menú
Samsung lanza los nuevos S22, su serie más esperada, con un regalo muy especial

Samsung lanza os novos S22, a súa serie máis esperada, cun regalo moi especial

15/02/2022
Blog R

As marcas de móbiles saben como xerar a máxima expectación con cada lanzamento. Samsung é un experto e volve facelo cos novos S22. Coa precompra do S22, S22+ e S22 Ultra regálache uns auriculares Galaxy Buds Pro. Consígueos xa na nosa tenda móbilR.

Antes de coñecer os detalles destes modelos, queres saber por que Samsung o peta cada vez que estrea unha nova serie de móbiles?

Radiografía dun lanzamento Samsung

Cada ano os fabricantes de móbiles preséntanlle ao mundo os seus novos buques insignia, os seus móbiles máis top. E convérteno no acontecemento máis esperado. Como?:

  • Unpacked: Samsung sabe xogar ao misterio como ninguén e non solta peza das características dos seus novos modelos ata o seu lanzamento. E faino en eventos en streaming para todo o mundo.
  • Precompra: non hai nada máis exclusivo que ser o primeiro. E máis se podes levar regalos únicos, como uns auriculares ou outro complemento para estrear o máis novo da marca.

E así é como consegue que unha chea de fans esperen ansiosamente ter nas súas mans a estrea do ano.

Dúas curiosidades máis:

  • Cada modelo da serie S coincide co ano do seu lanzamento dende 2020. Como estamos en 2022, pois estes son os S22.
  • E esa letra S significa ‘Supersmart’. É dicir, o máis do máis.

Prelanzamento da nova serie S con regalo


Samsung presenta a súa nova serie Galaxy S22 cuns Galaxy Buds Pro de regalo. A promo dura do 9 ao 24 febreiro pola precompra dos modelos Galaxy S22 e S22+, e do 9 de febreiro ao 10 de marzo pola compra do S22 Ultra.

Consulta aquí todos os detalles da promoción.

Desafía a noite, rompe as regras da luz

Cada nova serie de Samsung inclúe 3 modelos, 3 irmáns moi parecidos que varían en aspectos como tamaño da pantalla, batería ou cámara de fotos.

Así son os novos S22:

  • Samsung Galaxy S22 dende 36€: pantalla 6,1”, cámara principal 50+12+10 MPX e cámara selfie 10 MPX, 128GB de memoria de almacenamento, 8GB de RAM, batería de 3700 mAh, Android 12 e 5G.
  • Samsung Galaxy S22+ dende 38€ e pago inicial de 142€: pantalla 6,6”, cámara principal 50+12+10 MPX e cámara selfie 10 MPX, 128GB de memoria de almacenamento, 8GB de RAM, batería de 4500 mAh, Android 12 e 5G.
  • Samsung Galaxy S22 Ultra dende 45€ e pago inicial de 145€: pantalla 6,8”, cámara principal 108+10+10+12 MPX e cámara selfie 40 MPX, 128GB de memoria de almacenamento, 8GB de RAM, batería de 5000 mAh, Android 12 e 5G.

Elixe o que máis se axusta ao que estás a buscar e aproveita o prelanzamento para levar de regalo uns auriculares Galaxy Buds Pro.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. MARIA di:

    CANDO VAI A VER OUTRA VEZ A PROMOCIÓN…POR FAVOR
    NECESITO CAMBIALO MOBIL