
wificlientesR: necesito ter a app móbil aberta para conectarme?
Ola a todos. Algúns preguntádesvos se para conectarvos a wificlientesR tedes que abrir antes a app de R. E a resposta é non. Resulta máis sinxelo, para que complicarnos
O proceso é o mesmo que seguides para acceder á wifi da vosa casa, que vos pide só unha vez o contrasinal e o memoriza automaticamente para as seguintes conexións. WificlientesR funciona igual: para conectarvos necesitades configurar o servizo só unha vez. Neste post explicámosvos como facelo tanto se sodes titulares do contrato como se non. Recordade ademais que podedes configurar wificlientesR no voso móbil e tamén no portátil ou nunha tablet. Tedes toda a información aquí.
Despois de configurar wificlientesR xa vos esquecedes de calquera usuario e contrasinal porque o voso dispositivo quedará configurado e conectarase de forma automática, sen que teñades que facer nada. Para gozar de wifi gratis na rúa só teredes que pulsar sobre o botón de wifi do voso dispositivo. Así de simple
Esperamos tervos axudado. Atentos ás próximas entregas desta serie para coñecer máis detalles sobre wificlientesR.
Un saúdo!
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.