menú
Dale a tus stories de Instagram tu toque personal con los stickers de R

Dálle ás túas stories de Instagram o teu toque persoal cos stickers de R

28/07/2021
Blog R

Este verán dálle ese punto tan noso ás túas stories de Instagram. Coñeces os nosos stickers? Se non é así, xa estás a tardar en usalos.

É súper sinxelo: creas a túa storie e pulsas sobre a icona de sticker que verás na parte superior da pantalla. No buscador escribes “R Galicia” e aí apareceranche todas estas opcións para tunear as túas stories.

Un sticker para cada situación

Cambia o happy birthday por algo máis galego.
Stickers de R para tus stories de Instagram

E aos teus amigos saúdalles o día, despídete ou mándalles un bico dos que fan ruído como ten que ser.
Stickers de R para tus stories de Instagram

Para as enchentas do verán, tira de retranca. E a esa storie coa mariscada que che vés de pegar ou coa torta de queixo ponlle un sticker R.
Stickers de R para tus stories de Instagram

O típico día de verán galego cando non quere saír o sol, engádelle ao teu selfie co paraugas un toque humor.
Stickers de R para tus stories de Instagram

E para deixar o teu selo inconfundible de galego de toda a vida en calquera das túas stories, busca nos stickers de R estas expresións tan nosas, que valen para todo 😉.
Stickers de R para tus stories de Instagram

Ademais de facelo en Instagram, podes utilizar os stickers noutras redes e mensaxería. Dende a app Giphy para móbiles Android ou iOS busca por “R Galicia” e aí apareceranche para descargar ou compartilos directamente en WhatsApp, Facebook, Twitter, Pinterest, Snapchat ou Telegram.

E ti, xa utilizas os stickers de R? Cóntanos cal che gusta máis.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.