
Lanzamos X, a nova operadora móbil de R
Xa sabes que temos boa conta de todo o que nos pides. Algúns levades tempo pedindo tarifas máis centradas na xente nova, nos millenials e usuarios que non necesitades chamar tanto e tirades máis de datos. Así que decidimos lanzarnos ao mercado cunha nova marca, pensada para os usuarios máis novos. Dámoslle a benvida ao operador X, que comezará a ofrecer os seus servizos en toda España.
Contratar X é coma ir ao xastre, con tarifas nas que escolles os xigas que prefires e que, ademais, podes combinar con bonos ilimitados para usar por exemplo en Instagram, en Youtube, en Netflix ou en Spotify. Ti pide, que o tes en X 🙂
X dispoñible dende xaneiro
En xaneiro lanzamos a nova operadora móbil, X, que ten a peculiaridade de que as tarifas configúralas ti, indicándonos cantos datos queres e a que servizos adoitas conectarte.
Ademais temos unha sorpresiña para os primeiros clientes 😉
Atención 100% virtual
Pensando tamén o perfil ao que nos diriximos, non teremos teléfono de atención. Calquera consulta será a través das redes sociais, do correo electrónico e do chat.
Promoción exclusiva aos 50 primeiros
Os 50 primeiros en contratar unha tarifa a medida de X o 7 de xaneiro, gañarán un ano enteiro de facturas gratis. Pensamos que che viría ben que mandásemos ao noso community facerche o almorzo e limparche o piso durante un mes, pero non lle fixo moita gracia cando llo propuxemos. Así que te terás que contentar co ano gratis. Que non está mal, non?
Garda a nosa páxina en marcadores favoritos e ponte unha alarma no móbil o 7 de xaneiro para que non se che escape a promo!
ACTUALIZACIÓN: como algúns xa adivinastes, trátase dunha noticia publicada o 28 de decembro, co que é unha inocentada
4 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Jajajajaja. Feliz día de los inocentes!!!
Tienes razón David G. y dónde nos explican las tarifas disponibles para ir estudiando el tema???
La verdad que la INOCENTADA es MUY BUENA
Feliz a todos los que aun se consideran omnos consideramos Inocentes!!!!!
Falade cristián meus pequenos porcos celtas e deixade de rebuznar subdialectos condados coma os mugrentos hispanomusulmans.