menú
Móviles de R Xiaomi Mi 8 Lite

Móbiles de R: Xiaomi Mi 8 Lite

16/04/2019
Blog R

Moitos estaban a pedirnos que Xiaomi se incorporase ao catálogo de móbiles de R e xa está aquí. Presentámosche o Xiaomi Mi 8 Lite.

Pantalla de 6,26 polgadas con notch, deseño con acabado en degradado e efecto espello, cámara frontal de 24 MPX e cámara dual traseira de 12+5 MPX, óptimo rendemento, motor de intelixencia artificial, batería de 3.350 mAh, 64GB de memoria interna (32GB dispoñibles para usuario), 4GB RAM e android 8.1. Se buscas un móbil de gama media, moi completo e a bo prezo, o Mi 8 Lite é para ti. Lévao na nosa tenda móbilR en cor azul aurora por 11€ durante 24 cotas.

Deseño

Gustarache o Xiaomi Mi 8 Lite en canto o vexas. A súa cor azul aurora loce incrible no acabado degradado con efecto espello. Cristal 2.5D con marco metálico, traseira de cristal con sensor de pegadas dactilar e notch un 45% máis pequeno para unha visión máis grande e mellor.

Pantalla de 6,26 polgadas FHD+ de 2280×1080 e relación de aspecto 19:9. Mide 156 x 76 x 7,5 mm e pesa 169 gramos.

Cámara

Fai fotos con personalidade co teu Mi 8 Lite. Ten unha cámara traseira dual de 12+5 MPX con Intelixencia Artificial e unha cámara selfie de Sony de 24 MPX coa que farás fotos cegadoras.

  • Cámara traseira de 12 MPX, grandes píxeles de 1,4 micras, gran apertura ƒ/1.9 e autoenfoque dual píxel.
  • Cámara traseira de 5 MPX, Samsung S5 K5E8 e grandes píxeles de 1,12 micras.
  • Cámara frontal de 24 MPX, co sensor de luz IMX 576 flagship de Sony, tecnoloxía superpíxel 4 en 1 e grandes píxeles de 1,8 micras.

A súa cámara dual con Intelixencia Artificial permite iluminación de estudo, detección de escena, bokeh dinámico con fondos vivos e desenfocados, e efectos de maquillaxe que realzan a beleza natural.

Bótalle un ollo antes de analizar o seu interior:

Hardware

O seu procesador octa-core Qualcomm SDM660 Snapdragon 660 permíteche unha experiencia de xogo optimizada, cun gran rendemento e un baixo consumo. Pero non te preocupes, que a súa batería de 3.350 mAh durarache todo o día.

Aquí che deixamos un truco para que optimices a batería:


Dispós dunha memoria de 64GB (32GB libres), 4GB de RAM e Android 8.1 (actualizable a 9.0).

Encántanos Xiaomi. E encántanos o Xiaomi Mi 8 Lite. Prezo e calidade nunca foron tan da man, por algo é un dos fabricantes dos que todo o mundo fala. Entra na nosa tenda móbilR e lévao.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.