menú
OSHWDem 2018

OSHWDem 2018: batallas de robots, tecnología y creatividad

07/11/2018
Blog R

Seguramente o nome de OSHWDem (Open Source HardWare Demonstration) non che di nada. Pero se che contamos que se trata da feira tecnoloxía libre máis grande de España, que é gratuitá e está abierta a calquera persona que teña curiosidade e ganas de coñecer, a que xa che di máis? Pois anota, porque se celebra na Coruña o 10 de novembro. 

Pola nosa parte colaboramos co evento a través de startups R, polo que che animamos a que te pases e desfrutes de todo o que ofrece este evento.

Onde e cando?

Xa che contamos que ten lugar na Coruña, pero non che dixemos que será no museo Domus. A entrada é gratuíta e ten actividades ininterrompidas desde as 10:00 a 20:00 horas. 

Que verás?

Os máis pequenos seguro que o pasan xenial con actividades como as batallas de robots e outras probas que se celebrarán. Pero o que debes saber é que haberá inventores (desde estudantes de primaria pasando por afeccionados de 70 anos) que che contarán os seus proxectos.

Trátase de que coñezas as últimas novidades en novas tecnoloxías, porque os seus organizadores queren demostrar a importancia das chamadas tecnoloxías libres e facelas accesibles.

Competicións

Os pequenos e non tan pequenos poderemos desfrutar das múltiples competicións de robots que se van realizar. Toma nota:

  • Labirinto (10:30 h): un pequeno robot debe saír dun labirinto de 16×16 celas por si mesmo e coa única información que poida obter dos seus sensores.
  • Sigueliñas (13:00 h): os robots deben seguir de forma autónoma unha liña negra debuxada sobre unha superficie branca sen máis información para guiarse ata a meta que a propia liña. Gaña o máis rápido en completar o circuíto.
  • Combate de robots (12:00 h): é o encontro máis radical, onde varios adversarios tentan destruír ou deixar fóra de combate o resto de participantes ata que só quede un. O importante é deseñar e construír o robot máis ofensivo e robusto. Os robots poden recibir instrucións dos seus creadores.
  • Velocistas (16:00 h): é a versión profesional de sigueliñas, só os máis rápidos poderán optar á vitoria. A pista é o dobre de grande e haberá varias voltas.
  • Sumo robot (17:00 h): dous robots loitan por expulsar o contrario de forma completamente autónoma dunha superficie circular (dohyo).
  • Hebocon (18:00 h): son robots construídos con calquera cousa que tentan, con torpes movementos, expulsar ao adversario da zona de combate. É unha competición para todos os niveis e para todas as idades.

Talleres

Tamén hai talleres para aprender. Indicámosche onde te puedes apuntar:

Veña, que non tes excusa para pasar o 10 de novembre pola Domus e desfrutar de OSHWDem.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.