menú
Las pantallas de móviles se tiñen de negro

As pantallas de móbiles tínguense de negro

22/01/2020
Blog R

2020 preséntase negro, moi negro. E non, non se trata dunha profecía de Nostradamus, é a nova tendencia nas pantallas de móbiles e tablets. O negro converteuse nun cobizado obxecto de desexo ao que se sumaron Instagram, Facebook, Youtube, Linkedin ou Twitter. Whatsapp parece que quedou un pouco atrasado, pero este ano tamén se pasará á beira escura. E ti, xa o ves todo negro?

O bo do negro

Seguro que ao final do día acabas coa vista cansa. Se pasas o día diante do ordenador e do móbil, sabes do que falamos. Tes dúas opcións para reducir a fatiga visual que producen as pantallas: ir a unha farmacia para comprar unhas lentes ou activar o modo escuro nos teus dispositivos.

Nin que dicir ten que se ves o móbil na cama ou no cine, os que están ao teu lado agradecerancho enormemente. E a batería do teu móbil tamén che fará a onda. O uso do negro permítelle ao teu teléfono aforrar enerxía, especialmente nas pantallas OLED. Ao haber menos brillo non se consome tanta batería e, por tanto, durarache máis tempo sen necesidade de cargala.

Android 10 e iOS 13

Agora xa sabes as súas vantaxes e estás a desexar probalo no teu móbil ou tablet, pero preguntaraste como. De momento, só podes seleccionar o modo escuro en dispositivos con sistemas operativos Android 10 e iOS 13. Se non é o teu caso, terás que esperar un pouco a que o teu móbil se actualice. Aquí che deixamos a lista de móbiles compatibles con Android 10 e iOS 13.


Mentres chega ese momento, podes ir familiarizándote co modo escuro no teu PC ou portátil. Windows 10 e macOS permiten dende hai uns meses elixir a cor negra, que tinguirá todas as aplicacións deses sistemas operativos.

Aplicacións con modo escuro

Instagram, YouTube, Linkedin ou Twitter viron o filón do modo escuro e non tardaron en sumarse á tendencia de moda. Nalgúns casos, a selección da cor negra depende de se o configuraches previamente no sistema operativo, como no caso de Instagram; noutros, podes facelo directamente na app, como ocorre con Twitter.

Facebook ultima o seu lanzamento e Whatsapp farao en poucos días. Así que poderás chatear sen parar co fondo negro para que resalten máis os emojis.

O modo escuro chegou para quedar. Queremos saber a túa opinión, prefires as cores brillantes ou vaste a sumar ao negro?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Pilar . Correa 4 di:

    Es gratis ?? Como se pone en el sansung A 30 ??