menú
Móviles de R Samsung Galaxy S9

Móbiles de R: Samsung Galaxy S9

07/06/2018
Blog R

Incorporamos ao catálogo de móbiles de R o novo Samsung Galaxy S9, un móbil de gama alta que namorou a máis de 8 millóns de usuarios. A cámara de fotos adáptase como o ollo humano a distintas situacións. Ademais, grazas á realidade aumentada, convertes unha foto túa en emoji animado. E grazas ao seu recoñecemento facial desbloqueas o terminal facilmente. Contas ademais con pantalla infinita de 5,8″, un procesador 1.7Ghz octa-core, 4GB de RAM e 64GB de memoria interna (32GB libres). Polo demais terás un Android 8.0 con dual-SIM e batería de 3.000 mAh. Lévao en cor negra por 26€ durante 24 meses e un pago inicial de 199€.

Deseño

Perderaste na pantalla infinita do S9, ten menor marco, un frontal completo de cristal, pantalla de extremo a extremo e curva nos bordos para que todo sexa imaxe. Pantalla de 5,8 polgadas con 2960×1440 de resolución e 16 millóns de cores. Ademais, a pantalla aumenta o seu contraste cando estás no exterior, polo que o sol non che impedirá ver a imaxe que te acaban de enviar . As súas medidas son 147,7 x 68,7 x 8,5 mm e un peso de 163 gramos.

Non só a pantalla infinita ofréceche unha experiencia inmersiva, os seus altofalantes AKG con Dolby Atmos fan que o son te envolva.

Seguro é un cacho, porque podes desbloquealo con escáner de iris, recoñecemento facial, sensor de pegada dactilar, patrón, contrasinal e PIN.

O escáner de pegada dactilar atópase na parte traseira para que o desbloquees facilmente. Pero tes máis opcións para entrar, o escáner de iris escondido tras o marco superior. E é que o S9 inclúe un escáner intelixente que combina recoñecemento facial e escáner de iris, para que aínda con pouca luz desbloquees o teu móbil ao instante.

E un detalle importante na nosa terriña, o Samsung Galaxy S9 resiste á auga e ao po. Outra cousa é que vexas coas pingas na pantalla mentres escribes baixo a choiva .

Cámaras

As cámaras do S9 fan auténticas marabillas, adáptanse como o ollo humano a distintas situacións. A traseira de 12MPX ten instalado un obxectivo Apertura Dual para que con moita ou pouca luz saques fotos perfectas. O modo de apertura F2.4 ofréceche as imaxes máis nítidas a plena luz do día. E o modo F1.5, faino se está escuro.

Ademais, conta con estabilizador óptico de imaxe (OIS) para que as fotos saian nítidas aínda que o teu pulso non sexa o dun cirurxián .

E ollo con esta funcionalidade, que é unha pasada, o Live Translation. A cámara do S9 traduce en tempo real un cartel ou texto noutro idioma, galego incluído. Xa non che darán gato por lebre no estranxeiro.

Descobre aquí como funciona o Live Translation:

A cámara frontal de 8 MPX darache moito xogo e é que cun simple selfie podes crear un emoji de ti mesmo en realidade aumentada. Pódelo crear á túa imaxe e semellanza ou un pouco máis guapo , e reproducirá os teus movementos e expresións. Grava vídeos co teu mini eu e compárteo cos teus amigos, asegurámosche que vos ides a rir un bo intre.

Pechamos a análise de cámaras co modo Super Slow-mo, que ten moito flow. O S9 fotografía realmente rápido, a 960 fotogramas por segundo, grazas ao sensor super speed. Crea vídeos impresionantes, ponlles música e comparte cos teus amigos. Ademais, podes crear un GIF do vídeo en Slow- mo con tres tipos de bucles: marcha atrás, cara adiante ou movemento.

