menú

Novas tarifas se só tes móbil

15/10/2018
Blog R

Ola. En R intentamos ofrecer servizos cada vez máis personalizados. Temos combos con teléfono fixo, internet, tele e móbil, pero tamén con internet e televisión, ou con só internet, ou televisión e fixo… Así que dixemos: por que non sacar tarifas para os que só queren móbil?

Por iso vimos de sacar unhas tarifas moi interesantes, que ademais inclúen bonos ilimitados para determinados usos. Queres coñecelas?

gramola 0 2GB

A primeira tarifa pensada para os que usan só móbil é a gramola 2GB. Basicamente para os que chaman pouco e non necesitan moitos datos en móbiles. Estas son as súas características:

  • Datos: 2GB
  • Bono ilimitado: gramola, para apps de música como Spotify, Soundcloud, Apple Music, Deezer, Napster e Tidal.
  • Chamadas: a 0cent/min+establecemento
  • Prezo: 9€/mes (IVE incl.)

redes ou fin de semana plana 5GB

No caso de que necesites bastantes minutos para chamar a outros móbiles e fixos e tamén queiras máis datos, esta tarifa está pensada para ti:

  • Datos: 5GB
  • Bono ilimitado: podes escoller entre estes dous:
    • redes: para apps como Whatsapp, Facebook, Instagram, Twitter, Linkedin, Snapchat, Tinder, Flickr, Tumblr, Grindr, Badoo, Meetic, Periscope e eDarling.
    • fin de semana: para todos os datos que uses dende as 14:00 do venres ata as 23:59h do domingo.
  • Chamadas: 500 minutos ilimitadas
  • Prezo: 19€/mes (IVE incl.)

redes plana 10GB

No caso de que necesites bastantes minutos para chamar a outros móbiles e fixos e tamén queiras máis datos, esta tarifa está pensada para ti:

  • Datos: 10GB
  • Bono ilimitado para apps como Whatsapp, Facebook, Instagram, Twitter, Linkedin, Snapchat, Tinder, Flickr, Tumblr, Grindr, Badoo, Meetic, Periscope e eDarling.
  • Chamadas: 500 minutos ilimitadas
  • Prezo: 29€/mes (IVE incl.)

claqueta plana 20GB

Esta tarifa xa é a repanocha. Está pensada para os que ven vídeos a esgalla, espremen os datos a tope e non queren límites nas chamadas:

  • Datos: 20GB
  • Bono ilimitado: claqueta, para apps de vídeos como Netflix, HBO, Youtube, Vimeo, Dailymotion, Youtube Kids, Vevo, Rakuten TV, Twitch, Amazon Prime Video e Youtube Gaming.
  • Chamadas: ilimitadas
  • Prezo: 39€/mes (IVE incl.)

Desconto na segunda liña

As tarifas de 5GB e de 20GB permiten colleres segundas liñas con desconto no prezo. Na liña adicional, sobre o prezo pagarías 5€ menos. É dicir, podes coller unha segunda liña redes plana 5GB, pero pagarías só 14€/mes.

Se tes un combo e che interesan estas tarifas, podes collelas, pero ao estaren pensadas para clientes de só móbil, non terían desconto no móbil.

Con calquera dúbida, como sempre, por aquí andamos.

Un saúdo!

Imaxe de Viktor Hanacek

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

24 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Andres di:

    Creo que la tarifa chaqueta plana es cara… no la veo nada competitiva…

  2. Gero di:

    ¿Para cuando una tarifa sin datos para la gente que no tiene smartphone (por ej. personas mayores)?

    Un saludo.

  3. Laly otero di:

    Me gustaría tener internet y los móviles prescindiendo del fijo, que casi no lo uso. Esto cuando podrá ser? No me parece lógico que nos obliguen a tener un tfn fijo, para qué? No sirve tener móviles?

  4. Pit di:

    Iba a renovar el movil y veo que en el catalogo de moviles de R ha desaparecido a mediados de mes el aquaris x2, es debido a la falta de stock de la propia bq?
    Volvera este movil a R una vez que haya stock por parte de la empresa?

  5. Jose di:

    Hola .Hay alguna tarifa en que que tengamos servicio de internet por cable y no seamos obligados a pagar telefono fijo y tv?Gracias.

  6. Xabier di:

    Bo día:
    Na factura de outubro indícase, entre outros temas, que “os reseteos” pasan de 500MB a 1GB.
    Qué son os reseteos?.
    Eu posúo 3 liñas con 500MB, dependentes do combo con móbilR ilimitadas (no que dispoño de 6GB). Refírese a esas liñas de 500MB?.
    Grazas.

  7. laura di:

    si, moito inventar tarifas para facer márketing, pero eu acabo de recibir a día 13 unha sms que me di que agotei os 8 gigas que teño (cousa que xamáis me pasou con ningunha compañía) pois ando moi pouco con internet no móvil, gustaríame que me envíasen un reporte con datas e me dixeran que carallo de vídeos ou fotos puiden ver eu para que me digan que esgotei o plan de datos tan pronto. Máxime cando moitas veces se me van os datos do móvil e teño que poñer wifi (pásame en Santiago cidade, en Ourense cidade, e xa non digamos en sitios apartados) só pensades en cobrar e cobrar, o servicio ao cliente é cada vez máis miserable, pero alá vos sodes os que ides perder unha clienta.

    • blog R blog R di:

      Ola, Laura.

      Antes de emitirse a factura, na web de clientes podes levar un control dos megas consumidos dende a opción “consumo dende a última factura”. Despois, tes a información dispoñible dende o propio recibo.

      É certo que cada vez as páxinas e as aplicacións teñen máis contidos e máis actualizacións. Isto pode implicar, unha descarga de datos maior.

      Por este motivo actualizamos continuamente as nosas tarifas, porque a demanda de datos, vai en aumento.

      Pero en todo momento somos transparentes con vós, (de feito o noso sistema de facturación está auditado). O que aparece no consumo é o que efectivamente descargaches.

      Un saúdo.