menú
seguromobil

Seguro móbil con R

26/02/2019
Blog R

Por máis que coides do móbil, sempre pasan cousas. O 50% da poboación mundial recoñece ter andado coa pantalla do móbil rota, e a razón principal é que é moi caro arreglala, recoñéceste nesta afirmación? Isto non o dicimos nós, senón un estudio a nivel mundial impulsado por Motorola. Dende 2,5€ ao mes podes quedar tranquilo e ter a seguridade de que non vas quedar sen terminal.

Seguro contra furto

Pode que sexas da outra metade con sorte, e a túa pantalla estea intacta. Pero, que me dis dos roubos? En España róubanse 31 móbiles á hora, as probabilidades de que nos pase a calquera dos dous son altas. Para estar preparado para imprevistos coma este recomendámosche o seguro móbil de R.

Segundo a cobertura que precises, podemos ofrecerche dúas modalidades:

  • Seguro móbil: é o seguro básico e inclúe rotura e oxidación accidentais. Podes contratalo dende 2,5€ ao mes (IVE incl.) con dous meses gratis.
  • Seguro móbil ouro: é un servizo superior. Dende 3,5€ ao mes (IVE inc.) podes desfrutar deste seguro que inclúe, ademais das coberturas anteriores, roubo e furto.

Toda a cobertura dende 3,5€ ao mes

Se o teu terminal se estraga ou cho rouban, repararémolo ou cambiarémoscho por outro de similares características. E no caso do seguro móbil ouro, tamén nos facemos cargo do uso fraudulento que poida facer do terminal roubado.

O prezo mensual do seguro virá determinado polo prezo do terminal que adquiras. Entre os 2,5€ e os 10€ o seguro móbil, e dos 3,5 € aos 11 € o seguro móbil ouro.

Sen compromiso de permanencia

Trátase dun servizo exclusivo para terminais mercados en R que terás que contratar nun máximo de 15 días despois da compra.

O pago é mensual e será incluído na túa factura como calquera outro servizo de R.  A pesar de que a póliza ten unha duración dun ano, renovable de xeito automático, se o desexas, podes dalo de baixa cando queiras. Non te acolles a permanencia.

Coma sempre, con calquera dúbida, por aquí andamos 😉

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar jose di:

    Habeis cambiado las tarifas según veo en la web y algunas han bajado de precio ¿no vas a poner ningún comentario?