menú
Móviles de R Sony Xperia 10 Plus

Móbiles de R: Sony Xperia 10 Plus

17/06/2019
Blog R

Incorporamos ao catálogo de móbiles de R el Sony Xperia 10 Plus. Sony ofréceche máis: máis pantalla, máis son, máis capacidade, máis vídeo, máis rapidez e máis fiabilidade. Lévao na nosa tenda móbilR en cor navy.

Deseño

Pantalla grande de 6,5″, HD completo+ (1080 x 2520) e formato 21:9. Queda con esta combinación porque che vai a dar moitas posibilidades: gravar e ver películas tal e como se filmaron no cinema ou utilizar dúas aplicacións ao mesmo tempo. O seu sensor lateral e o selector de aplicacións permíteche dividir a pantalla con rapidez e facilidade para que poidas responder a un correo mentres te pos ao día coas noticias do blog de R .

O seu tamaño non impide que poidas manexalo cunha soa man grazas ao seu deseño ergonómico sen bordos, a súa fina pantalla, as súas dimensións de 167 x 73 x 8 mm e a interesante opción de reducir o tamaño da pantalla. Ademais, o sensor de pegadas dixitais atópase nun lateral para que poidas utilizalo coa mesma man que o suxeitas.

Dureza

Todo cun deseño con acabado metálico e vidro Corning Gorilla Glass 5 para conseguir dureza e durabilidade.

Como che diciamos podes ver e gravar en vídeo en formato 21:9, facelo en resolución 4K e con estabilizador de imaxe. E para escoitar cada matiz, o Xperia 10 Plus conta con tecnoloxía de amplificador intelixente.

A que o 21:9 che gusta? Mira todo o que permite facer:

Cámara

O Xperia 10 Plus conta son un sistema de cámara dual de 12+8 MPX con zoom óptico de 2 aumentos e unha cámara selfie de 8 MPX e flash da pantalla.

Ademais de poder facer fotos en formato 21:9, o efecto bokeh (co fondo desenfocado) non se che resistirá. A lente de 12 MPX saca todos os detalles do obxecto e captura a cor e o contraste de forma natural, mentres que a de 8 MPX crea un mapa de profundidade para desenfocar o fondo.

Para sacar primeiros planos, o Xperia 10 Plus poncho fácil. O seu zoom óptico de 2 aumentos achégate o suficiente para captar todos os detalles.

Hardware

Navega, xoga, xestiona as túas aplicacións e moito máis con fluidez grazas ao potente procesador Qualcomm Snapdragon 636.

Móbil dual nanoSIM que che permite ter no mesmo dispositivo a tarxeta persoal e a do traballo. Ten unha memoria de almacenamento de 64GB (32GB dispoñibles para usuario), ampliables ata 512GB cunha tarxeta microSD.

Batería intelixente

En canto á batería, Sony ofréceche varias posibilidades para que teñas autonomía durante máis tempo. Á elevada capacidade de carga de 3.000 mAh, únese o modo STAMINA intelixente que predí canta batería te queda e adapta o seu uso para espremela ao máximo. Ademais, a carga intelixente evita un sobreconsumo.

Para completar as características, debemos mencionar os seus 4GB de RAM e o seu sistema operativo Android 9.0.

Como ves o Sony Xperia 10 Plus é un 10 en todos os sentidos. Faite con el na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar victor di:

    ya tengo el móvil,ahora ¿Dónde esta la suscripción a playstation plus?