menú

Xigas e máis xigas gratis nas tarifas de móbilR

28/11/2017
Blog R

Ola. En ocasións o tempo corre tan de présa que mete medo. Xa dicía John Lennon que “a vida é aquilo que che vai sucedendo mentres estás ocupado facendo outros plans”. Pois ben, hoxe o noso plan é agradecerche enormemente a túa confianza. E non con palabras bonitas, senón con feitos.

Grazas pola túa confianza en R. Grazas por confiar nun pequeno operador galego que, como din as avoas, se Deus quere no 2018 fará dúas décadas dando servizo, xerando emprego e creando riqueza en Galicia. Sen dúbida, non seríamos nada sen ti.

Por iso, o 22 de decembro queremos dar un salto no noso servizo, mellorando moito as nosas tarifas móbiles. E sen tocar prezo. É algo que che debemos, polo que queremos informarte de primeira man deste detalle, co que buscamos adiantar o Nadal.

Melloras de datos nas liñas principais

Aumentamos ata un 150% algunhas das nosas tarifas. Fagamos un percorrido por todas as tarifas que melloran:

  • plana+10GB: aumenta a 25GB.
  • plana+6GB: sobe a 15GB.
  • plana+5GB: dobra ata os 10GB.
  • 200+8GB: pasa a ter chamadas ilimitadas e 10GB.
  • 200+3GB: incrementa os datos ata os 5GB.

Todo isto, como dicimos, de xeito gratuíto e sen subir prezo. O día 22 de decembro terás aplicada esta mellora.

Melloras de datos nas tarifas R

As tarifas R, para as liñas adicionais, tamén melloran bastante:

  • tarifa R 10GB: sobe a 15GB.
  • tarifa R 5GB: mellora ata os 6GB.

Novas tarifas

Para intentar dar resposta a máis perfís de clientes, dende o 22 de decembro tamén imos comercializar novas tarifas de móbilR. Velaquí as novidades:

  • plana+50GB: 45€/mes.
  • tarifa 500+5GB: 20€/mes. Se tes unha plana 3GB con chamadas ilimitadas e desexas cambiarte a esta, podes facelo sen problema dende a web de clientes a partir do 22/12/2017 (antes non, porque non está aínda dispoñible).
  • tarifa 200+4GB: 16€/mes (con 200 minutos e 4GB de datos).

Como ves, seremos o primeiro operador do mercado en ofrecer en Galicia unha tarifa con chamadas ilimitadas e 50GB de datos. Aí é nada!

Novas tarifas R

No caso de que teñas unha plana+5GB ou superior, como sabes, podes coller varias liñas adicionais a mellor prezo. Aa o de agora so podías ter tres liñas adicionais e agora podes ter ata catro. tarifas R. E tamén melloramos o noso catálogo:

  • tarifa R 50GB: 36€ (só se pode solicitar se na liña principal tes outra con 50GB).
  • tarifa R 10GB: 16€ (só se pode solicitar se na liña principal tes outra con 10GB ou superior).
  • TR 150 3GB: 9€ (con 150 minutos e 3GB de datos).

Se desexas contratar algunha liña, podes facelo dende tenda R > contratar liñas móbilR. Lembra que o día 22 xa terás estas melloras aplicada nas tarifas que indicamos arriba.

De 50 a 60 megas

Por outra banda, tamén faremos cambios no internet fixo da túa casa ou negocio. Dende o 22 de decembro a velocidade mínima que ofreceremos en internet será de 60 megas. De xeito, se tes 50 megas contratados na rede fixa, verás mellorada a túa velocidade nun 20% tamén sen ningún aumento no prezo.

Recordámosche que debes comprobar na web de clientes que o teu router é compatible (se non o é, avisarémoste de novo, pero na web xa tramitamos o cambio sen custo). E tamén é moi importante que o día 22 de decembro reinicies o equipo para coller a nova conexión.

Agardamos que che gusten todas estas melloras. Insistimos, son totalmente gratuítas para ti. Con elas queremos darche as GRAZAS por facer realidade, case 20 anos despois, aquel pequeno proxecto que pensamos para Galicia. Grazas por seres parte da nosa historia e por estar aí.

Un saúdo!

