlf de outra compañia?? para asi saber onde se atopa o meu avo?
    grazas

  5. Emilio Rivo Insuela di:

    Interesante tanto para controlar nenos como ancianos

  6. pili di:

    Gostariame saber si o servizo seguirá sendo gratis para sempre e,si este non é o caso, ¿pagades por ser tester?. Gracias.

  7. Ana di:

    Hola,
    Para tener esta aplicación, ¿hay que tener 3ollosR para casa?
    Y, de todos modos, no me funciona, me da error.
    Un saludo,
    Ana

  8. Xurxo di:

    Hola:
    Me gustaria saber como puedo mandar invitacion a un movil con ios, pues yo ya lo tengo instalado en el mio pero para poder bajar la aplicacion es necesaria una invitacion con clave y al instalar la misma en mi movil la clave que desde R me enviasteis ya no me funciona.
    Hay que solicitarla al correo quecheparece@mundo-r.com y despues de instalarla como hago para que pueda ser administrador pues a mi solo me da una clave cuando dice conectar nuevo dispositivo.
    Gracias !!!!

  9. Jose Luis di:

    Hola. Animado por un mail en el que ofrece el servicio, envié un mail con mi correo vinculado a apple para descargar en iPhone la aplicación. No recibí respuesta.
    Veo que la aplicación esta en apple store, la descargo y me identifico pero da continuamente error de conexión.
    ¿Qué estoy haciendo mal?
    Gracias

  10. JAVIER PEREZ di:

    Me he descargado la app para IOS pero al conectar me da error de conexión…. Qué pasa? Como hay que hacer para conectarla???
    Gracias

  11. Ruben di:

    No puedo entrar me da error de conexión seguido

  12. Marcos di:

    Me da error de conexión al abrir la app por primera vez

  13. Domingo di:

    Se na familia hai xente con móbil R e xente con móviles doutra compañia funciona?

  14. CAROLINA BEIRAS di:

    Ola! Instalei a app pero dime de seguido “erro de conexión”. Comprobei a tiña wifi e está todo correcto. Que podo facer? Grazas

  15. Jennyfer di:

    Hola buen dia, descargue la app en iOS y me da error de conexion. Gracias