menú
Dos móviles para ser el rey del Carnaval

Dous móbiles para ser o rei do Entroido

10/02/2020
Blog R

Levas un ano esperando á festa das festas. Xa estabas desexando volver poñer o disfrace, bailar ao ritmo das comparsas, achegarte a Xinzo, Verín ou Laza e dalo todo cos amigos ata o enterro da sardiña.

O teu Instagram e Facebook van botar fume con tantos plans. Necesitas un móbil que aguante o teu ritmo estes días, e en R sabémolo. Queremos que tires as mellores fotos e vídeos e as compartas connosco nas nosas redes sociais. Para iso, temos os móbiles que che farán ser o rei e a raíña do Entroido: Samsung Galaxy A30s e Xiaomi Redmi Note 8T.

O Galaxy A30s saca unhas fotos de medo grazas á súa tripla cámara traseira, incluída unha lente ultra gran angular cun campo de visión de 123 graos coa que che caberá toda a comparsa nunha soa foto. O Redmi Note 8T dáche 4 cámaras principais, entre elas un sensor macro para eses primeiros planos da túa maquillaxe de fantasía que tanto curro che deu. E o mellor é que só che van a custar 9€ ao mes.

Samsung Galaxy A30s

Xa viches que de cámara vai sobrado, pero ten máis chicha.

Móbil grande de 6,4 polgadas con pantalla Infinity-V, adáptase perfectamente á túa man grazas á súa confortable suxeición e curvas suaves. Ademais, ten o sensor de impresións dixitais na pantalla, que é moi cómodo.

Á súa tripla cámara traseira de 25 + 8 + 5 MPX, súmase a frontal de 16 MPX para selfies nítidos e con efecto bokeh (desenfoque).

E por dentro?: procesador avanzado octa-core e unha RAM de 4GB que garanten un funcionamento fluído e eficiente. Memoria de almacenamento de 64GB (32GB dispoñibles para usuario), que podes ampliar ata 512GB cunha tarxeta microSD. E batería de 4000 mAh. con carga rápida de 15W.
Samsung Galaxy A30s y Xiaomi Redmi Note 8T

Xiaomi Redmi Note 8T

Xiaomi sobe a súa aposta e pon na gama media nada menos que catro cámaras con IA: 48 + 8 + 2 + 2 MPX. A selfie de 13 MPX inclúe modo beleza e efecto bokeh.

Ten un deseño super chulo e resistente, con cristal Corning Gorilla Glass 5 por diante e por detrás. Pantalla de 6,3 polgadas FHD+ con protección ocular e sensor de impresións dixitais situado na parte traseira do teléfono.

En canto ao hardware, o Note 8T conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 665 de oito núcleos de gran rendemento ata 2.0Ghz e 4GB de RAM. Se es gamer, agradeceralo.

Dispós de 128GB (64GB dispoñibles para usuario) de almacenamento e unha potente batería de gran capacidade de 4000 mAh, que se carga ao 100% en 2 horas. O sistema operativo é o Android 9.

Seguro que con esta info vai resultar máis fácil elixir móbil que disfrace. Desfruta o Entroido e colga as túas mellores fotos nas nosas redes sociais!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.