
10 propósitos tecnolóxicos para o 2021
O ano 2020 fíxote poñer as pilas no uso das tecnoloxías. Menos mal que todos estabamos igual e situacións embarazosas como levantar a man en Zoom ou Skype fisicamente, e non utilizando o botón, quedarán como anécdotas graciosas. Así que, fai a túa lista de propósitos para que este 2021 sexas un crack das tecnoloxías.
- Sacarlle todo o partido ás aplicacións de videochamadas. O de levantar a man en Zoom é verídico
. Trastea nestas apps para descubrir funcións que antes non che resultaban familiares como gravar a conversación, compartir pantalla, habilitar salas de espera…
- Brillar nas reunións, en sentido literal. 2020 foi ao ano de arranxada pero informal, de cintura para arriba. Para Reis pide un anel de luz LED para lucir a túa mellor cara online. Están xenial, veñen cun trípode para poñer o móbil e podes colocalos detrás do ordenador.
- Abrir unha conta de Tik Tok. O lecer agora é online e quen corta o bacallau é a rede social Tik Tok. Así que non quedes fóra, fai unha conta e divírtete cos vídeos máis virais.
- Probar os Reels en Instagram. A outra novidade do ano en Instagram foron os Reels, vídeos curtos estilo Tik Tok. .
- Contratar Netflix Fan. O lecer na casa foi clave en 2020 e seguirá séndoo. Necesitas un bo plan coas mellores series e pelis de Netflix e 10 GB extra no teu móbil. Aínda non viches “El desorden que dejas”?
- Sacar máis rendemento ao teu router wifi. Conéctaste máis que nunca a través do wifi e necesitas que vaia como un foguete. Oíches falar da rede wifi 5G? O teu router de R de última xeración dispón desta rede de 5Ghz para que navegues a máis velocidade e con menos interferencias. /li>
- Facer as transferencias por Bizum. Este Nadal escoitarías mil veces: págocho por Bizum. Se aínda non o usas, anótao como propósito, porque enviar diñeiro polo móbil ao instante é súper cómodo.
- Manexar WhatsApp como un auténtico pro. A app de mensaxería ten unha chea de funcións que igual descoñeces. Empeza a utilizar estes trucos para sacarlle todo o rendemento.
- Almacenar as fotos e arquivos do teu móbil ou ordenador na nube. Libera espazo no teu móbil gardando imaxes, documentos e todo tipo de contidos de forma virtual. Tamén podes aproveitar para facer limpeza de memes e gifs
.
- Coidarte online. O clásico por excelencia dos propósitos de ano novo. E si, agora tamén baixamos quilos a través de internet. Quen non fixo algún vídeo de Patry Jordan no salón da casa. Aquí tes máis plataformas para facer deporte na casa.
Importante, non abandones os teus propósitos en febreiro, que nos coñecemos .
E ti, que propósitos te marcas este 2021 para ser un moderno tecnolóxico?
15 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Cambiar aunha compañía que me garantice cobertura nos principais lugares onde paso a maior parte do meu tempo…
Ola, Santiago.
Se necesitas revisar a túa conexión é necesario que contactes cos meus compañeiros de soporte técnico no 1449,opción 2 ou podes abrir unha avaría na web: http://i.r.gal/9n.
Disculpa as molestias.
Un saludo.
Xa contactéi, abrin avería, confirmaron a solución e todo segue igual hoxe voltei a abrir avería, a ver qué contan…
Son precisamente vostedes os de R os que teñen que plantexarse seriamente o seu futuro.
Ola, Javier.
Traballaremos para seguir mellorando os servizos e produtos que ofrecemos.
Sinto as molestias que che puideramos ocasionar.
Un saúdo.
Son vostedes mesmos os que me dixeron que non tiñan pensado mellorar a súa rede.
Tampouco poideron ofrecerme servizo de internet nun área que xa existe fibra.
E tampouco actualizan os decodificadores HD tamén obsoletos e que presentan tantas deficiencias. Levo anos realizando esta petición.
En ningún caso teñen pensado mellorar, están votando á xente fóra.
Ola, Javier.
Actualmente comercializamos descodificadores 4k. Podes xestionar o cambio a través da nosa web dende aquí.
Un saúdo.
La verdad es que mucho hablar y pocas nueces, retos tecnológicos? Y R que hace soy cliente desde hace unos cuantos años, no me acuerdo cuantos pero muchos puedo decir que fui de los primeros que puso R en Santiago y desde entonces y hasta hace dos tres años era una empresa bastante buena pero desde que pertenece a un fondo de inversión y hay un galimatías de operadores el servicio empeoró muchísimo y cuando tienes problemas, como me ocurrió el día 18 de diciembre del año pasado que desde las 18:00 hasta las 12:30 aprox del día siguiente estuvimos sin televisión y sin Internet llamando al servicio de asistencia a dicha hora y no saben decir que pasaba primero decían que debía ser problema mío y no tenían constancia de ninguna avería . Después de que se solucionase llame para presentar una queja en atención al consumidor de R y me trataron como una pelota de tenis y terminaron por decirme que no se podía por no se que tema y que tendría una compensación en la factura y sorpresa si la tuve en la cuenta que no estuvo averiada y era de 0,85€ manda carallo y si en ese impar por trabajo perdiese un negocio de miles de euros tendría que estás agradecido a R por la compensación!! Esta claro que tengo que esperar por un tiempo pero casi segur que me cambiare de compañía muy a mi pesar pues como gallego me gustaba apoyar esta empresa y a mayores con su política de no retener a los clientes perderán más y como ejemplo pongo el de un hijo que por motivos laborales se tuvo que cambiar de domicilio y a donde se fue a vivir no llegaba R y tenía permanencia y ni cortos ni perezosos le cobraron la penalización cuando el cambio no fue por capricho y el quería continuar en la compañía. Así se protege al cliente dándole motivos para marcharse!!!
Hola, Xurxo.
Siento las molestias ocasionadas.
La compensación recibida corresponde a la parte proporcional del servicio afectado durante el tiempo que has estado sin conexión a internet. Recuerda que las compensaciones vienen recogidas en las condiciones generales de contratación.
Confío en mejorar el servicio en el futuro y recuperar de nuevo tu confianza.
Un saludo.
Me gustaría saber, cuando se va a disponer de eSim en R, para Android.
Gracias
Hola, Merceded.
Actualmente no tenemos una fecha en la que podamos ofrecer dicho servicio pero con cualquier novedad avisaremos, como siempre, mediante nuestros canales habituales.
Un saludo.
Para cuando acumular gigas no consumidos? Y compartir gigas entre todas las líneas del contrato?
El resto de las compañías incluyen alguna de esas opciones.
Hola.
Actualmente no dispongo de información al respecto.
Continuamente se revisan las mejoras para poder ofrecer estas opciones.
Cualquier novedad al respecto será publicada en los canales habituales de información.
Un saludo.
Entón de subir a velocidade de subida das conexión aínda non hai nada palpable, non?
por certo: a orde de tabulación do formulario para escribir esta resposta é: nome -> email -> refrescar capcha -> escribid capcha -> enviar. Nin sigue a orde de aparición nin pasa pola caixa “comentario”
Ola, Informaticofeo.
Polo de agora, non temos novidades o respecto. Calquer cambio, os manteremos informados polos medios habituais.
Un saúdo.