Imaxe de Andrew Neel

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

96 comentarios

  1. David VGO di:

    Se o equipo do cliente non é compatible e non o sabe, non se lle notifica?
    Dígoo porque hai pouco descubrín que uns familiares, aos que lles cambiastes, claro, o combo a 50 mbps seguían cun Thomson TWG850-4 que apenas acadaba os 15 mbps (EuroDOCSIS 2.0 e wifi g, cando anunciades n).
    Agora enviádeslles (que non lles instalades) un Hitron… Non sei se será peor o remedio ca enfermidade.

  2. San di:

    Ola.
    Bueno, bueno. Xa virá para o ano a subida, que sempre facedes así. Primeiro dades, e despois cobrades.

    E se non queredes que despois haxa queixas (a este mesmo blog me remito) pois que a xente pague polo que quere, non polo que os obrigades a ter e despois lle cobraredes.

    De todas as formas unha cousiña: as novas tarifas R, que condicións van ter? Porque aquí non o mencionades.

    Porque así parece moi bonito, pero seguro que han de ser para as tarifas con chamadas ilimitadas… Podédelo aclarar?

    Moitas grazas.

    • Ola, San.

      Neste caso non obrigamos a nada. Melloramos as tarifas sen subir o prezo. Se o cliente prefire outra tarifa, como sempre, pode escollela con total liberdade. Cremos que é unha mellora moi positiva e queríamos ter este detalle cos clientes, para agradecer a súa confianza. Sen nada oculto.

      As tarifas R son como sempre. Está indicado de feito na información: “No caso de que teñas unha plana+5GB ou superior, como sabes, podes coller varias liñas adicionais a mellor prezo”.

      É dicir, que hai que ter unha plana+5GB (que sobe a 10GB) ou superior para coller unha tarifa R. Iso non cambia.

      Un saúdo.

  3. San di:

    Perdón, que acabo de fixarme:

    tarifa R 50GB: 36€ (só se pode solicitar se na liña principal tes outra con 50GB).
    tarifa R 10GB: 16€ (só se pode solicitar se na liña principal tes outra con 10GB ou superior).
    TR 150 3GB: 9€ (con 150 minutos e 3GB de datos).

    Entón a tarifa TR 150 3GB vai poder ser coa actual tarifa de 17€ (200 minutos e 3 GB que me pasará a 5 GB)?

    • Ola, San.

      Non. Como indicamos arriba: “No caso de que teñas unha plana+5GB ou superior, como sabes, podes coller varias liñas adicionais a mellor prezo”.

      É dicir, cunha tarifa 200+3GB non podes coller a tarifa R que indicas. Mínimo tes que ter unha plana+5GB (que pasará a plana+10GB).

      Un saúdo!

      • San di:

        Entón por que no caso da nova tarifa R 10GB especificades o custo e a condición para acollerse a ela?:
        16€ (só se pode solicitar se na liña principal tes outra con 10GB ou superior)”.

        E en cambio para a tarifa R TR 150 3GB non especificades nada? Só a cota e en que consiste: 9€ (con 150 minutos e 3GB de datos).

        A información que poñedes arriba de todo (“No caso de que teñas unha plana+5GB ou superior, como sabes, podes coller varias liñas adicionais a mellor prezo”) parece como algo xeral. E dígoo porque a plana con 5 GB deixará de existir xa que pasará a plana 10 GB (que xusto é coa que se pode coller a nova tarifa R 10 GB). Non sei se me explico.

        E calquera coma min, que lea iso, entende que se especificades condicións concretas é para as tarifas onde o poñedes.

        O que estades a darnos entón, é información enganosa.

        E siguen estando as tarifas R para os que teñen as cotas máis altas: planas a partir de 10 GB.

        E xente con tarifas como as novas tarifa 500+5GB ou a tarifa 200+ 4GB só van ter a opción de coller como adicional a tarifa R 500 MB. Se é que esta última a seguides ofertando, claro.

        Non o vexo ben.

        Para rematar, podes especificar cales das novas tarifas van levar 4G? Non o indicas en ningunha tarifa. E por un comentario que vin máis abaixo semella que non todas levan 4G.

        Grazas.

        • Ola, San.

          Como ben indicas, para coller unha tarifa R, a liña principal ten que ser mínimo unha plana+5GB que pasará a ter 10GB. Iso non cambia, segue como ata o de agora. Por custo, as tarifas R só as podemos ofrecer dende esta liña.

          Na tarifa TR 150 3GB non especificamos nada porque mínimo a principal vai ser máis alta. Por esa regra de tres, tes razón en que para a tarifa R 10GB non tiña que indicar nada. Seguramente estaba a pensar na tarifa R de 25GB, onde a liña principal ten que ter alomenos os mesmos datos.

