menú
Llévate en R un pack de televisor y móvil LG y aprende a conectarlos

Leva, con R, un pack de televisor e móbil LG e aprende a conectalos

16/04/2021
Blog R

En R axudámosche a renovar os teus dispositivos tecnolóxicos para que goces aínda máis do teu lecer na casa. Estrea unha smart TV de 32” e o móbil lg k51s e, de regalo, explicámosche como podes compartir contidos entre eles 😊.

Porque xogar no móbil é moi cómodo, pero velo en pantalla grande meterate máis na partida. E non hai cor entre ollar as fotos no teu smartphone que descubrir ata o último detalle no teu televisor. Como conectar o lg k51s á túa smart TV LG LED 32” do pack de R? Tes varias maneiras de facelo.

DLNA

Que non che asusten as siglas porque é moi fácil. O que fai é conectar dispositivos a través de wifi ou cable de rede.

Conecta o teu smartphone á mesma rede local que o televisor. Elixe no teu móbil unha foto, un vídeo ou música, e no menú de “propiedades” selecciona “SmartShare”. Apareceranche todos os dispositivos compatibles con DLNA, elixe o teu televisor LG e xa poderás ver ese contido en pantalla grande.

Screenshare (Miracast)

Esta opción xa vén incorporada na smart TV LG LED 32” e permite facer o que se coñece como mirroring: ver directamente na pantalla do teu televisor todo o que ocorre en tempo real no teu móbil.

Para empezar a utilizalo, desconecta HbbTV do teu televisor. No teu LG, que leva sistema operativo webOS, vai a “configuración” e pulsa “desconectar HbbTV”.

Agora tes que activar a función ‘Miracast’ na túa tele e de seguido no teu teléfono, dende os axustes. Unha vez o actives, aparecerache a lista dos dispositivos compatibles; selecciona o teu televisor LG.

E listo, en pantalla verás exactamente o mesmo que no teu móbil, coma se fose un escritorio remoto.

Wifi Direct

Permite que varios dispositivos wifi se conecten entre si, sen un router ou punto de acceso intermedio; e non tes nin que introducir un contrasinal.

Empeza desconectando HbbTV do teu televisor. A continuación, activa Wifi Direct no teu móbil dende os axustes de wifi. Fai o mesmo na túa tele dende os axustes de rede e pulsa Wifi Direct para que busque automaticamente os dispositivos. Selecciona o teu lg k51s e xa estará enlazado coa tele.

Agora xa podes compartir contido do teu móbil a través da opción “SmartShare”.

HDMI-MHL

Conecta o teu móbil ao televisor mediante cable HDMI-MHL. Comproba que o adaptador MHL se atopa integrado no porto HDMI do teu televisor LG Smart TV e que o teu móbil sexa compatible.

Como ves tes varias opcións para compartir contido entre o teu móbil e televisor. Empeza a desfrutalo co pack de R smart TV de 32” e o móbil lg k51s por só 14€/mes.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Jorge di:

    14 euros al mes… Durante cuantos meses…???

  2. Wilmer jimenez di:

    Hola, todavía está disponible este pack?