menú
Móviles de R LG Q6

Móbiles de R: LG Q6

16/10/2017
Blog R

En outubro recibimos no catálogo de móbiles de R o novo LG Q6. Destaca pola súa gran pantalla e un deseño con liñas curvas que o fan moi pero que moi atractivo. A súa cámara, co modo cadrado exclusivo de LG, permitirache facer composicións e combinacións moi creativas. A cámara selfie conta cun gran angular de 100º para capturar toda a escena. Como ves, moi completo. Lévao en cor platino por 11€ al mes 10€ ao mes durante Venres Neghro en 24 cotas.

Deseño

O LG Q6 entrarache polos ollos grazas ao seu elegante deseño. A súa pantalla sen límites FullVision de 5,5 polgadas permíteche ver máis. O formato 18:9 levarache a outro nivel á hora de ver vídeos ou xogar. Ademais de presumir de pantallaca, destaca pola resistencia do seu corpo metálico fabricado en materiais de aluminio. Se a isto unimos uns bordos redondeados, temos un deseño propio de gama alta.

Poderás usar o teu LG Q6 cunha soa man. O seu grosor de 69,3 milímetros faino máis fácil de usar e soster. As súas medidas completas son: 143 x 69 x 8 mm e 149 gramos de peso.

E outra nota de confort, o desbloqueo faise directamente co teu sorriso . Só tes que colocar o teu LG Q6 fronte á cara e desbloquéase automaticamente.

Bótalle unha ollada:

Cámaras

Cámara traseira de 13 MPX e frontal de 5MPX con grande angular de 100º, para que nos teus selfies non quede ninguén fora aínda en distancia curta. O que máis che vai a gustar é o modo cadrado exclusivo de LG. E que é isto? Son catro modos de disparo diferentes que che permiten facer fotos divertidas e combinar varias imaxes para que deas renda solta á túa creatividade.

  • Instantánea: dispara e ve o resultado na mesma pantalla cunha relación 1:1.
  • Rede de disparo: captura varias imaxes e combínaas nunha soa nunha cuadrícula de 2×2.
  • Guía de disparo: superpón unha imaxe con outra e previsualízala.
  • Encadre: ofrece 2 vistas previas para capturalas e combinalas como unha soa imaxe.

Móviles de R LG Q6 modo cuadrado

Hardware

Para gardar as túas imaxes, música e apps tes 32GB de memoria interna (16GB dispoñibles para o usuario). Se non son suficientes, podes ampliala ata 2TB cunha tarxeta microSD. O LG Q6 ofrece un bo rendemento grazas ao seu procesador octa core 1,4 Ghz e memoria RAM de 3GB. O sistema operativo instalado é o android 7.1.1.

Respecto da autonomía, non terás problema de quedar sen batería porque os seus 3.000 mAh duraranche bastante.

Entra na nosa tenda móbilR e leva o teu:

> contrata aquí

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios