
O último de Samsung vén con regalo
E que regalo! Uns auriculares sen fíos Galaxy Buds+ pola compra do novo Samsung Galaxy A52 5G, que xa podes estrear en móbilR. A nova serie A quere democratizar as innovacións de Galaxy para todos/as e non podemos estar máis de acordo.
A52, resistencia á auga e batería de longa duración
Samsung pon o último da súa tecnoloxía ao alcance de todo o mundo. Por iso o A52 resiste á auga, incorpora unha batería que dura dous días e carga rapidamente.
Toques de comodidade: deseño curvo e desbloqueo por pegada dactilar na pantalla.
Incorpora dous altofalantes para un son cinematográfico nas túas pelis ou xogos, que verás máis grandes na súa pantalla Infinity-O de 6,5″. Precisamente para os xogadores ten unha gran vantaxe, xa que aprende dos teus patróns de uso para optimizar a batería, a temperatura e a memoria do teléfono.
E falando de memoria, poderás almacenar máis e borrar menos, grazas aos seus 128GB de almacenamento, ampliables a 1TB cunha tarxeta microSD.
Para facer varias tarefas á vez con total fluidez, o A52 leva un procesador octa-core avanzado e 6GB de RAM.
E para o final, o mellor: a súa cámara. A principal ten 64 MPX e estabilizador de imaxe para que saques fotos nítidas mesmo con pouca luz. A lente ultra grande angular de 12 MPX e visión de 123 graos vai xenial para panorámicas. A lente macro de 5 MPX céntrase nos pequenos detalles e deixa desenfocar o fondo.
Completan a cámara a lente de profundidade de 5 MPX e a selfie de 32 MPX para retratos claros e de alta resolución durante todo o día.
Galaxy Buds+, o complemento para o teu A52 de regalo
Pola túa cara bonita levas uns auriculares inalámbricos. Un complemento básico para:
- Esquecerte dos cables, que coa máscara xa tes bastante
- Conectalos ao teu móbil
- Contestar chamadas con só un toque no auricular
- Falar sen ter que gritar, grazas aos seus tres micros
- Escoitar música ata 11 horas sen cargalo
- Consultar no móbil a batería dos buds e do estoxo de carga
Faite xa na nosa tenda móbilR co novo Samsung Galaxy A52 e leva este ‘regalazo’.
2 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Todo muy bonito pero que precio tiene.
Hola, Alexis.
Puedes ver el precio tanto financiado como pagándolo al contado en el enlace indicado en la publicación al que puedes acceder aquí: http://i.r.gal/5ct
Con cualquier duda ya me comentas.
Un saludo.