menú
Móviles de R Xiaomi Redmi 6

Móbiles de R: Xiaomi Redmi 6

07/05/2019
Blog R

Queres ter as mellores prestacións a un prezo moi, moi económico? O Xiaomi Redmi 6 é o que buscas. Atópao no catálogo de móbiles de R en cor negra por 7€ durante 24 meses. E ollo, porque agora o rei da gama baixa vén con cámara dual.

Deseño

Pantalla de 5,45″ HD+ con resolución 1440×720, full-screen de 18:9 cun deseño delgado e curvo para un mellor agarre. Mide 147 x 71 x 8 mm e pesa 146 g.

Queres desbloquealo coa túa pegada dactilar? Feito, desbloquea o teu móbil poñendo a túa pegada na parte traseira.

Cámara

Un móbil de gama de entrada con cámara dual? O Redmi 6 ten iso e máis. Na traseira a marca chinesa sitúa unha cámara con flash de 12 MPX e outra de 5 MPX con intelixencia artificial. Engádelle outra cámara frontal de 5 MPX para os teus selfies.

Os grandes píxeles de 1,25 micras da lente principal permitiranche capturar a beleza de calquera escena. E a intelixencia artificial aplicada aos modos retrato e beleza desenfocarán o fondo para fotos incribles e resultado profesional.

Hardware

O procesador octa-core leva a eficiencia a outro nivel, xa que require de menos enerxía. Paréceche pouco? Pois engade a súa dobre nanoSIM; unha memoria de almacenamento de 32GB de memoria (18GB libres), que podes ampliar ata 256GB cunha tarxeta microSD; 3GB de RAM; batería de 3000 mAh; e Android 9.0 (personalizado con MIUI 9.0).

Xiaomi será a túa nova marca de referencia no móbil. Apunta o Xiaomi Redmi 6, porque che ofrece moi boas prestacións a un prezo moi económico. Lévao na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar monica di:

    Por fin móviles Xiaomi. En cuanto lo tenga que cambiar voy a por uno!!