menú

Voa gratis este verán ao coller un Galaxy S10 en R

05/07/2019
Blog R

Ola. O verán é o momento máis agardado do ano. Chega a estación na que moitos collen vacacións, teñen tempo libre e sol para desfrutar. Así que ademais de praia, de terraciñas e de paseos nos apetece tamén viaxar.

Se non tes pensado ningún destino aínda, co Samsung Galaxy S10 levas un voo gratis con Iberia. Si, si, como o les. Colles o smartphone en R e podes viaxar sen custo. E se este verán non podes, pensa con tranquilidade onde queres ir e voa no 2020

Condicións

A que mola a oferta? Se che gusta, tes ata o 31 de agosto de 2019 ás 23:59 horas para aproveitala. Se compras en R o Galaxy S10, levas un bono de 200 euros para calquera viaxe que queiras en Iberia.

Como activar a viaxe

Indicámosche os pasos:

    1. Unha vez que merques o terminal en R, debes crear unha cuenta en Samsung Account eacceder Samsung members > ventajas.
    2. Cubre os datos necesarios, incluíndo o número IMEI do terminal que mercaches en R e un correo válido.
    3. Activas o teu bono de 200 euros para usar na web de Iberia ata o 31/12/19. Podes coller calquera voo a 1 ano dende o día do cambio do bono.

Galaxy S10

O Samsung Galaxy S10 é un móbil que non necesita presentación, porque se trata dun dos terminais máis destacados do fabricante coreano.

Simplemente por resumirche, é o smartphone co que soñamos todos:

  • ten un deseño incrible cunha pantalla infinita de 6,10″.
  • cámara de nova xeración para disparar como un profesional. Na parte traseira tes tres cámaras (un teleobxectivo de 12 MPX, un grande angular de 12 MPX e un ultra grande angular de 16 MPX) e outras dúas cámaras para os teus selfies (unha de 10 MPX e outra de 8 MPX).
  • un procesador octa-core máis intelixente e 8GB de RAM que proporcionan un mellor rendemento cun menor consumo de enerxía.
  • batería de 3.400 mAh que carga máis rápido e che permite cargar outros dispositivos.
  • altofalantes estéreo e Dolby Atmos que che farán sentir como no cine.
  • sensor ultrasónico de pegada dactilar e recoñecemento facial.
  • 128GB de memoria

Se che interesa, pódelo levar por 32€ durante 24 cotas e un pagamento inicial de 87€. Ademais, lembra, levas a viaxe de regalo se o colles antes do 31 de agosto.

contrata aquí

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.