menú

Roaming en móbilR: activado por defecto no Espazo Económico Europeo

09/08/2018
Blog R

Ola. Hoxe queremos comunicarche unha noticia que pensamos que che facilita a vida como usuario de móbilR. E é que xa non tes que activar o roaming na túa liña cada vez que viaxes a Portugal, Francia ou Italia.

Como sabes, desde xuño de 2017, chamar e conectarse a internet dentro do Espazo Económico Europeo non ten ningún custo extra para ti. É dicir, que eses consumos son como se os fixeses en España, co que se tes unha tarifa plana, non levarás ningún susto na factura.

Comodidade

Como Galicia está moi preto de Portugal, en móbilR non tiñamos activado por defecto o roaming. Así evitabamos no seu día que, se estabas preto da fronteira, te conectases sen querer a unha antena móbil portuguesa, co consecuente custo. Agora este temor xa non existe. Así que en R traballamos para que non teñas que activar o roaming naqueles países onde non ten custo para ti.

É dicir, trátase de algo moito máis cómodo e sinxelo para ti como usuario. Co que se vas a Alemaña, que está dentro dos países do Espazo Económico Europeo, xa non tes que te preocupar de se activas ou non na liña o roaming.

Países

Por se non tes claro cales son os países onde xa podes falar e navegar por defecto, deixámosche aquí a listaxe.

Non teñen ningún custo extra no teu móbilR as comunicacións en Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia (illas de Reunión e Guadalupe incluídas), Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda (Eire), Islandia, Italia/Vaticano, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal (Azores e Madeira incluídas), Reino Unido (non se inclúen as illas de Man, Bailía de Xersei e Bailía de Guernsey), República Checa, Romanía, Suecia e Xibraltar.

Cando activar o roaming

Lembra que, a partir de agora, deberás activar o roaming só cando viaxes a un país fóra do Espazo Económico Europeo. É dicir, se viaxas a Andorra, Suíza, Rusia, Estados Unidos, China… debes ir antes á nosa app ou web de clientes e indicar que queres usar o servizo.

Agora poñémoscho máis fácil, para que nos digas se queres chamar e navegar, ou só chamar. Lembra que na nosa web podes ver os prezos das tarifas en roaming.

roaming en móbilR

Recomendacións

Lembra que nalgúns terminais móbiles debes ter marcado nos axustes o uso de roaming ou de itinerancia para que o servizo funcione correctamente. Ademais, cando chames a España, non esquezas poñer diante do número o prefixo 34 ou 0034.

Se tes o roaming activado na túa liña e ao chegar a un país non che colle rede automaticamente, proba a buscala de forma manual. Pódelo facer dende axustes > máis > redes móbiles > operador. Aínda que algún operador che apareza co símbolo de prohibido, selecciónao igualmente.

Esperamos que che guste esta noticia. E, coma sempre, quedamos á túa disposición con calquera dúbida.

Un saúdo

Foto de Clem Onojeghuo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Juan Manuel Gómez del Río di:

    Buenas tardes.

    He estado en Portugal el anterior fin de semana, con todo activado, roaming de voz y datos, y fui incapaz de llamar a teléfonos de otros amigos que viajaban conmigo y menos a fuera de Portugal.
    Eso mismo ya me pasó hace tres años en otra visita más larga en la zona de Aveiro (Portugal). No quiero ni pensar que estuviese en un país de la UE más lejano y más tiempo.
    En la anterior ocasión, le eché la culpa al tf…, pero ahora con un móvil nuevo y con todo correcto, haciendo todas las pruebas que me indican en su página, por ejemplo marcar el 0034 o 34 con el número al que llamar, fue totalmente agobiante.
    Otros moviles que viajaban conmigo no tuvieron problema alguno.

    Requiero que me indiquen cual puede ser el problema, pues van ya 2 veces y una tercera vez, ya sería demasiado. Intentaría entonces cambiar a otra operadora, pues como digo, los demás no tuvieron restricción alguna.

    Un saludo

    • Hola, Juan Manuel.

      De verdad que siento las molestias, porque es fundamental estar comunicado cuando se viaja.

      ¿Sabes si el terminal cogía red? Es decir, ¿te indicaba que estaba operativo con el operador Optimus, por ejemplo, o bien te decía que estabas sin servicio? Es para ir descartando opciones.

      Un saludo y siento de nuevo lo sucedido.

      • Juan Manuel Gómez di:

        Buenas tardes.

        Me ponía solo llamadas de emergencia (SOS Portugal) y nigún operador ni TMN, ni Vodafone Portugal y tampoco Optimus. Sin embargo, tenía datos perfectamente.

        Porque el operador lo tenía en automático, no creo que fuese un problema de selección. Los otros móviles que viajaron conmigo no hicieron absolutamente nada, simplemente llamaron.

        Un saludo

        • Hola, Juan Manuel.

          Hay terminales que no cogen automáticamente la red. Por ese motivo, si no aparece ningún operador, lo que recomendamos es que se vaya al menú de ajustes > redes móviles y se busque manualmente una red. En la mayoría de los casos lo que vemos es que ha pasado eso, que el terminal no coge red automáticamente. Pero buscando la red a mano no hay problema.

          En otros casos lo que sucede es que hay una restricción en la línea, con no permitir llamar, pero entiendo que este no era el caso.

          Un saludo.

  2. Daniel di:

    Ola. En relación aos GB de datos, ¿vaise manter a cantidade no estranxeiro, como se estivesemos na Galiza?

    Gracias,