menú
WhatsApp, Instagram, Bizum… novidades 2022 nas apps que máis usas

WhatsApp, Instagram, Bizum… novidades 2022 nas apps que máis usas

24/01/2022
Blog R

WhatsApp lanza máis opcións para as mensaxes temporais, Instagram suxerirá que tomes un descanso e Bizum estaría a preparar unha opción para compartir gastos. Estas son algunhas novidades que trae o cambio de ano nas apps que máis abres cada día no teu móbil R.

Bota un ollo para tirarlles o máximo partido.

WhatsApp: nada é permanente

WhatsApp segue a combater a síndrome de Dióxenes no teu móbil 😉. E agora permíteche ver fotos e vídeos unha soa vez sen que se almacenen no teu teléfono. Ademais, vén de lanzar novas opcións nas mensaxes temporais.
 
Ti decides cando se eliminan as túas mensaxes
Antes, as mensaxes temporais desaparecían despois de 7 días. Agora podes elixir que se eliminen en 24 horas, 7 días ou 90 días.

E ti decides se queres configurar esta opción de forma predeterminada en todos os chats novos das túas conversacións individuais ou de grupo.

Sigue estes pasos:

  • Abre o chat individual ou grupal.
  • Toca o nome do contacto ou do grupo.
  • Pulsa ‘mensaxes temporais’.
  • Selecciona a duración.

Tamén podes configuralo dende os axustes de privacidade: selecciona “Duración predeterminada das mensaxes temporais” e indica o tempo que queiras.


 
Envía fotos e vídeos dunha única visualización
Cando ves unha foto ou vídeo en WhatsApp automaticamente descárgase no teu móbil e aí queda polos séculos dos séculos.

Isto acabouse coa nova función “Visualización única de fotos e vídeos”.

Será a túa salvación para eses selfies terribles que non queres que ninguén conserve no seu teléfono. Só se poden ver unha vez.

Neste vídeo aprenderás a enviar fotos ou vídeos de visualización única:


 

Instagram: tómate un descanso

Que nos pasamos horas facendo scroll infinito polo Feed de Instagram é unha realidade. E máis os adolescentes.

Por iso, a rede social lanzou a función “Tomar un descanso” en países como EE. UU. ou Reino Unido e pronto chegará aquí. Se levas moito tempo en Instagram, suxerirache que pares un pouco e fagas un descanso.
Instagram “Tomarte un descanso”

É que Instagram puxo o foco en protexer aos máis novos. En marzo lanzará unha ferramenta para que os pais poidan ver canto tempo pasan os seus fillos na plataforma e poderán poñer límites de duración.

Outras dúas novidades que traerá o 2022 a Instagram: ordenar as publicacións de forma cronolóxica e seleccionar aos teus usuarios favoritos.
 

Bizum: posible app propia

Este ano Bizum quere lanzar a súa propia app. Ou iso din os medios especializados. A app para enviar e recibir diñeiro non se pronunciou a respecto diso; pero ao parecer está moi interesada en dar a opción de compartir gastos dentro dun grupo.

O que si é unha realidade, e seguirase estendendo en 2022, é o pago de xestións administrativas, como as multas, dende Bizum.

Outra recente novidade da app foi a de pagar e cobrar premios con Bizum nas Administracións de Loterías e Apostas do Estado a través dun código QR.


 

Google Maps: evita as multitudes

Este Nadal Google Maps lanzou novas ferramentas para que poidas localizar zonas da túa cidade cheas de xente.

Ata o de agora, a app de mapas máis popular xa che avisaba se un local estaba demasiado masificado, pero dende hai unhas semanas ampliou esta función a unha zona ou barrio concreto, coa opción de ver as franxas horarias máis concorridas.

Ademais, agora Google Maps permíteche navegar por centros comerciais e aeroportos para que vexas rapidamente onde está unha tenda, mesmo en que planta se atopa.

Seguro que che aforrará moito tempo para atopar a tendaR no Marineda.
Google Maps Marineda
Agora tócache a ti probar todas estas funcións para que teñas unha mellor experiencia nas apps que máis usas.

Cóntanos, queres que che sigamos contando novidades das túas aplicacións móbiles?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.