menú
Móviles de R Novedades diciembre

Móbiles de R: novidades de decembro

10/12/2019
Blog R

Seguro que cambiar de smartphone estaba na túa lista de cousas para facer este ano. Nós axudámoste con estes novos móbiles de R que vimos de incorporar ao catálogo en decembro: Samsung Galaxy A30s e Xiaomi Redmi Note 8T. Pero ademais, podes levar a tablet Lenovo Smart Tab M10 con Alexa. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Samsung Galaxy A30s

Despois do éxito de vendas do A30, Samsung lanza o Galaxy A30s con tripla cámara traseira.

Móbil grande de 6,4 polgadas, adáptase perfectamente á túa man grazas á súa confortable suxeición e curvas suaves. A pantalla Infinity-V e a intensidade de HD+ Super AMOLED, permitirache desfrutar ao máximo dos teus vídeos, series e xogos.

Pero non é o único que ten a pantalla: Samsung incorpora aí o sensor de pegadas dixitais para que só ti poidas desbloquear o teu teléfono cun só toque.

Ademais desta novidade, con respecto ao A30, o Galaxy A30s presume de ter tres cámaras traseiras: lente principal de 25 MPX e apertura focal F1.7; ultra gran angular de 8 MPX e 123 graos de visión para sacar paisaxes impresionantes; e cámara de profundidade de 5 MPX que che permitirá desenfocar o fondo antes e despois de disparar.

Para selfies nítidos e de alta calidade contas con 16 MPX. Aquí tamén podes xogar co efecto bokeh.

E por dentro? O seu interior esconde un procesador avanzado octa-core e unha RAM de 4GB que garanten un funcionamento fluído e eficiente.

Para almacenar todas as túas fotos nunca quedarás curto de espazo, dispós de 64GB (32GB dispoñibles para usuario), que podes ampliar ata 512GB cunha tarxeta microSD.

De autonomía irás tamén bastante sobrado, grazas aos seus 4000 mAh. E se se acaba, en só uns minutos estará operativo de novo. É o que ten a carga rápida de 15W.

Dispoñible en cores negra e verde dende só 11€ ao mes.
Móviles de R Samsung Galaxy A30s

Xiaomi Redmi Note 8T

Xiaomi sobe a súa aposta e pon nada menos que catro cámaras na gama media. Pero non só iso, engade NFC multifunción para que uses o teu móbil para facer os teus pagos. Estamos a falar do novo Xiaomi Redmi Note 8T.

Móbil ultra resistente en cristal Corning Gorilla Glass 5 por diante e por detrás. As salpicaduras escorréganlle. Pantalla de 6,3 polgadas FHD+ con protección ocular e sensor de pegadas dixitais situado na parte traseira do teléfono.

Destaca pola súa cuádrupla cámara con IA: a lente principal de 48 MPX ofréceche unha gran resolución ata no detalle máis pequeno; a cámara ultra gran angular de 8 MPX e 120º é ideal para fotografar paisaxes; o sensor de profundidade de 2 MPX permíteche facer retratos con calidade de estudo e desenfoque do fondo; e o sensor macro de 2 MPX achégate aos obxectos a tan só 2 centímetros para primeiros planos espectaculares.

A cámara selfie de 13 MPX inclúe modo beleza con IA e efecto bokeh.

En canto ao hardware, o Xiaomi Redmi Note 8T conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 665 de oito núcleos de gran rendemento ata 2.0Ghz e 4GB de RAM. Se es gamer, agradeceralo.

Dispós de 128GB (64GB dispoñibles para usuario) de almacenamento e unha potente batería de gran capacidade de 4000 mAh, que se carga ao 100% en 2 horas. O sistema operativo é o Android 9.

Leva este Xiaomi Redmi Note 8T en cor negra por 11€ ao mes.

Tablet Lenovo Smart Tab M10 con Alexa

Unha tablet que tamén é unha pantalla intelixente con Alexa. É a nova Lenovo Smart Tab M10, un 2 en 1 con pantalla FHD de 10,1 polgadas, 2 altofalantes frontais con tecnoloxía Dolby Atmos e sensor de pegadas dixitais.

Tablet Android con 32GB de almacenamento e procesador Qualcomm Snapdragon 450. Mide 65,5 x 283,6 x 50 mm e pesa 520 gramos.

Colócaa na estación de axuste e fai preguntas a Alexa. Pídelle música, a túa serie favorita de Amazon Prime Vídeo e moito máis. A Lenovo Smart Tab é compatible con dispositivos domésticos intelixentes que che permitirá apagar as luces ou controlar a temperatura dende o outro lado da habitación.

E non te preocupes, porque Alexa oirache de todos os xeitos grazas aos tres micrófonos de longo alcance que captan a túa voz.

Xa podes facerte coa Lenovo Smart Tab M10 en cor negra por 6€ ao mes.
Móviles de R Tablet Lenovo Smart Tab M10 con Alexa

E ti con cal quedas? Lévaos xa na nosa tenda móbilR.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Ana Belén Gordaliza Vázquez di:

    Tablet Lenovo Smart tab M10 con Alexa