Aquí explícanche como gravar os teus vídeos en Super Slow-mo:

 

Rendemento

Como adoitas facer varias cousas á vez co teu móbil, o S9 combina un potente procesador octa core 1,7 Ghz e unha memoria RAM de 4GB para que teñas a máxima fluidez e velocidade. Incorpora o sistema operativo Android 8.0.

E para que almacenes as túas fotos, vídeos, música, etc. ofréceche unha memoria interna de 64GB (32GB libres para o usuario), que podes ampliar ata 400GB cunha tarxeta microSD. Así que de almacenamento irás máis que sobrado ;). Ademais, ten dúas rañuras SIM (dual nanoSIM) para que poidas ter no mesmo móbil o teu número persoal e o do traballo.

En canto a autonomía, os 3000 mAh. da súa batería daranche para falar e falar sen ter cargar. E cando o fagas, levarache un momento coa opción de carga inalámbrica (de venda por separado).

Quedaches coa boca aberta? Pois mira todas estas funcións en acción:

 

Faite xa co novo de Samsung e farda de móbil, porque xa é primavera en R . Entra na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. NFG di:

    Quisiera saber si hay posibilidad de un S8 ahora que ya existe el S9 pero lógicamente a un precio asequible contando que ha tiene mas de un año. No entiendo lo de los 200 € de entrega directa aparte de la cuota mensual. Que problema supone poner la cuota adecuada a pagar sin esa entrada.

    • Hola, NFG.

      De momento no hemos tenido la posibilidad de conseguirlo. Pero si lo hiciéramos, está claro que es una muy buena opción.

      Por otro lado, en algunos terminales tenemos una cuota inicial y después ya cobramos la cuota normal. Piensa que son terminales muy caros, donde nosotros adelantamos todo el coste al fabricante. Con lo que así se paga una parte.

      Un saludo.

      • Carmelo di:

        Sin embargo la garantía que ofrecen no funciona, el móvil dejo de funcionar, y el reporte técnico dice que se mojó, siendo que nunca ha ocurrido aquello, compré dos móviles iguales y uno dejo de funcionar de un día a otro, llevamos sus oficinas y el informe dice se mojó y listo, no consideran que pudo venir con falla de fábrica?, y ahora sigo pagando por un movil caro, que no uso y no quieren cubrir con la supuesta garantia que ofrecen, es una pena…

  2. Esperanza di:

    Es una buena oferta, pero si no tuviera los 200€ iniciales.
    Si en verdad ustedes adelantan el
    dinero, pero también aseguran nuestra permanencia.
    Creo qué sería mimar al cliente y este sería muy agradecid@.

  3. Eugenio Montes Carreira di:

    con respecto a la respuesta que das a Carmelo, por lo del movil mojado, me parece que es hechar balones fuera, aunque la garantia sea la de samsung, vosotros sois la tiemda que los vende, y ese telefono tiene una proteccion IP 68, lo cual quiere decir que se puede sumergir, por lo tanto, si el motivo del fallo, es la humedad, es que no esta bien sellado, debeis actuar como seguro frente a los fabricantes….en casos que asi lo requieren, o asumirlo vosotros

    • Hola, Eugenio.

      No se trata de echar balones fuera. Se trata de explicar que es el fabricante el que aplica directamente la garantía. R no fabrica el terminal ni tiene conocimientos técnicos sobre el mismo. Por eso lo revisa directamente el servicio técnico oficial de la marca, porque es quien conoce el producto. De hecho, si lo revisáramos nosotros, se podría decir precisamente que quién es R para mirar un terminal que no ha hecho y establecer ese informe. Por eso, para ofrecer un buen servicio postventa, va al servicio oficial de la marca.

      En cuanto a la humedad, entiendo que el comentario se refiere a otro modelo diferente el Galaxy S9. El terminal lo acabamos de incorporar a nuestro catálogo este mes, con lo que entiendo que se trata de otro modelo el que ha ido al servicio técnico.

      Un saludo.