menú
Estrena el nuevo Samsung Galaxy A52S en R y llévate un año de Amazon Prime

Estrea o novo Samsung Galaxy A52S en R e leva un ano de Amazon Prime

19/10/2021
Blog R

A nova versión do móbil máis vendido por Samsung nos últimos anos trae de agasallo un ano de Amazon Prime. Goza de envíos gratis e as mellores estreas de televisión, como o esperado docu de Maradona. Aproveita para estrear o Samsung Galaxy A52S en R e convértete en Prime dende 18€/mes.

Samsung Galaxy A52S

A52S, rendemento superior a un prezo alcanzable

Samsung petouno co A52, e agora lanza unha versión mellorada, o Galaxy A52S 5G pensado para ti.

Para que teñas unha experiencia visual máis completa coa súa pantalla Infinity-O de 6,5 polgadas. Para que saques fotos de calidade con 4 lentes 64+12+5+5 MPX e unha selfie de 32 MPX. Para que te entreteñas xogando con gráficos nítidos e movementos realistas, mentres Game Booster optimiza a batería, temperatura e memoria do teléfono.

Para que cargues moi rápido a batería de 4.500 mAh. Para que almacenes máis fotos e vídeos sen ter que descargalas cada pouco tempo, grazas aos seus 128GB de almacenamento. Para que a auga lle escorregue. Resiste ata 1 metro durante 30 minutos.

E para que fagas varias tarefas á vez de forma fluída co seu procesador Octa-core e os seus 6GB de RAM. Así podes facer as túas compras máis rapidamente en Amazon e gozar de todas as estreas á carta de Prime Video.

Envíos gratis e entretemento sen fin

En R regalámosche un ano de Amazon Prime co novo Galaxy A52S.

  • Envíos rápidos, gratis e ilimitados sen custo adicional.
  • Almacenamento de fotos gratis e ilimitado.
  • Prime Reading, Amazon Music, Prime Gaming.
  • Series Amazon Originals, só en Prime Video.
  • Películas e series de estrea todas as semanas.
  • Podes velo no deco 4K e gozalo na túa TV de forma sinxela.

Que podo ver en Amazon Prime Video en outubro?

Este mes vén cargado de estreas. Unha das máis esperadas é o documental ‘Maradona: Sueño Bendito’, dispoñible en Amazon Prime Video dende o venres 29. A serie conta a historia de Diego Armando Maradona, un neno dunha vila arxentina que se converteu nunha estrela do fútbol. O seu xogo suscitou admiración dende os seus inicios en equipos da súa Arxentina natal e converteuse nun ídolo mundial.

Se che apetece unha peli, Amazon Prime Video estrea a última de Mark Wahlberg. Evan McCauley ten habilidades que nunca aprendeu e recordos de lugares que non visitou. Automedicado e ao bordo do colapso mental, un grupo secreto que se autodenomina “Infinitos” acode ao seu rescate, revelando que os seus recordos son reais. Podes ver ‘Infinite’ dende o venres 22 de outubro.

E se queres engancharte a unha serie, volve o clásico dos 90 ‘I Know What You Did Last Summer’. Nunha cidade chea de segredos, un grupo de adolescentes é acosado por un misterioso asasino un ano despois dun fatal accidente na súa noite de gradación. Queres saber como acaba? Descúbreo ti mesmo porque xa está dispoñible en Amazon Prime Video.

Como ves, tes onde elixir.

Aproveita as vantaxes de ser Prime en R. Leva o novo Samsung Galaxy A52S e goza dun ano de Amazon Prime.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.