menú
iPad wifi de 9,7 pulgadas

Xa en R o iPad wifi de 9,7 polgadas

18/02/2019
Blog R

É tan potente como un computador e tan lixeiro como un móbil, é o iPad. A partir do 26 de febreiro leva na nosa tenda móbilR o iPad wifi de 9,7 polgadas e descubre o teu futuro novo imprescindible. Témolo en cor gris espacial por 13€ (IVE incl.) durante 24 meses.

Deseño

Potente, portátil e lixeiro, así é o iPad. Pesa menos de 500 gramos e o seu grosor de 0,75 centímetros farán que o leves contigo a todas partes. Para desbloquealo de forma segura só tes que tocar o sensor frontal Touch ID, co que tamén poderás facer compras a través de Apple Pay.

Unha vez dentro, atoparaste cunha espectacular pantalla retina de 9,7 polgadas cunha nitidez incrible, tecnoloxía IPS e resolución de 2048 x 1536 píxeles. E para empezar a fedellar nas súas funcións, tan fácil como tocar a pantalla cos xestos Multi-Touch. Permitiranche arrastrar imaxes ou arquivos dunha app a outra, achegar documentos a un mail e moito máis.

E se queres unha maior precisión podes usar o Apple Pencil (véndese por separado). Debuxa, subliña, pinta ou toma notas desde a pantalla coma se o fixeses cun lapis.

Tamén podes conectarlle un teclado Bluetooth (non incluído).

Cámara

Cámara traseira de 8 MPX con enfoque automático, apertura de f/2,4 e gravación de vídeo en 1080p HD. A cámara frontal FaceTime HD ten 1,2 MPX, apertura de f/2,2, retina Flash e vídeo en 720p HD. Pero non son só unhas cámaras de fotos, permítenche escanear documentos ou chamar por FaceTime.

Hardware

Apple deseñou o Chip A10 Fusion, o mellor procesador para que teñas a maior rapidez cando xogas, editas vídeos ou desfrutas das apps de realidade aumentada. E todo co sistema operativo máis persoal e seguro do mundo, o iOS 12.

Memoria de almacenamento de 32GB (16GB libres para o usuario) e unha RAM de 2GB. Tarxeta nanoSIM (compatible con Apple SIM) e conector lightning.

Tamén podes gardar na nube iCloud toda a túa biblioteca e acceder a ela dende calquera dispositivo. Suma a isto a app Arquivos que reúne nunha soa app todos os teus arquivos, incluídos os que teñas en Google Drive, OneDrive ou Box.

A batería de 32,4 vatios/hora darache autonomía para todo o día, ata 10 horas cunha soa carga.

O iPad é ideal para a multitarefa, busca, fala ou xoga á vez. Ademais, vén integrado cunha chea de apps que non sabías nin que estaban inventadas . E está deseñado para que as aplicacións de realidade aumentada mergúllenche como nunca antes.

Como ves, teno todo e máis. É a hora de facerte co túa iPad, non perdas un segundo e entra na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Francisco Calvo di:

    Buenos días.
    ¿Será solo la versión de 32 Gb o también la de 128 Gb?
    Un saludo.

  2. Avatar Antonio Vieiro di:

    Deseo suscribirme ao Boletín que indican. Grazas.