menú
R tendrá su propia marca de móviles

R terá a súa propia marca de móbiles

28/12/2019
Blog R

Apple, Samsung, Xiaomi, Huawei, Honor… e agora KRT. Si, liches ben, lanzámonos a unha aventura que poderás desfrutar moi pronto. Lanzamos unha nova liña de terminais móbiles fabricados por nós mesmos. Unha marca propia que nos permite ampliar a nosa oferta de catálogo e ofrecerche algo diferente e personalizado. Cremos que é unha moi boa noticia que queriamos compartir contigo para despedir o ano.

Seguro que che preguntarás que teñen de especial. Non, non descubrimos a pólvora pero si que somos pioneiros en ofrecer o novo sistema operativo HarmonyOS que desenvolveu Huawei.

HarmonyOS

Quixemos apostar por unha nova liña, diferente a iOS e Android. Por iso os móbiles KRT funcionarán co sistema operativo HarmonyOS. Desmárcase dos seus competidores por ser un sistema multidispositivo, é dicir, transversal a todos os dispositivos que teñas. Sen dúbida, será o futuro da telefonía móbil.

Pero tranquilo, todas as túas aplicacións habituais como Whatsapp, Instagram, Facebook… funcionarán igual que sempre. De feito, fomos un paso máis aló, e os terminais KRT xa veñen coas nosas apps preinstaladas. Así non terás que ir mercalas noutra aplicación, pois terás un acceso directo á app de clientes e a tv comigo.

Pensados para ti

Á hora de escoller móbil, cada persoa ten as súas preferencias e necesidades. Para lle dar resposta a cada perfil, imos lanzar durante o próximo ano catro terminais: para os que buscan un terminal bo e barato, para os que queren o mellor rendemento para traballar, para quen a cámara é o primeiro e para os que prefiren un terminal clásico, con teclas grandes e funcións básicas.

E o mellor de todo, ampliamos a duración de financiamento ata en 32 meses. Así poderás dividir o pago en máis prazos para non estar afogado.

Fai xa a túa reserva

Poderán contratar os novos móbiles KRT as persoas clientes de R que teñan algún servizo contratado connosco.

Lanzaremos o primeiro smartphone durante o primeiro trimestre de 2020, pero xa podes facer agora a túa reserva aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar fernando rodriguez di:

    LLevo toda la mañana pegado al móvil para conectar con R
    por favor me gustaría poder hablar con Ud Gracias

  2. Avatar Rad di:

    Para que ponéis que se puede hacer reserva . Cuando nos mandáis aun anuncio.nos tomáis por tontos

  3. Avatar Jose di:

    Non dades cobertura nin esim. E sacades moviles.
    ¿sera una inocentada o dos moviles?
    Non tedes bergoña

  4. Avatar DAVID G. di:

    Que poco sentido del humor que tienen algunos…lo que hay que ver…la inocentada muy buena! Sobretodo el enlace!!! Jajajaja. Feliz año. Y mucha felicidad para algunos de los que comentan la broma! La necesitarán.