menú
móbilR

Toda a información sobre o teu móbilR

22/02/2018
Blog R

Botámosche un cable para resolver calquera dúbida que teñas sobre o teu móbilR. Cada móbil esconde os seus misterios e ás veces non atopamos facilmente a maneira de configurar o acceso a internet, copiar as fotos ou pasar os contactos dun móbil antigo a un novo. Conscientes do tedioso que pode chegar a ser, tentamos darche todas as respostas. Non somos a Wikipedia, pero sabemos do que falamos. Pregúntalle ao oráculo de R .

  • manuais de descarga: na web de descargas colgamos os manuais orixinais de todos os teléfonos móbiles que vende R.
  • guías de uso móbilR: ás veces nos manuais non atopamos todas as solucións aos nosos problemas. Por iso creamos este portal, no que atoparás unha chea de titoriais sobre o móbil que selecciones. Explicámosche paso por paso todo o que necesitas saber sobre o teu móbil, dende o primeiro contacto ata como actualizar o software. Contámosche como activar o acceso a internet, descargar aplicacións, configurar o correo ou a wifi, xestionar a caixa de correos de voz, establecer patróns de seguridade, xestionar as túas fotos e moito máis. A verdade que é super útil. Non poderás vivir sen esta páxina .
    Guías de uso móbilR
  • blog móbilR: no blog podes botarlle un ollo ás reportaxes dos terminais do catálogo de móbiles de R. Resumimos todo o que tes que saber sobre os móbiles e recompilamos os vídeos dos fabricantes para que vexas o máis destacado nuns minutos. Ademais, podes deixarnos os teus comentarios ou dúbidas.
  • foros R: o noso equipo do soporte técnico sempre terá a resposta ás dúbidas que che xurdan. Non te cortes, que son moi simpáticos . Tamén podes seguir os fíos de conversación doutros usuarios sobre un tema concreto que pode resultarche de axuda.
  • respuestas: se o que buscas é axuda sobre os servizos do teu móbilR, na nosa web atoparás máis respostas que en Google .

Como podes ver o noso obxectivo é simplificarche a vida. E xa sabes, que para o que necesites tesnos á túa disposición na nosa app ou web.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.