menú
Móviles de R Xiaomi Mi 9

Móbiles de R: Xiaomi Mi 9

15/07/2019
Blog R

A última aposta de Xiaomi para a gama alta xa está no catálogo de móbiles de R. O Xiaomi Mi 9 compite nese nicho cun móbil grande de 6,40″, parte traseira en cristal, lector de pegadas integrado na pantalla, tripla cámara con ultra grande angular e Intelixencia Artificial e o último en procesadores. Comproba o resultado ti mesmo por 21€ durante 24 meses. Lévao en cor azul na nosa tenda móbilR.

Deseño

En tamaño non escatima e vaise ás 6,40 polgadas con pantalla AMOLED full-screen con resolución FHD+ (1080 x 2340) e un cociente pantalla-corpo do 90,7%. Experiencia inmersiva garantida.

Xiaomi presume de presentar o primeiro smartphone cun corpo de cristal curvo. O Corning Gorilla Glass 6 darache a maior protección e durabilidade, mentres que a súa traseira curvada permíteche un agarre cómodo.

Como che diciamos, o sensor de pegada dactilar atópase integrado na pantalla e o seu recoñecemento é un 25% máis rápido.

E para facilitarche a vida, Xiaomi dedica un botón independente á Intelixencia Artificial. Só tes que pulsar para activar o Asistente de Google.

Cámara

Tripla cámara cun sensor Sony de 48 MPX, ultra grande angular e Intelixencia Artificial. Para a cámara selfie, nada menos que 20 MPX.

  • cámara principal de 48 MPX con sensor de Sony IMX586 e apertura de f/1.75
  • cámara teleobxectivo de 12 MPX con apertura de f/2.2
  • cámara ultra grande angular de 16 MPX con apertura de f/2.2 e campo de visión de 117º
  • cámara selfie de 20 MPX cunha apertura de f/2.0

O resultado desta combinación, fotos cun detalle incrible. Engádelle zoom óptico de 2x e zoom dixital de 10x, enfoque láser, enfoque de detección de fase e de contraste. Cos modos noite e lúa poderás facer fotos nítidas nas túas noites de verán. Pero ademais, conta con modo beleza con IA, axuste do desenfoque de fondo ou efecto destello e iluminación de estudo con IA.

Aquí podes ver que fotazas fai e un resumo do máis destacado do Mi 9:

Hardware

Móbil dual nanoSIM cunha capacidade de almacenamento de 128GB (64GB dispoñibles para usuario).

O Xiaomi Mi 9 leva integrado o último en procesadores, o potente Qualcomm Snapdragon 855. Consegue xogos un 20% máis rápidos, rendemento da CPU un 45% mellorado e IA un 300% tamén máis rápida.

Conta co sistema de aceleración Mi Turbo para que o teléfono non quede colgado nin perda velocidade cos anos e a aceleración Game Turbo para darche unha experiencia de xogo optimizada e máis rápida.

O Mi 9 leva sistema operativo Android 9 con capa de personalización MIUI 10 e memoria RAM de 6GB.

De batería non anda nada mal, 3.300 mAh que che darán bastante autonomía. E se lle dás moita caña podes cargalo aínda máis rápido co primeiro cargador inalámbrico de 20 W.

O Xiaomi Mi 9 está chamado a ser un super vendas. Faite co teu na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.