menú
Móviles de R Novedades de octubre

Novidades de outubro no catálogo de móbiles de R

17/10/2019
Blog R

Se lle deches moito uso ao teu móbil este verán, renova o teu smartphone. Bótalle un ollo a estas novidades do catálogo de móbiles de R. Elixe entre o iPhone 11 e iPhone 11 Pro ou o Samsung Galaxy Note 10+. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Queres saber máis sobre eles?

iPhone 11 e iPhone 11 Pro

O iPhone 11 xa está en R. O último de Apple deixarache coa boca aberta.

Pantalla de 6,1″ Liquid Retina LCD e 5,80” en versión Pro, cun deseño e cores que che namorarán. Resiste á auga ata 2 metros de profundidade durante un máximo de 30 minutos, o Pro resiste ata 4 metros, e presume de ter o vidro máis duro nun smartphone.

Desbloquéalo coa túa cara bonita. Face ID é máis seguro e fácil de usar que Touch ID.

O iPhone 11 ten un novo sistema de cámara dual que abarca un campo de visión máis amplo grazas ás súas lentes gran angular de 12 MPX e ultra gran angular de 12 MPX. Ademais, agora o modo noite actívase automaticamente para fotos nítidas e brillantes aínda con pouca luz.

O iPhone 11 Pro ten as mesmas cámaras con gran angular e ultra gran angular, e ademais unha nova cámara con teleobxetivo. Este sistema de triple cámara ofréceche un zoom óptico de ata catro aumentos que multiplica as opcións de encadre.

Para selfies dispós de 12 MPX e para gravar vídeos tes a opción de facelos en 4K a 60 f/s.

En canto a autonomía, os seus 3110 mAh do iPhone 11 e os 3046 mAh del iPhone 11 Pro duraranche todo o día. Ademais, dispón de carga rápida.

O iPhone 11 leva o chip máis rápido que tivese un smartphone, o A13 Bionic.

Non deixes pasar a oportunidade e leva o iPhone 11 en cor branca ou negra e o iPhone 11 Pro en cor space grey.

> contrata aquí iPhone 11
> contrata aquí iPhone 11 Pro

Samsung Galaxy Note 10+

Descobre a potencia ao seguinte nivel co Galaxy Note 10+, xa dispoñible no catálogo de móbiles de R.

Ten o mellor dun ordenador, dunha consola, dunha cámara e un lapis intelixente nun mesmo dispositivo.

Deseño lixeiro, fino e ergonómico a pesar da súa gran pantalla de 6,8” Infinity-O Cinemática.

E a cámara? Nada menos que catro: ultra gran angular de 16 MPX co campo de visión de 123º, cámara gran angular de 12 MPX e apertura dual para fotos con pouca luz, cámara teleobxectivo de 12 MPX e cámara selfie de 10 MPX.

Para os teus vídeos atoparás múltiples opcións de edición, efecto bokeh, audio zoom e gravación en 4K UHD.

O S Pen será a túa nova bariña máxica. Poderás realizar unha chea de accións tocando só o lapis: facer fotos, baixar o volume, cambiar o ángulo da cámara…

Os seus 12GB de RAM, o seu chip HyperFast e o seu potente procesador de 7 nm permiten descargar arquivos e xogar en vivo a gran velocidade.

Para almacenar todas as túas fotos, dispós de 256GB que podes ampliar ata 1TB cunha tarxeta microSD.

E de autonomía irás sobrado grazas aos seus 4300 mAh, a maior batería xamais vista nun Note. E o mellor, cárgalo durante 30 minutos e dúrache todo o día.

Leva o Galaxy Note 10+ en R en cor silver.

> contrata aquí Samsung Galaxy Note 10+

Xa elixiches o teu?

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.