menú
Novedades en el catálogo de móviles de R en mayo

Novidades de maio no catálogo de móbiles de R

02/05/2019
Blog R

Queres cambiar de móbil? Atopa o último ao mellor prezo no catálogo de móbiles de R. Elixe o teu novo smartphone na nosa tenda móbilR.

Huawei P30 Lite

Para empezar a falar do Huawei P30 Lite, detémonos no seu deseño: é un móbil fino, con vidro curvo 3D e colle comodamente na túa man. Para que as túas fotos sexan insuperables, contan coa súa intelixencia artificial: a cámara frontal de 32 MPX pode identificar máis de 8 categorías en tempo real, mentres que a cámara traseira, de 24 MPX, pode recoñecer 22 categorías diferentes. Os axustes como a cor, a iluminación e o contraste axústanse sos. Tes, ademais, outra cámara traseira grande angular de 8 MPX e outra de profundidade de 2 MPX. A súa pantalla infinita de 6,15″ con HD darache acceso ao mellor contido, que fluirá grazas ao seu procesador Kirin 710 octa-core con 6GB de RAM. Terás 128GB de espazo (64GB libres) para todas as túas fotos, vídeos, cancións e arquivos. Redondean este smartphone a súa dual SIM, a súa conectividade NFC, o seu sistema operativo Android 9.0 e a súa batería de carga rápida con 3.340 mAh de capacidade.
É teu en cor aurora blue por 14€ durante 24 meses.

Honor 20 Lite

O boca-orella está a ser a principal publicidade de Honor que, co Honor 20 Lite, volve demostrar que ofrece grandes móbiles a un prezo moi pequeno. Comecemos pola súa pantalla de 6,2″ HD con 1080×2340 píxeles de resolución. Que xoga noutra liga tamén nolo demostran as súas catro cámaras. Na parte traseira ten unha de 24 MPX con f/1.8 de apertura, un grande angular de 8 MPX e un sensor de profundidade de 2 MPX. No frontal terás, nin máis nin menos, que unha cámara de 32 MPX con apertura f/2.0 para os teus selfies. Navegarás rápido e usarás con fluidez calquera aplicación co seu procesador octa-core Kirin 710 con 4GB de RAM. Contas ademais con 128GB de memoria (64 libres), batería 3.400 mAh con carga rápida, FM radio, NFC, dual SIM e sistema operativo Android 9.0.
Consígueo cor negra por 10€ durante 24 cotas.

Samsung Galaxy A40

O novo Samsung Galaxy A40 está recentemente saído do forno. Aposta por unha pantalla infinita de 5,9″, con resolución FHD+ e Super AMOLED. Redescubrirás a fotografía coas súas tres cámaras de fotos. Coa frontal de 25 MPX sacarás os mellores selfies; ademais, co modo Smart Beauty sempre sairás xenial. Desfruta tamén da súa cámara traseira dual cunha de 16 MPX e outra ultra grande angular de 5 MPX. Saca o teu lado máis divertido cos emojis e stickers personalizados grazas á realidade aumentada. Poderás gardar miles de fotos e vídeos cos seus 64GB de memoria (32 libres) e aproveitar ao máximo cada día coa súa batería de 3.100 mAh. Por último, notarás todo o poder de Samsung co procesador octa-core con 4GB de RAM e as vantaxes do novo sistema operativo Android 9.0.
Témolo en cor azul por 10€ durante 24 meses.

LG K40

Por que escoller o LG K40 e non outro móbil? En primeiro lugar, porque todos miramos o peto, e o LG K40 é económico, pero que non renuncia a grandes prestacións. Por exemplo, a todos nos preocupa que nos caia e nos rompa. Neste caso, é duro e resistente coma unha rocha. Foi verificado con probas utilizadas na industria militar dos EE.UU., como golpes, vibracións, humidade e cambios extremos de temperatura. Pero como nos gusta desfrutar, tes unha cámara principal de 16 MPX con intelixencia artificial para sacar as mellores fotos e outra para selfies de 8 MPX. Contas tamén con son envolvente DTS, semellante ao dunha sala de cine. Ademais, tes un botón directo para o asistente de Google. Que máis? Completan este fantástico móbil a súa pantalla de 5,7″ HD+, o procesador octa-core de 2Ghz, a memoria de 32 GB (18GB libres), 2GB de RAM, o sistema operativo Android Oreo 8.1 e a batería de 3.000 mAh.
É teu en cor azul por 6€ durante 24 meses.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.