menú
Los regalos de Navidad han cambiado

Os regalos de Nadal cambiaron

14/12/2021
Blog R

Entretívonos, mantívonos conectados e facilitounos a vida. E, sobre todo, veu para quedar. O Nadal pasado xa apuntou maneiras, cun aumento do gasto en tecnoloxía, e este ano é xa o regalo máis buscado. Así que, pide o teu desexo en R.

 

Para os do móbil novo: Xiaomi Redmi 9T e Oppo Find X3 Lite

Xiaomi Redmi 9T
O Xiaomi Redmi 9T aguanta o que lle botes. Os seus 6000 mAh danche enerxía para pasar varios días sen ter que cargalo. Ademais, manterase sen desgaste durante máis de 4 anos.

Ten unha pantalla de 6,53 polgadas FHD e deseño texturizado para evitar a marca das pegadas. Só necesitarás unha para desbloquealo na parte lateral ou facelo por recoñecemento facial.

Para facer fotos profesionais, o Redmi 9T incorpora unha cámara cuádrupla: a principal de 48 MPX, un sensor ultra grande angular de 9 MPX, un sensor de profundidade de 2 MPX e unha cámara macro de 2 MPX. A frontal para selfies ten 8 MPX.

E para almacenar todas as túas fotos ou vídeos time-lapse contas con 128GB, ampliables ata 512GB cunha tarxeta microSD.

Regálao por 9€/mes na tenda móbilR.

Oppo Find X3 Lite
O Oppo Find X3 Lite é ideal se lle pides algo máis a un móbil: máis cámara, 64+8+2+2 MPX e frontal de 32 MPX; e máis memoria RAM, 8GB, para un rendemento fluído.

Destaca a calidade do vídeo. Se queres gravar algunha escena de noite, a función IA Highlight Video ilumina o plano de forma intelixente. Ademais, podes capturar ao mesmo tempo a imaxe da cámara traseira e frontal, para ver que cara pos.

A súa batería de 4300 mAh dáche bastante autonomía, pero o mellor é que coa súa carga superrápida volves ter ao 100% en só 35 minutos.

Outros datos destacados: pantalla de 6,4 polgadas, capacidade de almacenamento de 128GB e Android 11.

Regálao por 15€/mes na tenda móbilR.

 

Para os trendies: Xiaomi Mi Electric Scooter 3

Xiaomi Mi Electric Scooter 3
Se queres un patinete, pídello a R.

Velocidade e seguridade danse a man no Xiaomi Mi Electric Scooter 3. Alcanza o 25 km/h para cando tes moita présa, pero podes elixir os modos peón ou estándar para ir ao teu ritmo. Ademais, incorpora un novo freo de disco traseiro de dúas pastillas para unha maior estabilidade.

Irás máis protexido co seu sistema de iluminación: LED de advertencia traseira e reflectores na parte dianteira e laterais.

E en canto ao deseño: corpo de aluminio lixeiro e resistente, que pregas en 3 pasos para que sexa máis doado gardalo.

Regálao por 18 €/mes na tenda móbilR.

 

Para os que se coidan: Oppo Band Sport e ZTE Live Buds

Adestra coa túa música favorita, sen cables e monitorando o teu rendemento ao instante.

ZTE Live Buds
Cos ZTE Live Buds podes escoitar música ou atender chamadas con só un toque no auricular. Son lixeiros e cómodos para as orellas, resisten á auga, conéctanse por Bluetooth e son compatibles con Android e iOS. Ademais, a súa batería dura ata 20 horas.

Regálao por 35€ na tenda móbilR.

Oppo Band Sport
A Oppo Band Sport non só che vale para facer deporte, notifícache mensaxes e chamadas que chegan ao teu móbil, sérveche como reloxo de pulso que personalizas con 40 deseños, podes ducharte con el porque resiste á auga e dura ata 12 días cunha soa carga completa.

Regálao por 35€ na tenda móbilR.

 

Para os de sofá, peli e manta: Televisor LG 4K LED 55 polgadas

Televisor LG HD LED 55 pulgadas
Para que non haxa pelexas entre os da Pedroche e os da Obregón, dá a badalada cun televisor novo para a familia.

Goza das festas nunha pantalla de 55 polgadas e calidade 4K televisor 4K LED de LG. Unha Smart TV con sistema operativo SmartTV webOS 4.5, 2 portos USB e 3 HDMI.

Regálao por 22€/mes na tenda móbilR.

Pide xa a túa lista de desexos en R e goza destes regalazos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.