menú
Móviles de R Wico View

Móbiles de R: Wiko VIEW

25/01/2018
Blog R

O fabricante francés Wiko volve ao catálogo de móbiles de R con el nuevo Wiko VIEW. Phablet de 5,7 polgadas HD+ con pantalla panorámica 18:9 sen bordos e cunha cámara selfie súper potente de 16MPX. Sorprende polo seu acabado metalizado en cores premium. Lévao en cor azul.

Deseño

O seu metal en cores sorprendentes, convérteno nun móbil que entra polos ollos. A pesar das súas 5,7 polgadas ten un agarre cómodo. As súas medidas son 151,5 x 73,1 x 8,7 mm e un peso de 160 g. Ademais, podes desbloquealo co sensor de pegada dactilar.

O principal atractivo do Wiko VIEW, e que lle dá o seu nome, atópase no formato panorámico 18:9. Dispós de máis pantalla e menos bordos para que goces dunha experiencia visual inmersiva.

Cámaras

Empezamos analizando a cámara frontal para facer selfies súper potentes con 16MPX. As túas fotos terán gran calidade grazas á función Auto-HDR, que se adapta automaticamente ás condicións cambiantes de luz. Se vas facer selfies de noite, non perdas detalle a estas funcións: optimizador de luz, lente de apertura f/2.0, lentes 5P e flash de luz tenue, que evita que parezas unha pantasma iluminada .

Gustaranche moito as opcións Live portrait blur, que desenfoca o fondo e enfoca o teu rostro; Live Filters, para cambiar a cara ás cores; e Face Beauty, para saír sen imperfeccións.

En canto á cámara trasera: 13MPX, detector de Auto Escena para paisaxes nocturnas e retratos, e modo Super Pixel para conseguir detalles e texturas definidas.

Aquí podes ver algunhas destas características en directo:

Hardware

A memoria de almacenamento para gardar as túas apps ou fotos é de 16GB (8GB dispoñibles para o usuario), pero podes ampliala ata 128GB cunha tarxeta microSD.

O seu procesador quad core 1.4 Ghz e os seus 3GB de RAM daranche un bo rendemento. Leva instalado o sistema operativo android 7.1 (Nougat).

En canto autonomía, ofrece unha batería de 2900mAh, que che dará para chegar a final do día.

Se buscas un móbil grande e cunha potente cámara, este é o teu terminal. Entra na nosa tenda móbilR e consígueo:

> contrata aquí.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Jose Manuel di:

    Na paxina decides que e de 32gb/16 gb algo non esta ben, cambiadeo ou non, jaja

  2. Manuel di:

    Onde se poden consultar as bases?
    Data de sorteo? Ata cando se pode participar.

    A información é bastarte escueta.

    Grazas