menú

Paisaxes galegas para fotografar de noite cos Samsung Galaxy S22

01/04/2022
Blog R

Hai escenas nocturnas que quedan gravadas na túa retina para sempre, pero nunca podes inmortalizar en foto. Porque o teu móbil non é capaz de capturar esa superluna xunto á Torre de Hércules, que no teu álbum parécese máis a un farol.

Isto rematou coas cámaras dos novos Samsung Galaxy S22 e Samsung Galaxy S22+ que xa están dispoñibles na túa tenda móbilR.

Agora poderás gardar para sempre no teu móbil ese atardecer espectacular na praia das Catedrais, esa posta de sol dende a buguina de Cabo Home con vistas ás Cíes, esa noite estrelada dende o banco de Loiba ou ese reflexo da lúa no mar de Fisterra.

Como consegue Samsung facer maxia coas túas fotos nocturnas? Segue a ler.

A cámara de nivel profesional que reta a noite

Samsung ilumina a escuridade coa cámara Nightography e o seu sensor un 23% máis grande que S21 e S21+, que amplía os píxeles para atraer a luz, mentres que o cristal da parte dianteira da cámara traseira reduce os escintileos das luces na escuridade.

Ademais, dentro deste sensor de alta resolución está Adaptive Pixel, que despraza os píxeles para adaptarse á iluminación, para que sempre teñas fotos nítidas e claras.

O modo retrato quedarache como o dun profesional, grazas á última tecnoloxía de IA de Samsung.

E os vídeos gravaranse fluídos e sen desenfoques malia o movemento.

Así é a cámara dos S22 e S22+: lente principal de 50 MPX, teleobxectivo de 10 MPX e un obxectivo ultra grande angular de 12 MPX. A frontal para selfies é de 10 MPX.

E este o resultado:


 

Máis rápido e máis resistente

Ademais da cámara, os Galaxy S22 e S22+ agochan todos estes detalles.

Tanto a pantalla do S22, de 6,1″, como a do S22+, de 6,6″, están deseñadas con Dynamic AMOLED para que goces do streaming e os xogos.

Precisamente ver vídeos, navegar ou utilizar apps resultarache máis fluído grazas ao seu potente procesador, que detecta que aplicación estás a usar e dirixe aí a maior parte da enerxía. Conta con 8GB de RAM e Android 12.

Tema batería, 3.700 mAh para o S22 con carga rápida de 25W, e 4.500 mAh para o S22+ con carga superrápida de 45W para que tarde un suspiro en estar ao 100% outra vez.

Ambos os dous modelos ofrécenche 128GB de almacenamento e unha resistencia nunca vista nun Samsung. E isto grazas a que están deseñados co marco de aluminio máis forte e cun novo cristal a proba de caídas na parte dianteira e traseira.

Agora tócache elixir a ti, se levas o S22 ou o S22+ á túa seguinte escapada. Faite en R co Samsung Galaxy S22 ou o Samsung Galaxy S22+.

E cóntanos, que posta de sol apetéceche inmortalizar no teu novo móbil?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.