          Creo que en ningún caso estamos a dar información enganosa. Todas as condicións están aquí indicadas. En que enganamos?

          En canto ás tarifas sen 4G, iso tampoco cambia. Segue a ser aquelas onde por custo non podemos dar o servizo: TR 0 500M, tarifa 0 2GB, TR 150 3GB e a antiga tarifa R 3GB.

          Comentamos con calquera dúbida.

          Un saúdo.

    • Hola, Carlos.

      La plana+3GB, como indicamos en la información, no cambia. Pero sacamos la tarifa 500+5GB por el mismo precio. Pensamos que es más interesante y por eso os recomendamos cogerla, pero es vuestra decisión. Habrá clientes que prefieren tener llamadas ilimitadas y otros que digan que con más de 8 horas es suficiente. La decisión es vuestra, pero si te interesa, puedes pedir el cambio a partir del 22 de diciembre.

      Un saludo.

  4. Osvaldo di:

    bos dias, e que pasa cos que temos un combo 50 + plana con 5G + TR100 + 1 GB, cambianos o precio total do do combo?, por que entendo que a tarifa TR100+1Gb desaparece?

  5. DAVID di:

    Y los combos 100 familia?
    Como nos quedamos de velocidad?

  6. Juan moreno di:

    A ver si es verdad porque llebamos un año que pa que con la averías tanto tedejan dos días sin tele como sin internet aver si erre no aguanta los hijos cuando falla

  7. David di:

    Bo día.

    En primeilo lugar, dar a noraboa pola primeira subida de velocidade/datos que non leva asociada ningún sobrecoste.
    Por outro lado, comprobo en “https://legal.mundo-r.com/legal/gl/tarifas_e_promocions/particulares” as tarifas en vigor a partir do dia 22 de decembro, que as tarifas melloradas coma, por exemplo: Tarifas R 6 GB (14 €) e 15 GB (24 €), 200 5 GB (17 €) e Plana 15 GB (30 €) aparecen como descatalogadas.

    ¿Quere dicir iso que a partir do 22 non podemos contratalas?

    Entendo que a excepción da Tarifa R 6 GB o resto xa non teñen moito sentido, posto que son sustituidas por outras con mellor relación prezo/xigas. No caso da actualizada Tarifa R 6 GB si sería unha faena, posto que habería que pagar 2 € mais (16 €) para subir 10 GB (en vez de 6) ou ben pasarías a pagar 9 € pero perderías a tarifa plana en chamadas e terías únicamente 3 GB de datos.

    Un saúdo

  8. Samu di:

    Algo no me cuadra…

    Donde pone:
    • plana+5GB: dobra ata os 10GB.
    • 200+8GB: pasa a ter chamadas ilimitadas e 10GB.

    ¿No se convertirian en la misma tarifa, Ilimitadas y 10GB?

  9. Manuel di:

    Esta moi
    Ben e agradecese todo o que sexa mellora para o cliente

  10. SEVE di:

    Curioso que a mi como a la mayoría de clientes no no tenía mejoría con estos cambios. La tarifa mayoritaria de llamadas ilimitadas + 3 Gb no cambia. Seguimos sin tener tarifas adecuadas y competitivas para muchas personas, normalmente entradas en años, que no quieren o no necesitan datos pero si desean llamar sin preocuparse de los minutos que pasan.

  11. Maria di:

    Hola, querría saber si mi tarifa va a tener cambios. Mi NIF es [ELIMINADO POR EL MODERADOR].

  12. Adela di:

    Estamos muy contentos conR solo falta una cosa para ser perfecto El FÚTBOL .Para cuando? Creo que es algo que R se tiene que plantear un saludo

  13. Yoli di:

    Me parece muy bien. Y la subida para cuándo… ? Para el primer trimestre del año? Es lo de siempre.
    Nadie da duros a pesetas…
    Lo comprobaremos todos los clientes en breve por desgracia.
    Saludos

  14. Javier di:

    El segundo móvil tengo tarifa 0 2 gb .este no sube a 3 gb al menos?

  15. Ramón di:

    Realmente algúns o que necesitamos non é que nos subades os xigas, o que necesitamos é que nos deixedes os que están e que nos baixedes a tarifa

  16. Juan di:

    No me entero de nada pero bueno. Si felicitaros por el nuevo descodificador y sobre todo por el mando que trae, me tiene enamorado, hacía años que no veía un mando de verdad ahora todos son plástico, sin peso sin un tacto tan agradable como tiene éste. Por cierto si me conecto por wifi al lado del router no paso de 150 megas y sin embargo en México la gente que se conecta al wifi en sus oficinas alcanza los 450 que es lo que tienen contratado alguna forma de solucionar esto?

  17. Antonio di:

    Para cuándo, el poder aprovechar los datos que no se utilizan, de una línea, para otra?

  18. Anabel di:

    ¿Como puedo distinguir si mi router es compatible con la mejora de 50 a 60 megas?

  19. Diegoo di:

    O dos datos está moi ben pero se puxerades chamadas ilimitadas (sen ter que finalizar antes de que 60 min para que non cobren) seria moito mellor

    • Ola, Diegoo.

      O límite ponse para que non haxa determinados abusos ou usos non recollidos. Por exemplo, para que non se usen as liñas en locutorios, xa que non está permitido.

      O 95% das chamadas dos nosos clientes durante menos de 10 minutos. E dos 20 minutos pasan só o 1% das chamadas, polo que 1 hora por chamada cremos que é un uso razoable. En todo caso, se necesitas falar máis, pódese colgar e volver chamar sen custo.

      Un saúdo.

  20. Mª Isabel di:

    Pareceme un xesto moy fermoso cos clientes, así da gusto ser galego e ser de R.S

  21. César di:

    No VENRES NEGRO decíamos os clientes que non tiñamos a mesmas ofertas e que non pensaban en nós, agora resulta que miras as melloras e daste de conta que melloran tódalas TARIFAS Planas AGÁS a de 3G

    Plana + 10G pasa a 25G
    Plana + 6G pasa a 15G
    Plana + 5G pasa a 10G
    Plana + 3G NON pasa a 5G

    200 minutos + 8G pasa a chamadas ilimitadas +10G

    Repito chamadas ilimitadas + 3G queda IGUAL non hai melloras, a non ser que cambiemos TARIFA e PAGUEMOS máis

    Unha compañía moi coherente, TODOS temos o MESMO trato e as melloras das tarefas PLANAS NINGUN será discriminado.
    Tocará fuxir para outra compañía, xa o fixen unha vez e terei que voltar a facelo
    LEMBRA AGORA NON HAI SUBIDA DE TARIFAS, PERO TEREMOS SUBIDA NO 2018 ANTES DE MAIO

  22. Alex di:

    Hola yo tengo una ilimitada 5 gb y una adicional ilimitada de 5 gb con lo cual entiendo que la principal pasa a 10 gb y la adicional a 6gb. Podria pasar gb de una linea a otra y tener por ejemplo 8 gb en cada linea. Seria un puntazo.

  23. Tito di:

    Hola, no me entero muy bien en cuanto a algunas subidas de datos. Tengo un combo festa rachada de 50 megas con un móvil de llamadas ilimitadas 3G. En este caso, ¿suben los gigas?

  24. jose di:

    Vai vir o 2018 e resulta que no movil hay moitas modalidades sen 4G….e hay algunhas tarifas que non se cambian en nada…supoño que todo estara estudiado para que o rebaño tire para onde dice a compañia…..

  25. Pedro Gómez chausal di:

    Hola
    Tengo 2 líneas móviles con R
    Una de 200+3Gb que según R pasará a 5 GB el 22.12
    Y otra plana+ 3Gb que no sé cómo quedará a partir del 22.12.me puedes decir cómo quedará la plana +3gb?
    Gracias

  26. Tania di:

    Unha pregunta, no voso aumento de xigas non mencionades como vai quedar tarifa plana de 3 xigas.

    • Ola, Tania.

      Indicámolo na tarifa 500+5GB. A plana+3GB non cambia. Pero imos sacar polo mesmo prezo unha con 500 minutos e 5GB. Cremos que é o cambio natural. Agora, neste caso, por se algún cliente prefire ter manter as ilimitadas, hai que solicitar o cambio na web a partir do día 22.

      Vemos que máis de 8 horas de chamadas para o 99% dos clientes é máis que suficiente, polo que este cambio sería unha mellora. Pero o cliente decide.

      Un saúdo.

