menú
Videollamadas en grupo en tu smartphone

Videochamadas en grupo no teu smartphone

23/03/2020
Blog R

Son días de estar separado do teus pero podes telos moi preto falando con eles cando queiras a través de videochamadas en grupo. Farache máis levadío o #EuQuedoNaCasa e poderás poñer en común os teus trucos diarios para estar entretido en casa.

Traémosche varias apps coas que podes facer videochamadas en grupo dende o teu móbil. Só tes que elixir a que máis che guste e se adapte a ti.

WhatsApp

A función videochamada grupal de WhatsApp permite facer videochamadas de ata catro participantes. Primeiro tes que abrir o chat de grupo coas persoas ás que queres contactar e tocar a icona de teléfono+, debes buscar ou seleccionar os contactos que queres engadir e pulsar a icona de videochamada. O resultado? A pantalla do teu móbil dividida en catro e… risas aseguradas. Esta opción está dispoñible en Android e iOS sempre que WhatsApp estea actualizado á última versión.

Os de WhatsApp explícanche aquí con detalle como facer videochamadas por se tes algunha dúbida.

Facebook Messenger

Hai tempo que Facebook Messenger ofrece aos membros da rede a posibilidade de chatear por vídeo cunha soa persoa ou cun grupo. Para empezar a falar cos teus amigos ou familiares debes ir ao icona chats e abrir unha conversación en grupo coas persoas coas que queiras iniciar un chat de vídeo. Podedes unirvos ata 50 persoas, así que ve pedindo quenda de palabra. Agora só tes que pulsar a icona da cámara e xa estades conectados. Está dispoñible gratis para Android e iOS.

É moi sinxelo, podes velo de forma máis gráfica aquí.

Skype

Con Skype podes facer videochamadas a grupos de ata 25 persoas, pero só poderedes vervos 10 ao mesmo tempo na pantalla do móbil: ao resto terás que conformarche con escoitalo. Para empezar unha videollamada grupal tes que buscar a unha persoa da túa lista de contactos, picar na icona da cámara de vídeo e despois engadir a outros participantes. Se queres saber máis, consulta toda a información. Skype está dispoñible para Android e para iOS.

Hangouts

É unha das apps que veñen preinstaladas na maioría de móbiles Android e por iso volveuse moi popular entre a xente máis nova. Con Hangouts pódense facer videochamadas grupais de ata 25 persoas. Ademais, é compatible con múltiples dispositivos, de forma que se chamas dende o móbil pódenche responder dende un PC. Para usalo abre hangouts.google.com ou a barra lateral de Gmail. Selecciona a unha ou varias persoas da lista de conversacións ou búscaas polo seu nome ou pola súa dirección de correo electrónico e fai clic nos seus nomes. Fai clic en Videochamada e… a chatear. Poderalas ver a todas en pantalla. Está dispoñible para Android e iOS.

Google explícache con detalle todas as opcións que tes de videochamada.

Instagram

Instagram tamén se sumou ás videochamadas en grupo. Podes utilizar o chat de vídeo con ata seis persoas coas mensaxes en privado. Para iniciar un chat de vídeo, ve á icona de Direct na parte superior dereita da sección de noticias. Unha vez dentro, pulsa a opción cámara e selecciona ás persoas que queres engadir á conversación. Tamén podes engadir a outra persoa a un chat de vídeo xa empezado. Instagram explícache como facelo en detalle. Instagram está dispoñible en Android e iOS.

Con calquera destas apps poderás manter o contacto coa túa pandilla e familia de forma súper fácil. Se coñeces algunha outra app chula para facer videochamadas en grupo, escríbenos un comentario.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

21 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Su di:

    Y para la gente mayor que no tiene Internet en el móvil como hacemos. No hay ninguna opción para hacer videollamada desde el móvil sin tener que usar ninguna de las aplicaciones arriba mencionadas?

  2. Avatar Juanjo di:

    Quiero saber cuánto consume el uso de videollamada por WhatsUpp y como puedo verlo en la web de mis facturas o similar

    • blog R blog R di:

      Hola, Juanjo.

      Nosotros no disponemos de contadores de datos según las aplicaciones que utiliza cada cliente, eso debes revisarlo en el apartado “consumo de datos” de tu terminal donde sí podrás ver una aproximación de los datos que consume cada aplicación. En nuestra web, en el apartado “consumo desde última factura” http://i.r.gal/cl puedes ver los consumos totales que vas haciendo diariamente.

      Un saludo.

  3. Avatar Javier di:

    Para as videochamadas fan falta datos, si queredes axudar un pouquiño para quedar na casa os dos moviles de R regalar algun bono de datos, axudade un pouquiño e de agradecer nestos dias dificiles

  4. Avatar ManuelRuben DominguezMosquera di:

    Buenas llevo con R desde el 2013 y queria saver cuando van regalar algo de datos otras cosas. Yaque solo me regalasteis una promocion de 4g durante 1 año y 20 g por unos problemas que huvo conla rec. Eso todo en 7 años. Hay otras compañias quelo hacen

  5. Avatar Freddy di:

    Non nos esquezamos de duo , ademais Vai moito millor que moitas grazas

  6. Avatar Montse di:

    Bos días. Non consigo activar o bono de 15 xigas no enlace directo.
    ¿Qué pasos debo seguir dende a App?
    Grazas.
    #Euquedonacasa

  7. Avatar Julia di:

    Hay una app que se llama house party, que además de hacer videollamadas puedes jugar con tus amigos en línea.

  8. Avatar Alberro di:

    Fantástico
    Hagamos videollamadas con una velocidad de 2,1 de bajada y 16 de subida. Llevo así más de un mes. He avisado de mas de diez averías y aún espero que un técnico se pase por el domicilio. Tengo contratados 200de bajada y 20 de subida. Y pago mantenimiento bronce.
    EMPRESA DE INÚTILES, ACABARÁ CON DEMANDA EN CONSUMO

  9. Avatar Laura di:

    Quiero hacer una videollamada normal, con el teléfono, la de toda la vida, he actualizado la app del teléfono a marzo 2020 y aún así cuando intento videollamar hay contactos a los q me deja y otros en los q el icono videollamada aparece en sombreado y no me deja. Como lo soluciono?

  10. Avatar César di:

    As videoconferencias comen os datos e despois empezas a pagar un bono de un giga por 5 euros por defecto. Ti non o pediches, pero R prefire cobrarche (ás agochadas: porque cando te chega a mensaxe xa vai cobrado) para que sigas tendo conexión. 1 giga, 5 euros, cando en amena en casa che dan 40 gigas por 10 euros. E iso que ainda tiña o bono de mequedoencasa, pero claro hai que ir e activalo, porque senon si que son bos de balde e comprensivos coa situación de confinamento do coronavirus. Non é exclusivo de R, xa sei, son todas as empresas que, cando tornas as costas dous minutos, xa meteron a tarifa que sexa. Bueno, xa está. Opinións.