menú
App de R servicios

Xestiona todos os teus servizos dende o móbil a través da app de R

24/09/2018
Blog R

A app de R permíteche acceder a todos os teus servizos de cliente directamente dende o móbil. Cun par de clics podes consultar o consumo de datos e chamadas, configurar o teu router ou o wifi, restrinxir chamadas e moito máis. Se aínda non a descargaches, xa estás a tardar: dispoñible para Android e iOS.

Consultar o consumo de datos e chamadas

A app de R permíteche saber en todo momento o consumo de datos e chamadas que levas realizado antes de que chegue a factura.

  • consumo de tarifa plana de datos: entra na app e sigue a ruta móbilR > consumo de tarifa plana de datos. Aí verás o consumo de datos da túa liña móbilR dende a última factura emitida, con posibilidade de contratar un novo bono se superas a tarifa contratada e estás en velocidade reducida.
  • consumo dende última factura: dende a app, sigue a ruta móbilR > consumo móbil dende a última factura. Aquí atoparás toda a info sobre o consumo que levas realizado en chamadas telefónicas, gastos de TV, etc. acumulado dende a última factura emitida, para cada conta de facturación.

+ info

App de R consumo de datos y llamadas

Configurar o router dende o móbil

Entra na app e sigue a ruta configurar > configurar internet > configurar o meu router para establecer os parámetros do teu router ou resolver problemas da túa conexión a internet.

Configurar wifi permíteche configurar as distintas redes wifi, modificar o nome do punto wifi, a canle e o contrasinal. Nas opcións avanzadas poderás configurar dhcp/ dns, firewall e NAT e outros parámetros. Ademais, podes realizar autodiagnóstico, ping ou reiniciar. + info

Configurar o teu wifi

Configura a túa conexión wifi dende o móbil. Entra na app e sigue a ruta internet > ver ou cambiar parámetros wifi. Aí poderás configurar as distintas redes wifi, modificar o nome e contrasinal do punto wifi e buscar a mellor canle para evitar interferencias.

Ademais, podes solicitar o estudo SOS wifi que nos permitirá mellorar, optimizar e solucionar incidencias da túa rede wifi. Entra na aplicación e pulsa internet > SOS wifi. + info

Configurar contas de correo

A app de R ponche moi fácil a creación e configuración das túas contas de correo R. Como sabes, por ser cliente da internet dispós de 5 caixas de correo gratuítos de 10 GB e tochomail R de 1 GB para enviar arquivos moi pesados.

Entra na aplicación e sigue a ruta configurar > configurar contas correo R. Dende aí podes crear unha nova caixa de correo ou editar unha conta existente para modificar os seus parámetros. + info

Controlar o gasto do teu teléfono móbil

Limita os consumos na túa factura de teléfono móbil. Sigue a ruta configurar > configurar móbilR > control de gasto e verás dúas opcións diferentes:

  • control de saldo: establece o que queres gastar ao mes en chamadas e mensaxes, só en consumo de datos ou ben sobre todo
  • control parental: controla canto gastar e, unha vez alcanzado o límite, a liña pode chamar ata a 5 números seleccionados

+ info

App de R controlar gasto teléfono móvil

Configurar as restricións na túa liña de móbilR

Selecciona os servizos que queres ter activos ou limitados no teu móbil para controlar o gasto. Sigue a ruta configurar > configurar móbilR > restricións on/off. Aí podes elixir as restricións que mellor che veñan para as chamadas nacionais e internacionais, enviar sms, conectar a internet ou servizos premium. + info

Configurar chamadas perdidas e en espera

Dende o móbil podes activar a chamada en espera para recibir novas chamadas mentres falas por teléfono ou desviar a chamada. Sigue a ruta configurar > configurar móbilR > configurar chamadas en espera.

Para configurar as chamadas perdidas, ve a configurar > configurar móbilR > configurar chamadas e aí poderás elixir se queres recibir un sms de aviso e en que circunstancia. + info

Configurar os desvíos de chamadas e contestador do teu móbilR

Para desviar as chamadas da túa liña móbil ao contestador ou a outro número de teléfono, dende a app de R vai a configurar > configurar móbilR > configurar desvíos. Aí poderás elixir cando desviar as chamadas, se tes o móbil apagado, comunicas ou non contestas. + info

Restrinxir chamadas no teléfono fixo

Controla o gasto e impide as chamadas a números de alto custo do teu teléfono fixo. Entra na app e pulsa teléfono > configurar teléfono > restricións de chamadas, selecciona a túa liña fixa e marca as restricións que desexes: números internacionais, números de tarificación adicional… + info

App de R restringir llamadas en teléfono fijo

Configurar o contestador do teléfono fixo

Activa a función “reenvío de mensaxe a correo electrónico” para recibir na túa caixa de correo as mensaxes que che deixen no contestador ou o fax. Entra na aplicación e sigue a ruta configurar > configurar teléfono > configurar contestador voz e fax. + info

Suspender temporalmente o teu combo marmota

Se tes contratado un combo marmota na túa segunda vivenda, podes suspender temporalmente o servizo dun dos teus combos directamente dende o móbil. Dende a app vai a os meus produtos e servizos > suspensión temporal de servizo, escolle o combo que queres suspender temporalmente e indica o día e a hora á que queres activar o combo da túa segunda vivenda e desactivar o teu combo principal. + info

Contactar con R

Dende a app de R tamén podes resolver as túas consultas vía chat, ademais de avisarnos dunha avaría, poñer unha reclamación, tramitar as túas citas e moito máis. Só tes que pulsar o botón contacta con R e atoparás varias opcións de xestión:

  • a miña cita de instalación: podes ver as citas pendentes, fixalas e modificar a data ou a hora.
  • avisar dunha avaría ou ver o seu estado: diagnóstico completo tanto para a túa conexión de internet como para o servizo móbil.
  • ver estado ou poñer unha reclamación: podes abrir unha nova reclamación ou consultar o estado das que abrises .
  • chat: podes chatear cun operador para preguntarlle calquera cousa todos os días laborables, de 10 a 22 h.

+ info

Como ves, poñémoscho moi fácil para que xestiones todo o que necesitas de forma rápida e sinxela dende o teu móbil a través da app de usuario de servizos R.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.