menú
Móviles de R Novedades de diciembre

Novidades no catálogo de móbiles de R

12/12/2018
Blog R

Bótalle un ollo ás novas incorporacións ao catálogo de móbiles de R. Resolverache algún agasallo ou auto agasallo este Nadal. Elixe o teu na nosa tenda móbilR.

iPhone XR

O iPhone XR inaugura unha nova xeración de móbiles intelixentes. A súa pantalla Liquid Retina de 6,1″ ofréceche cores precisas, con acabados de calidade. Trae o vidro más resistente usado nunca nun móbil e bordes de aluminio de calidade aeroespacial. Todo de película. Como o seu procesador hexa-core A12 Bionic, o máis potente e intelixente que teña un móbil nestes momentos. Isto tradúcese en realidade aumentada, retratos incribles con control de profundidade e a máxima velocidade e fluidez no que fagas. Nas fotos xa sabes que o iPhone se sae. E aquí contas cun procesador intelixente que realza nas imaxes as zonas claras e engade detalle ás sombas. Gravarás en 4K e sacarás selfies profesionais grazas ás súas lentes profesionais. A principal de 12MPX, con 1,8 de apertura e grande angular, e a frontal de 7MPX. Só nos queda falar do seu sistema operativo iOS 12, da súa batería de 2942mAh que se carga sen cables, dos 3GB de RAM e dos 64GB de memoria interna.
É teu en cor vermella por 29€ durante 24 meses e un pago inicial de 159€.

Huawei Mate 20

O Huawei Mate 20 ten tantas cousas para destacar que non sabemos por onde empezar. Están o seu impresionante procesador Kirin 970 con NPU con intelixencia artificial, a súa cámara dual Leica (a principal de 24 MPX e dúas traseiras de 20 MPX + 12 MPX), a súa pantalla FHD+ de 5,8″ con cores vivas ou a súa gran batería de 3400mAh que dura máis e se carga máis rápido. Sacarás fotos pola noite sen necesidade de trípode, xa que emprega intelixencia artificial para estabilizar a imaxe e captar todo con gran detalle e nitidez. E a súa intelixencia artificial fará que a batería dure máis e teñas maior rendemento. Por último, lembra que contas cun procesador octa-core de 2,4 Ghz, 4GB de RAM, 128GB de memoria (64GB libres) e Android 8.1.
Consígueo cor azul por 24€ durante 24 cotas e un pago inicial de 199€.

Samsung galaxy A9

Nin unha, nin dúas, nin tres, senón cinco cámaras trae o Samsung Galaxy A9. Na parte traseira ten unha cámara ultra grande angular, un teleobxectivo, unha de 24 MPX e cámara de profundidade, para que non se che escape nada. Aínda por riba, tes outra cámara frontal de 24 MPX para os teus selfies. Ademais, o seu deseño con traseira en cristal 3D, a súa pantalla de alta definición de 6,3″ de 1080×2220 farán que se che caia a baba. Bonito por fóra e por dentro, onde o seu procesador octa-core con 6GB de RAM che ofrece o máximo rendemento. Desbloquea o móbil coa túa pegada dactilar ou coa túa cara e espreme ao máximo o teu móbil coa súa batería de 3800 mAh, os seus 128GB de memoria (64GB libres) e o seu sistema operativo Android 8.0.
Témolo en cor negra por 25€ durante 24 meses.

Huawei P Smart+

O Huawei P Smart + é a túa carta dos Reis Magos. O seu deseño moderno deixarache sen aire, do mesmo xeito que a súa pantalla de 6,3″ e 2.340×1.080 de resolución. De luxo son tamén as súas catro cámaras con intelixencia artificial: de 24 MPX + 2 MPX na parte dianteira e de 16 MPX + 2 MPX na parte posterior, para darche efecto bokeh e fotos profesionais. Voarás co seu procesador Kirin 710 octa-core 2,2 Ghz. Non te quedarás tampouco tirado grazas á súa batería de 3340 mAh, gozarás do seu sistema operativo Android 8.1 e da súa memoria de 64 GB (32GB libres).
Faite con el en cor negra por 12€ durante 24 meses.

LG K11

Vive a vida intensamente grazas o LG K11. A súa pantalla de 5,3″ con 1280×720 de resolución, a súa gran calidade de imaxe e o seu acabado e deseños premium garántenche máxima durabilidade e un un agarre perfecto. As túas fotos sairán sempre claras grazas á súa cámara con velocidade de enfoque un 30% máis rápida e precisa. Contarás ademais con Intelixencia Artificial, son envolvente e xestión intelixente da memoria (que che permite máis capacidade para as túas fotos e vídeos e un mellor rendemento). Pechan o conxunto o seu procesador octa-core 1.5Ghz, os seus 2GB de RAM, 16GB de memoria (8GB libres), o seu Android Nougat 7.1 e a súa batería de 3.000 mAh.
É teu en cor azul por 7€ durante 24 meses.

Moto E5

O primeiro que sorprende no Moto E5 é a súa batería de 4000mAh. Non terás que cargalo en todo o día grazas á súa gran capacidade. Pero se o necesitas, contas cun cargador rápido para sacarche dun apuro e render ao máximo. Ademais, a súa pantalla Max Vision de 5,7″ permíteche unha visualización ultra panorámica dos teus xogos ou vídeos. Todo cun deseño elegante e uns marcos case inexistentes. A súa cámara principal de 13 MPX ofréceche un enfoque automático e evita as fotos borrosas. A súa cámara dianteira de 5 MPX con apertura de f/2.2 é ideal para selfies. Quítalle o máximo rendemento grazas aos seus 16GB de memoria (8GB libres), ao seu lector de pegadas, ao seu procesador quad-core 1.4 Ghz, os seus 2GB de RAM e o seu Android 8.0.
Témolo dispoñible en cor gris por 6€ durante 24 cuotas.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Eu di:

    Están ben as novidades no catalogo de móbiles, pero para cando unha subida gratuita de velocidade no Internet fixo? Moitas outras compañías están niso ou xa o fixeron.