menú
Móviles de R Novedades móviles de abril

Novidades en abril no catálogo de móbiles de R

01/04/2019
Blog R

En abril, móbiles mil. Este mes incorporamos ao catálogo de móbiles de R todas estas novidades. Elixe o teu novo smartphone na nosa tenda móbilR.

Huawei P30 Pro

Huawei lanza o seu novo buque insignia, o Huawei P30 Pro. Faino revolucionando a fotografía móbil. Ata catro cámaras Leica: a principal con 40 MPX, outra de 20 MPX, un teleobxectivo de 8MPX con SuperZoom, outra 3D e unha frontal de 32 MPX. Co seu SuperZoom poderás achegarte ata 50 veces a unha imaxe e, grazas ao seu sensor, terás ata un 40% máis de luz nas túas fotos escuras. Todo isto nun móbil cun deseño elegante e confortable, con 6,47 polgadas de tamaño. Terás asegurado o maior rendemento e o menor consumo grazas ao seu chipset Kirin 980 octa-core. Contas ademais con 256GB (128GB libres), 8GB de RAM, unha batería de 4.200 mAh que se carga un 70% en só media hora e sistema operativo Android 9.1 con capa de personalización EMUI 9.1.
É teu en cor negra por 44€ durante 24 meses e un pago inicial de 89€.

Huawei P30

Huawei lanza o seu novo terminal de gama alta, o Huawei P30. É un pouco máis pequeno que o P30 Pro, xa que che ofrece unha pantalla de 6,1 pulgadas. Polo demais, alucinarás coa súa reinvención da fotografía. Tes toda a calidade de ata tres cámaras Leica. Pero non queda so aí. Por detrás hai una cámara principal con 40 MPX, outra de 20 MPX, un teleobxectivo de 8MPX e a frontal é de 32 MPX. Grazas ao seu sensor, as túas fotos estarán siempre iluminadas. Non só ofrece un diseño elegante y confortable, sino que rinde ao máximo co seu procesador Kirin 980 octa-core. De memoria vas sobrado cos seus 128GB (64GB libres) e os 6GB de RAM. Ademais, a súa batería de 3.650 mAh carga un 60% en media hora. E desfrutarás do sistema operativo Android 9.1 con capa de personalización EMUI 9.1.
Consígueo cor negra por 27€ durante 24 cotas e un pago inicial de 99€.

Samsung Galaxy A50

Se es fan de Samsung, quererás ter o Galaxy A50. O primeiro que destaca é a súa pantalla de 6,4 polgadas con pantalla de extremo a extremo, con marco case inexistente, resolución FHD+ e cor Super AMOLED. En deseño terás o mellor: adáptase á túa man perfectamente, a súa traseira ten aspecto cristal e contas con pegada dactilar na pantalla para que a superficie sexa uniforme. Serás o que mellores fotos quita grazas ás súas catro cámaras. Por atrás tes unha cámara principal de 25 MPX, un grande angular de 8 MPX e unha cámara de 5 MPX para dar profundidade de campo. A iso, suma a cámara frontal de 25 MPX. A súa batería de 4.000 mAh proporciónache enerxía para todo o día, e co seu cargador rápido, nuns minutos o teu móbil volverá á vida. Non esquecemos tampouco resaltar o seu recoñecemento facial, o seu cartafol seguro, o seu procesador octa-core, os seus 128 GB de memoria (64 libres), os seus 4GB de RAM e o seu sistema operativo Android 9.0.
Témolo en cor coral e negra por 14€ durante 24 meses.

Xiaomi Mi 8 Lite

Encántanos Xiaomi. E encántanos o Xiaomi Mi 8 Lite. Prezo e calidade nunca foron tan da man, por algo é un dos fabricantes dos que todo o mundo fala. Os seus 6,26″ de pantalla quedaranche pequenas no seu gran deseño e acabado con marco metálico. Ademais, as túas fotos sairán incribles: tes unha cámara selfie de Sony de 24MPX e outras dúas cámaras traseiras, unha de 12 MPX e outra de 5MPX. A súa tecnoloxía superpíxel 4 en 1 mellora as fotos en ambientes de pouca luz e podes mellorar as túas fotos e vídeos en tempo real grazas á súa intelixencia artificial. Que hai do seu rendemento? o seu procesador octa-core Qualcomm SDM660 Snapdragon 660 permíteche unha experiencia de xogo optimizada, cun gran rendemento e un baixo consumo. Pero non te preocupes, que a súa batería de 3.350 mAh durará todo o día. Aínda tes dúbidas? Aclarámoschas: dispós dunha memoria de 64GB (32GB libres), 4GB de RAM e Android 8.1 (actualizable a 9.0).
Faite con el en cor azul por 11€ durante 24 meses.

Huawei P Smart 2019

Lévanse as pantallas grandes. Polo que Huawei e o seu P Smart 2019 che ofrece 6,21″, cun deseño curvo en 3D, con textura brillante similar á cerámica, o que o fai moderno e cómodo na man. Mellora as túas fotos grazas á súa dobre cámara traseira con intelixencia artificial. Sentirás as cores máis vivas e obterás o mellor efecto bokeh ca súa cámara de 13 MPX + 2 MPX. A súa cámara frontal de 8 MPX ofréceche retratos perfectos todos os días. Se che gusta xogar co móbil, renderás ao máximo co seu procesador octa-core Hisilicon Kirin 710. Ademais, se necesitas batería, a súa capacidade de 3.400 mAh carga un 22% máis rápido. Como vai de memoria? Nunca te quedarás sen ela cos seus 64GB (32GB libres) e os seus 3 GB de RAM. Tes tamén dobre SIM, NFC, pegada dixital, recoñecemento facial e sistema operativo Android 9.0.
É teu en cor negra por 9€ durante 24 meses.

Xiaomi Redmi 6

Queres ter as mellores prestacións a un prezo moi, moi económico? O Xiaomi Redmi 6 é o que buscas. En primeiro lugar, ofréceche unha pantalla HD+ de 5,45″, cun deseño delgado e curvo para un mellor agarre. Queres desbloquealo coa túa pegada dactilar? Feito, desbloquea o teu móbil poñendo a túa pegada na parte traseira. Terás ademais unha cámara dual con flash de 12 MPX + 5 MPX con intelixencia artificial, para facer as mellores fotos. Engádelle outra cámara frontal de 5 MPX para os teus selfies. O procesador octa-core leva a eficiencia a outro nivel, xa que require de menos enerxía. Paréceche pouco? Pois engade a súa dobre SIM, os seus 32GB de memoria (18GB libres), as súas 3GB de RAM, a súa batería de 3.000 mAh e o seu Android 9.0 (personalizado con MIUI 9.0).
Témolo dispoñible en cor negra por 7€ durante 24 cuotas.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar María di:

    Enhorabuena por haberos animado a incorporar los Xiaomi, ¡son estupendos! Mis favoritos y los de mucha gente, y espero que los clientes que los adquieran disfruten mucho de ellos. Yo tengo un simple Xiaomi Redmi Note 5 pro y estoy enamorada de él tras haber tenido uno igual pero el 3, también genial. Una gran noticia y novedad de R.