  27. Óscar di:

    É curioso ver como se vos iluminan os ollos cando falades de melloras, teóricamente, gratuitas nas diferentes tarifas. O que me chama atención, é que faledes de que a tarifa 0 2 gb non se aplica ningunha mellora porque subiu un 300%. ¿Crees que esa subida non está máis que amortizada despois das realizadas?
    Recordo cando a finais do 2015 a contratara para a miña nai, a un prezo de 6€, e a día de hoxe pago 9€. Gustaríame que me calculases esa porcentaxe co voso algoritmo subxetivo.

    • Ola, Óscar.

      A tarifa custaba 6€+IVE, que non é exactamente o mesmo.

      Moitos clientes desa tarifa o que nos dixeron é que querían algo básico, que a contrataran porque non consumían moitos datos e que tiñan máis que suficiente cos datos. Tendo en conta precisamente que mellorou un 300% a cantidade de datos ofrecida, dende os 500MB ata os 2GB, cremos que é moi competitiva, porque ademais ofrece un desconto no combo fixo.

      Un saúdo.

  28. Mari di:

    Falan de novas tarifas e o prezo? A de 6 gb canto é?

  29. Fernando di:

    Ola,

    Tedes previsión de incorporar velocidade simétrica nas conexións de fibra?

    E gracias polas subidas de gigas no móvil 😉

  30. Juan di:

    Sen coste?! Claro o, claro que si. Esperade que mo creo e todo.

    Medo me da so de pensar na subida de precio que se nos ven enriba dentro de un par de meses (+ou-).

    Un saudiño.

  31. Alberto di:

    E a tarifa R de 3Gb tamén se pode cambiar pola nova de 500 minutos e 5Gb? Refírome a tarifa R de 3gb que non ten 4G, non a plana 3Gb. E, de ser así, pasaríamos a ter conexión 4G?

  32. Rafa di:

    Acabo de ver la noticia yo tengo una tarifa R 5gb y la otra cuenta es tarifa plana +5gb .
    Por lo que pone a la tarifa plana le duplican los datos y a la tarifa R sólo suben 1gb.
    Mi pregunta es que al usar más los datos en la tarifa R… no sería posible cambiar las tarifas a los números de teléfono?. Intercambiar las tarifas Gracias!!

  33. Ricar di:

    Si….como non ides aumentar sobre todo para os que tivemos e temos problemas con vos pola falla de cobertura, rapidez e malas experiencias con vos por servicios que prometedes e non cumplides.
    Non creo que sexa suficiente para nada.
    Pola miña parte pouco mais que decir…simplemente cambiar de operador que o final sae rentable.

  34. Montse di:

    Teño unha principal de ilimitadas- 5G e unha segunda de 200m+8G. Entendo que pasan as duas a 10G?

  35. Alex di:

    Y a los que tenemos la linea adicional de 11 euros y 3 gb nada no? Menudo detallazo.

  36. Manuel di:

    Hola,as melloras estan ben sempre que non repercutan no precio,a min nun movil que ten 200 minutos gratis as 24 horas e non se gasta un minuto de 2 euros pasou a 17,promocion de xaneiro de 2017 a xaneiro de 2018,xa aplicastes a subida antes,os clientes bos e de moito tempo hay que cuidalos,ultimamente hay moitas queixas desta compañia ,a xente esta cambiando pa outras ,eu para o dia 4 de xaneiro si non me dan uha boa promocion penso cambiar ,e levo moitos anos con R,e pagei moito de mais por non me preocupar dos precios.

  37. Angel Pazo di:

    Me gustaría saber para cuando la ampliación de fibra óptica en lugares donde Movistar ya tiene y vosotros no, haciendo imposible el poder poner datos en mi casa por vosotros

  38. Meli di:

    Hola una pregunta, la tarifa 500+5GB tiene coste de establecimiento de llamadas?

  39. Dani di:

    Genial! La 500+5Gb es justo lo que necesitaba, tengo la plana+3Gb y la parte “plana” me sobra ya que no hablo casi. Así que esa nueva es ideal, seguid así!

  40. Amaia di:

    Hola,

    Mi tarifa es de llamadas ilimitadas y 3gb, ¿Se modificará el dia 22?

    Gracias!

  41. Mari di:

    Yo tengo tarifa limitada d minutos en llamadas, creo q 150 ó 200, y solo 2 GB en internet. Hablo dl móvil, claro… lo q tngo contratado es un combo o mambo con internet, fijo y móvil…Èsto no puede mejorarse tb de modo gratuito? Lo dl móvil, m refiero….