menú
Móviles de R Samsung Galaxy S10 y Samsung Galaxy S10+

Móbiles de R: Samsung Galaxy S10 e S10+

22/02/2019
Blog R

Samsung presenta a nova xeración de innovación móbil cos Samsung Galaxy S10 e Samsung Galaxy S10+. Deseño extraordinario, pantallas Infinity-O con AMOLED dinámico, sensor ultrasónico de pegada dactilar, autenticación biométrica, resistencia á auga e ao po, cámara intelixente de 5 lentes, batería intelixente de 24 horas que podes compartir con outros dispositivos, memoria RAM de ata 8GB, almacenamento de 512GB (256GB libres para usuario), procesador octa core 1,9 Ghz e android 9.0. Como ves, unha pasada.

Leva o Samsung Galaxy S10 en cor negra e o Samsung Galaxy S10+ en cor branca na nosa tenda móbilR.

Deseño

As novas pantallas Infinity-O permítenche unha visualización continua. Usando tecnoloxía de corte láser de precisión, conseguen ocultar a cámara na pantalla para que nada interrompa a túa visión.

O AMOLED dinámico de nova xeración ofrece maior contraste, brillo e cores reais tanto de día como de noite. O S10 ten unha pantalla de 6,10 polgadas e o S10+ de 6,40 polgadas.

En canto ao deseño, marco de metal puído, pantalla Gorilla Glass 6 e resistencia á auga e ao po. Samsung leva o sensor ultrasónico de pegada dactilar á parte dianteira para que poidas desbloquear ou abrir aplicacións con só tocar o cristal. Podes elixir o método que prefiras para manter seguro o teu Samsung, a través de recoñecemento facial, pegada dactilar, PIN, patrón ou contrasinal.

Bótalle un ollo :

Cámaras

Os Samsung Galaxy S10 e S10+ contan con nada menos que 3 cámaras traseiras: 16+12+12 MPX.

  • 12 MPX cámara teleobxetivo para fotos con zoom
  • 12 MPX cámara gran angular con apertura dual e modos F2.4 e F1.5 para momentos diarios
  • 16 MPX cámara ultra grande angular para paisaxes panorámicas con 123 graos de visión

Na parte frontal, o S10+ dispón de dúas cámaras de 10+8 MPX e o S10 dunha de 10 MPX.

  • 10 MPX cámara para selfies
  • 8 MPX cámara de profundidade RGB

Hardware

Procesador e RAM avanzados para a máxima potencia. Procesador octa-core 1,9 Ghz, 8GB de RAM, CPU ata un 29 % máis rápida e GPU ata un 37 % máis rápida.

Dispón dun sistema de refrixeración por cámara de vapor, melloras de rendemento baseadas en IA e GPU optimizada para garantir unha experiencia de xogo fluída, sen saltos nin sobrequecemento.

Tarxeta dual nanoSIM, almacenamento de 512GB (256GB dispoñibles para usuario) no S10+ e 128GB (64GB dispoñibles para usuario) no S10, que podes ampliar con tarxeta microSD. Sistema operativo android 9.0.

E en canto a autonomía, outro planeta. Agora co PowerShare podes compartir a carga do teu móbil con outros dispositivos certificado Qi e algúns wearables Samsung.

A batería de 3400 mAh. do S10 e de 4100 mAh. do S10+ daranche unha autonomía de 24 horas. Os Galaxy S10 e S10+ aprenden as túas rutinas diarias e patróns de uso para pechar as aplicacións que non necesitas. E así aforras enerxía .

Reserva xa na nosa tenda móbilR os teus novos Samsung:

> Samsung Galaxy S10
> Samsung Galaxy S10+

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Manuel di:

    Que cores hai no Sansung Galaxy S10+ e que prezo rendimiento libre. Un saudo.

  2. Avatar José Ramón di:

    Quisiera saber como puedo financiar el S10+ SIY CLIENTE DE R por favor me podrían responder

  3. Avatar Bernie Berroa di:

    hola, buenas tardes, yo hice la precompra el dia 27 y ya estamos a 12 de marzo y aun no tengo el terminal.